Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Amarante presenta a Campaña Roupa Limpa na Galiza 2006

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 25-05-2006 11:35

Cada vez que compramos un producto estamos establecendo relacións comerciais co resto do mundo. Esto, que pode parecer esaxerado, é unha realidade cada vez máis evidente nas nosas sociedades, e pon ós consumidores e consumidoras en situación de incidir sobre as condicións en que se producen os artigos que consumimos . O poder dos consumidores e consumidoras radica na súa capacidade de optar por productos elaborados e comercializados con métodos que aproban e rexeita-los que non cumpren esas condicións.

A Campaña Ropa Limpia, é unha campaña de carácter internacional enmarcada dentro da Clean Clothes Campaign que opera en 9 países de Europa. No Estado Español está coordinada por Setem e apoiada por máis de 70 organizacións de desenvolvemento, sociais, sindicais e de consumidores.

A Campaña que coordina Amarante (Organización Galega de Cooperación para o Ecodesenvolvemento) na Galiza ten como obxectivo principal, promover o comercio baseado no respecto á persoa e oponse a aquel que explota a millóns de traballadores/as especialmente a miles de mulleres as máis marxinadas do sector téxtil. É polo tanto o altofalante das reivindicacións das persoas que confeccionan a nosa roupa. En resume, quérese sensibilizar a consumidores e empresarios sobre a responsabilidade social que temos todos na compra ou producción de prendas de roupa e animar aos consumidores a esixir ás empresas transparencia e responsabilidade social.

Amarante vén de presentar na Galiza a Campaña internacional Roupa Limpa. Nela, pídenlle a Induyco, o principal provedor de El Corte Inglés, unha maior transparencia sobre a produción da súa roupa e as condicións laborais do seu cadro de persoal no estranxeiro. A campaña tentará mobilizar aos clientes das marcas de Induyco recollendo sinaturas, enviando postais á empresa e por medio de numerosas accións de rúa e a través de internet.

¿Qué se agocha tras a roupa de Induyco?

Os responsábeis da campaña Roupa Limpa recoñecen que aínda que El Corte Inglés tomou varias iniciativas de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), Induyco non se adheriu a ningunha, desenvolvendo o seu propio código de conduta con liñas moi xerais e ambiguas. Deste xeito, Roupa Limpa asume o reto de convidar os consumidores a mirar máis aló das marcas e coñecer que é o que non din as etiquetas de Induyco.

Amarante iniciará en Galicia a campaña con mesas informativas e recollida de sinaturas nas principais cidades galegas que irán acompañadas de accións de rúa e representacións diante dun dos Corte Inglés galegos. Amarante espera o apoio doutras organizacións que xa mostraron a súa intención de colaborar en enviar nos próximos meses 1.000 postais en recoller un mínimo de 2.000 mil sinaturas ademais dos apoios por Internet.

Induyco, constituída en 1955, é unha das maiores empresas do téxtil do Estado e pertence ao entramado empresarial de El Corte Inglés. De todas as produtoras de confección quizais sexa a menos transparente, xa que nas prendas que comercializa non consta información algunha respecto á súa orixe ou ao proceso de fabricación. Induyco, traballa, ademais de España, en Europa do Este, en China, India e Marrocos.


Amarante esixe máis transparencia sobre a orixe da roupa de "El Corte Inglés" en Vieiros
Amarante (Organización Galega de Cooperación para o Ecodesenvolvemento)
Ropa Limpia
Clean Clothes Campaign

Publicado por Birnarem
190 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos