A ATENCIÓN DO ALCALDE-PRESIDENTE, SR SÁNCHEZ BUGALLO.
PRIMEIRO: Recentemente, tiven coñecemento da intención do Sr. Alcalde de Santiago de Compostela, o Sr.D. Sánchez Bugallo, de adicar unha rúa desta cidade ao ex-presidente da Xunta, Sr. D. Manuel Fraga Iribarne. É por este motivo que remito este escrito mediante o cal quero manifestarlle ao Concello e ao seu Alcalde a miña indignación por tal actuación e facerlle constar a miña posición contraria á mesma.
SEGUNDO: As razóns que, ao meu modo de ver, descalifican a proposta de atribuir este honor ao Sr. Manuel Fraga Iribarne, son moitas e coñecidas. Poderiamos comezar pola súa etapa como Ministro Franquista, para logo repasar toda a súa actuación á fronte do executivo galego, da cal é un claro exemplo a xestión da crise do Prestige (recordemos que el etaba de caza mentres o petroleiro case embarranca na costa). Existe ademais unha longa lista de comentarios e discursos pronunciados polo Sr. Fraga que ilustran vivamente a súa mentalidade e traxectoria, así como tamén a visión tan peculiar que ten do noso país. Podo citar como exemplo, o Sr. Fraga Iribarne foi responsable da Condena de Alberto Míguez pola publicación da antoloxía bilingüe "El pensamiento político de Castelao" e nunha contestación ao editor J.B Cendrós afirmou:
"cataluña foi ocupada por Felipe IV, foi ocupada por Felipe V, que a venceu, foi bombardeada polo Xeneral Espartero, que era un xeneral revolucionario, e ocupamola en 1939 e estamos dipostos a volvela ocupar tantas veces como sexa necesario e para iso estou disposto a coller de novo o fusil. Por consiguente, xa saben vostedes a que atenerse, e aquí teño o mosquete para volvelo a utilizar"
TERCEIRO: Considero que para conceder o honor de por o nome dunha persoa a unha rúa, os méritos da mesma teñen que ser indiscutíbeis, e contar co apoio unánime de toda a cidadanía, xa que non pode facerse de costas e enfrontándose a unha grande parte dos veciños e veciñas do Concello.
Por todo o exposto e no exercicio do Dereito de Petición, SOLICITO:
Que non se lle conceda o nome dunha rúa ao Sr. Manuel Fraga Iribarne. E para que surta os efectos oportunos asino a presente petición.
Agardando unha rápida solución, despídese atentamente
Asina no formulario e envia este correo aos teus contactos