Quérote, o Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual, ten por misión promover a saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais.
No Centro infórmase, asesórase e aténdese a mozos e mozas en temas de anticoncepción ou sobre as Enfermidades de Transmisión Sexual e intérvense para lograr un aumento da autoestima e dos niveis de satisfacción afectivo-emocionais e sexuais, centrándose no desenvolvemento sexual saudábel e de relación ingualitarias e para iso achégase información para posibilitar un maior autocoñecemento corporal, afectivo e sexual.
Con todo, o Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual non só atende as necesidades informativas e de asesoramento dos e das máis novas –tanto no propio centro como por vía telefónica ou on-line–, xa que os seus labores de orientación e información tamén se achegarán até os centros de ensino con actividades para o alumnado, para as nais e os pais e para os educadores.
Os Centros de Asesoramento Afectivo-sexual son unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade que se inicia coa creación do primeiro Centro en Santiago de Compostela. A rede de centros estenderase proximamente ás principais cidades galegas e os seus servizos vanse canalizar non só a través da rede, senón tamén a través dos Puntos de Información Xuvenil e e dos colexios e institutos.
As dúbidas sobre sexualidade, conducta sexual, Enfermidades de Transmisión Sexual ou anticoncepción pode resolvelas a mocidade asistindo a un deste puntos de asesoramento, por vía telefónica ou tamén vía internet.
O Centro está localizado na Praza do Matadoiro s/n, 15703 Santiago de Compostela.
As túas consultas teléfonicas podes realizalas no teléfono 902 14 16 17.
O correo de contacto é info@querote.org e desde aquí podes enviarnos a túas dúbidas.
Quérote