Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O 99% do penso animal español leva soia transxénica

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 26-04-2006 16:08

Parece que a soia está de moda, pero no sentido negativo da súa carnívora expansión por todo o mundo como alimento masivo de animais e persoas. Perda da biodiversidade, emprego de sementes tranxénicas, expulsión de campesiños do campo, ... E temos que asumir dunha vez parte da nosa responsabilidade, porque é o único xeito de evitar este tipo de sinsentidos en pro do "¿¿¿progreso???".

Antonio Cerrillo

A expansión do cultivo da soia transxénica en Arxentina e Paraguai causa deforestación, contaminación e pobreza, segundo os campesiños. No 2004, Catalunya importou 3,3 millóns de toneladas de soia, a maior parte da cal vai á cabana porcina.

O 99% do penso animal fabricado en España é etiquetado como transxénico, segundo Jorge de Saja, secretario xeral da Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos para Animais (Cesfac). A razón é que os compostos para animais incorporan ata un 20% de soia como fonte de proteínas e precisamente case toda a soia é importada e transxénica. A lexislación é moi estrita: obriga a poñer a etiqueta no produto cando a base transxénica supera o 0,9%.

A confederación Cesfac confirmou deste xeito a dependencia que ten a gandería intensiva española da soia transxénica. Neste sentido, Veterinarios sen Fronteiras denunciou o luns os graves prexuízos sociais e ambientais que comporta a expansión da soia transxénica en Arxentina e Paraguai, países que se converteron en "forraxeiros" de Catalunya e outras nacións europeas.

No 2004, Catalunya importou 3,3 millóns de toneladas de soia (o 60% da soia importada por España), a maior parte da cal vai á cabana porcina. Con todo, Veterinarios sen Fronteiras afirmou que a implantación da soia transxénica en Sudamérica comporta consecuencias tráxicas, que van máis aló da deforestación e a contaminación. A perda de emprego no sector agrícola tradicional move unha cadea que carrexa perda de terras, violencia nos desaloxos, migración ás cidades e pobreza, segundo Ferran García, membro desta organización.

A expansión da soia en Arxentina (onde este cultivo cobre xa 150.000 km2) agudiza a deforestación en zonas de interese natural, como o bosque seco do Chaco. A soia utilizada (Roundup Ready, de Montsanto) é resistente aos herbicidas, os cales, deste xeito, pódense usar indiscriminadamente para matar as malas herbas. Con todo, o seu uso "desmedido" causou unha grave contaminación de chans, augas e persoas, dixo Xaviera Rulli, do grupo de Reflexión Rural de Bos Aires. Coa teórica vantaxe de que o herbicida non dana á planta, repítense as fumigacións desde avións para aforrar costos dunha aplicación selectiva desde terra.

De feito, este modelo agrario comporta "unha dependencia total das multinacionais", dixo Rulli. Así, aplícase unha sementa directa mecanizada (non se ara, senón que se pincha o chan para sementar), o que permite cultivar zonas ata agora non aptas para o cultivo. Rulli dixo que o modelo "de monocultivo industrial da soia transxénica non require traballadores e provoca "fame e pobreza". Os campesiños empobrecidos abandonan as súas terras e desprázanse cara á periferia das grandes cidades para vivir en chabolas.

En Paraguai, avanza a un ritmo anual de 2.500 km2 (case un terzo da provincia de Barcelona), o que está provocando "a expulsión dunhas 90.000 familias campesiñas por ano cara á periferia urbana", segundo Jorge Galeano, do Movemento Agrario Popular de Paraguai. A concentración das terras para implantar a soia transxénica vese favorecida polas instancias oficiais (pese a que neste país 4.226 persoas posúen 190.000 km2 de terras) e conta con total apoio de políticos, xuíces e militares, "que están ao servizo da expansión da soia transxénica ", di Galeano.

Este agricultor mencionou un episodio no que dous campesiños da comunidade Tekoyoya (departamento de Coaguazú) morreron ao resistirse ao desaloxo. O fallo xudicial que mostra Galeano di que a asignación de terras foi ilegal. Pero os ocupantes protransxénicos recorreron e a orde de desaloxo deuse antes da sentenza firme.

Antonio Cerrillo (La Vanguardia)

Publicado por Birnarem
361 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009