Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

"El eco de la bici". Ferrara, unha cidade sobre dúas rodas

Archivado en Masa Crítica e mobilidade • Fecha: 24-04-2006 11:20

O documental "El eco de la bici" narra a visión persoal dun mozo italo-chileno que descobre unha cidade a través das súas bicicletas.

Ferrara é unha cidade da rexión da Emilia Romagna (Italia) que polas súas características xeográficas (terra chá de Padana) provocou que os seus habitantes utilicen a bicicleta como medio de transporte durante anos.

En tempos en que o combustible para os coches transformouse na causa principal de mortes e guerra, a bicicleta e o seu eco transfórmanse nun símbolo de paz.

O documental ocupa aprox. 50mb nunha calidade aceptable. Durante o documental entrevístanse a persoas que usan a bici como medio de vida. Cómpre escoitar o que nos teñen que dicir... ¿ainda non o estades baixando?

Lembrade que este mércores 26 hai unha reunión-charla-coloquio de Masa Crítica, os temas de comezo son o de reivindicar un carril bici dende a Palloza ata a Universidade e dar a coñecer e implicar a comunidade universitaria na loita polo uso da bici como medio de transporte e forma de vida. Na Faculdade de Arquitectura da UDC, ás 12:00h.

El eco de la bici

Publicado por Birnarem
257 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos