A asociación GPUL anuncia a celebración das VI Xornadas sobre Software Libre, que se celebrarán na Facultade de Informática da Universidade da Coruña dos días 24 ó 28 de Abril de 2006.
O programa final das Xornadas, así como a opción de preinscribirse (que non é necesario salvo desexo de certificado de asistencia, pero que servirá ademais para estimar a asistencia prevista para cada actividade), pódese consultar en http://www.gpul.org/jornadas06. Tamén podedes consultar información do concurso de RealTimeBattle.