Cangas do Morrazo, Ourense, A Coruña e Santiago de Compostela acollerán os días 28 de abril, 12, 19 e 26 de maio respectivamente un ciclo de Xornadas de Promoción do Cooperativismo de Consumo de Galiza. Organizado pola Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia, en colaboración coas cooperativas de consumo consciente Árbore e A Xoaniña, e a Asociación de Fomento da Economía Social Briante, as xornadas nacen co obxectivo de difundir a cultura deste tipo de cooperativismo na Galiza. No ciclo, combinarase a exposición da fórmula da cooperativa de consumo coa organización dunha serie de charlas e coloquios, todo isto enmarcado dentro dos parámetros do consumo responsábel, a seguridade alimentaria e o respecto ao medio ambiente.
Nas charlas analizarase a figura da cooperativa de consumo: caracterización, normativa reguladora e situación e posibilidades de desenvolvemento en Galiza. Tamén realizarase en cada xornada unha mesa redonda de experiencias cooperativas activas e colectivos potenciais promotores de novas cooperativas. Segundo os organizadores, "os contidos das intervencións presentaranse dunha forma práctica, didáctica e participativa, procurando a súa adaptación ao perfil das persoas asistentes ás xornadas. As xornadas fomentarán o debate cos asistentes co fin de obter unhas conclusións de utilidade para cumprir os obxectivos do programa". Os relatorios serán impartidos por persoas coñecedoras da realidade cooperativa galega, e en especial no ámbito do consumo.
As inscripcións realizaranse a través do boletín de inscrición incluido nos polípticos do programa e na páxina web do programa (Consumo Cooperactivo), entregándoo na Loxa Ecolóxica do Mercado de Abastos (local nº 91) de 9.30 a 14.30h (Cristina); ou enviándoo ao fax 986 896 525 ou a través de correo electrónico a sinerxia@sinerxia.org.
Cangas do Morrazo
28 de abril do 2006 (17:30 - 21:00h)
Casa da Cultura de Cangas do Morrazo – Praza de San Xoan, 10
Ourense (data límite de inscripción 11/05/06)
12 de maio do 2006
Aula Magna do Edificio de Ferro – Faculdade de Humanidades (Campus Universitario As Lagoas)
A Coruña
19 de maio do 2006 (19:00h)
Fundación Alexandre Bóveda (R/ Olmos, 16-18 1º Andar)
Santiago de Compostela
26 de maio do 2006. Lugar e hora por confirmar
Programación en Ourense
18.30h - Recepción de asistentes
19.00h - Inauguración da xornada
Representante da “Associaçom de Consumo Responsável Semente”.
Representante da Federación de Empresas Cooperativas SINERXIA
19.15h - 1º Relatorio : As cooperativas de consumo.
Relator : Manuel Rivera Iglesias – Asoc. Economía Social BRIANTE
Presenta : Representante da Federación de Empresas Cooperativas SINERXIA
19.45h - Coloquio
20.15h - Pausa
20.30h - Mesa Redonda : Experiencias galegas de cooperativas de consumo.
Relatores : Xan Martínez (Membro do Consello Reitor da Cooperativa de Consumo Consciente A Xoaninha) e Manuel González Garrido (Membro do Consello Reitor de Consumo Consciente Arbore, S.Coop.Galega)
Presenta : Representante da “Associaçom de Consumo Responsável Semente”.
21.30h - Coloquio
22.00h - Fin da xornada
Programación na Coruña
18.30h - Recepción de asistentes
19.00h - Inauguración da xornada
Representante da Federación de Empresas Cooperativas SINERXIA
19.10h - 1º Relatorio : As cooperativas de consumo.
Relator : Manuel Rivera Iglesias – Asoc. Economia Social BRIANTE
Presenta : Representante da Federación de Cooperativas SINERXIA
19.40h - Colóquio
20.00h - Pausa
20.10h - Mesa Redonda : Experiencias galegas de cooperativas de consumo.
Relatores: Xan Martínez (Membro do Consello Reitor da Cooperativa de Consumo Consciente A Xoaninha) e Manuel González Garrido (Membro do Consello Reitor de Consumo Consciente Arbore, S.Coop.Galega).
Presenta : Representante da Federación de Cooperativas SINERXIA
20.50h - Colóquio-Taller de creación de unha Cooperativa de Consumo.
Coordina: Manuel Rivera Iglesias – Asoc.Economia Social BRIANTE
22.00h - Fin da xornada
Promoven:
Árbore
A Xoaniña
Sinerxia (federación de cooperativas)
Briante (economía social)
Patrocinan:
Consellería de Traballo (Xunta de Galiza)
IGAPE
Máis información en Consumo Cooperactivo
Iván — 12-05-2006 18:47:10