Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Cursos Educaactiva na Cultura Circula en Culleredo

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 02-06-2006 12:32

A Cultura Circula xa está en Culleredo. Todo está a punto para os concertos, para o teatro, para o software libre e internet, ...

Pero tamén para as actividades de Educaacción, unha parte menos coñecida e demandada das actividades na carpa, pero que é sumamente interesante e abre novos mundos de relacións, cultura, coñecemento, sensacións, divertimento, ...

Os obradoiros para adultos serán o sábado día 3 pola mañá, e serán os seguintes:

- Terapia Morfoanalítica (11:00 a 14:00) A separación tradicional corpo/psique, enfermidades psicosomáticas, etc. Impartido polas terapeutas Otilia Carballa e Mirta Díaz.
- Os Pés: Cómo escoitar o que dín os nosos pés. Mixto. Impartido por Lola Puertas.
- Confusións Eróticas: Obradoiro mixto orientado a desvelar a lenta, profunda e inconsciente construción social do xénero. Imparte o Colectivo Viscoelástica.
- O Mundo relacional das mulleres: Construcción de relacións positivas. Imparte Enma Teixeira.
- Risoterapia: Obradoiro mixto. Impartido por Pablo Blanco.

Todas as actividades son gratuitas e de libre acceso, mais, como as prazas son limitadas, podedes asegurar o voso lugar nos obradoiros inscribíndovos aquí , ou chamando ao 981 571469.

Máis información en A Cultura Circula

Publicado por Birnarem
447 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos