Non sería unha medida violenta e sanguenta que mil homes se negasen a pagar os seus impostos este ano, pero si o sería pagalos e capacitar así ao Estado para cometer actos violentos e derramar sangue inocente.
Henry D. Thoureau
Mentres a publicidade estatal insiste en vendernos un exército de tipo humanitario, garante dos dereitos individuais e da igualdade, a actualidade amósanos unha perspectiva ben diferente: as intervencións militares en Haití, Afganistán, Iraq; a militarización das fronteiras de Ceuta e Melilla; as aparicións públicas de altos cargos do exército nos debates do Estatut catalán, etc; desminten esa pretendida imaxe do exército, e só remitíndonos á situación no estado español.
O gasto militar segue incrementándose ano tras ano, mentres a situación social se deteriora cada día máis. Recursos económicos, sociais, científicos, se dilapidan nunha presunta defensa nacional, e néganse á sanidade, á educación, a rendas de integración, a pensións,...
Os centos de millóns de euros irracionalmente gastados en armas, no exército, na investigación militar, lonxe de aumentar a seguridade das persoas e dos pobos, supoñen un risco para a existencia da vida e do mesmo planeta. As industrias armamentísticas aumentan os seus beneficios a costa da miseria, da fame e da morte de milleiros de persoas.
Nós non queremos participar nisto. Negámonos a ser cómplices, a colaborar co mantemento do exército e do que significa, rexeitamos a militarización da sociedade e a imposición da lei do máis forte nas relacións entre as nacións.
Poucas veces temos ocasión de deixar clara a nosa postura, de facer patente o noso desacordo. A nosa declaración da renda pode ser unha desas escasas ocasións.
Por iso, declarámonos obxectores fiscais aos gastos militares.
Gasto Militar no 2006
Nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2006 o Gasto Militar supon máis do 12% do gasto público, com moitas partidas disimuladas noutros ministerios. A cantidade resultante é superior aos 21 mil millóns de euros (cunha suba de maís do 12% respecto o 2005), uns 58 millóns de euros diarios (6 millons maís de euros por día que no ano 2005), arredor de 450 euros por persoa e ano.
Posto informativo
Luns 1 de maio das 11:00 ás 14:00
Rúa Principe, Vigo
Non ao gasto militar