En teletaquilla Caixa Galicia: 902 434 443 e Kiosko Praza Ourense. As entradas para os demais espectáculos tamén están á venda polo mesmo método.
Xa están á venda as entradas para a actuación de Leo Bassi do 13 de xullo no Palacio da Ópera da Coruña. Será a primeira vez que actúa na cidade, e farao dentro do cartel do 3º Festival de Teatro Cómico Manicómicos, que volve inundar a cidade con actuacións de artistas de talla internacional por terceiro ano consecutivo, converténdose nun referente do mundo do espectáculo.
Recoñecido mundialmente polas súas actuacións en solitario e polos seus extravagantes shows teatrais, Leo Bassi descende dun antigo liñaxe de comediantes excéntricos vidos de Italia, Francia e Inglaterra. Durante 130 anos. O seu pai, Leo Bassi senior , renombrado malabarista, traballou nos Estados Unidos (onde naceu Leo en 1952) con artistas tan notables como Groucho Marx, Louis Armstrong e Ed Sullivan. Leo Bassi herdou todos os trucos da profesión (foi citado na Enciclopedia Oxford das Artes Escénicas). Con todo máis que continuar unha tradición teatral, o seu propósito é manter vivo, na realidade de hoxe, o espírito tarambana e provocador. Para Leo, o entretemento non só é pracer e diversión, ¡é unha escusa!. O significado real de calquera espectáculo debería ser máis que nada, dar á xente unha experiencia apaixonante, sensacional, estremecedora, ...
Este ano saltou aos medios de comunicación internacionais pola polémica creada a raíz da súa última obra “La Revelación”, que provocou airadas protestas de grupos ultracatólicos e ata foi obxecto dun atentado coa colocación dunha bomba no Teatro Alfil pouco antes do estreo da obra que puido ser desactivada a tempo.
La Revelación
Vivimos unha enorme paradoxa. Nunca tiveramos tanta tecnoloxía, nunca a ciencia chegara tan lonxe pero tampouco nunca en moito tempo volvera o pensamento oscurantista das sectas (ciencioloxía, ...), fundamentalismos, e esoterismos varios con tanta forza.
Os Bufóns, antiga institución e parte tamén esencial da tradición europea -magníficos transmisores do importante dereito de poder burlarse de todo-, sempre loitaron contra o escurantismo xunto aos intelectuais, os creadores e todos os homes libres en defensa da razón.
Eu, Leo Bassi, como bufón que son, sento que chegou de novo o momento de comezar a loita por salvar a intelixencia. En nome dos filósofos e científicos de todos os tempos, eu digo "!Ata os collóns!'' de tanta superstición, dos mercadores do escurantismo e do medo. Que se preparen: chegou a hora da nova ''Revelación''.
O 3º Festival de Teatro Cómico Manicómicos (do 1 ao 16 de xullo de 2006) contará ademais de con Leo Bassi de artistas de talla internacional como Pierre Byland (Suíza), Familie Flöz (Alemania), Mofa e Befa, Berrobamban, San&San e o Cabaret Manicómicos (Galicia). Tamén haberá actuacións na rúa e en bares, así como cursos de formación (Leo Bassi, Pierre Byland e curso maquillaxe escénica e caracterización).
Máis información pronto dispoñible na páxina wwww.manicomicos.org