Unha nova marea reivindicativa xorde de Arredemo. O éxito acadado de “Hai que Botalos” parece que podería ter a súa continuación.
O caso é que xa vai tempo que está en boca de todos o problema urbanístico que existe nas nosas costas, con grandes constructoras (de dentro e de fora), comisións, ocupación de espazos protexidos ou non urbanizables, ... Parece que tod@s estamos de acordo que esto hai que paralo, pero o caso é que o problema segue ahí, en cada municipio, en cada pobo, en cada metro de costa.
Nas eleccións municipais que virán proximamente este asunto debería acadar un gran protagonismo, xa que tanto gobernos de un ou outro bando parece que ceden fácilmente ante as presións urbanísticas das
constructoras e poderes económicos. Deberían os partidos adoptar compromisos pre-electorales concretos en cada municipio en este senso, e para que o fagan a presión do tod@s nós debe ser todavía moito maior.
Sumádevos ao debate en Arredemo, opinade, participade do proxecto, expandide a información, ... O debate está comezando e coa colaboración de tod@s cristalizará en breve.
Debate "hai que evitalos-a toda costa"
Grupo de Flickr para subir fotos e comentarios
Arredemo
andrés — 31-05-2006 23:36:14