Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

IV Edición da Resaca das Letras (RdL06)

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 20-05-2006 19:31

O martes 23 de maio ás 16.15h terá lugar a IV Edición da Resaca das Letras [RdL06], unha xornada de reivindicación da Internet en galego na que terá lugar unha mesa redonda onde intervirán persoeiros do mundo da web e da comunicación de Galicia. A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acollerá este acto na aula 7, e terá como convidados a Luis Álvarez Pousa (director de Tempos Novos e profesor de xornalismo especializado na Universidade de Santiago), Marcus Fernández (xestor web do diario tecnolóxico Codigocero.com), Carlos Santiago (escritor e membro de Arredemo e Burla Negra), Berto Yañez (fundador das plataformas de interacción social en Internet, Aduaneiros sem fronteiras e Chuza!) , María Yáñez (directora de Vieiros e Amador Loureiro (Dorfun).

A Resaca das Letras nace en 2002 no abeiro da Facultade de CCSS e da Comunicación. No ano 2004, outorgáronse premios ós millores sites en galego e resultaron gañadoras as páxinas de Vieiros e Reizentolo entre outras. Este ano, o acto centrarase na mesa redonda coa aportación dos convidados que abordarán diversas liñas temáticas no mapa web galego actual, desde o contexto comunicacional da rede até o boom dos blogs, pasando pola crecente importancia da interacción social na Internet. Asemade, avaliaráse o estado actual da rede galega e as perspectivas de futuro, así como a importancia de que a nosa cultura e língua conformen un espazo propio neste ámbito.

Pero aínda hai máis. Na propia facultade de CCSS e da Comunicación terá lugar un maratón de lectura de grandes obras en galego en formato de mini-libros. Esta iniciativa promovida polo docente Benigno Fernández Salgado, pretende, ó igual que a Resaca das Letras, a difusión e promoción do idioma galego. A maratón comezará as nove da mañá no salón de graos e durará aproximadamente entre oito e nove horas nas que os estudantes lerán para deleitar e potenciar o galego.

Para mais info:

Bernal Rúa Fernández Tlf. 647 573 579
Andrés Rozados Lorenzo Tlf. 605 076 908

Publicado por Birnarem
182 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos