Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O fenómeno bielorruso. Situación de Bielorrusia en Europa

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 20-03-2006 16:54

Eleccións en Bielorrusia. Todo parece bastante sinxelo, país ex-comunista que estaba integrado na antiga U.R.S.S., cun presidente autoritario calificado de “dictador”, cun funcionamento económico que non se corresponde co poder do capital, imperante no resto de países europeos ou en EE.UU. (que é a solución máxica para todos os problemas para calquera país estea na situación que estea) e unha oposición que reclama democracia e liberdade. É dicir, Bielorrusia ten todo o malo e nada do bo que podería ter un país hoxe en día. Esta é a imaxe que nos chega dos medios de comunicación masivos.

Vaia, pois semella todo demasiado fácil para nós, que pouco tempo temos para contrastar informacións e valorar, demasiado claro. Esto debería poñernos en alerta, quizais non todo é como o contan. Existen outras opinións, outras análises, e curiosamente reflicten unha opinión radicalmente diferente.

Quizais o artigo de Roy Medvedev poda ter opinións ou conclusións coas que non esteamos conformes, outras que nos parezan bastante acertadas, pero o que si parece claro é que non somos informados con rigorosidade e que a información, cada vez máis, resulta un exercicio de propaganda dos pro-sistema que tentan de ocultar o feito evidente de que existen outras posibilidades diferentes ao seu sistema, e que son factibles e funcionan. Todo isto para eles é moi perigoso porque, o efecto “contaxio” sería inevitable. ¿queremos participar de esta ocultación ou preferimos estar ben informados?


Roy Medvedev
Sovietskaya Rossia


A crítica occidental a Bielorrusia

Como é sabido, os políticos occidentais e a prensa occidental non escatiman en medios para desacreditar e criticar a situación actual de Bielorrusia. Durante o seu encontro en Vilnius (Lituania) cun grupo de activistas da oposición bielorrusa, Condoleezza Rice practicamente instou abertamente a derrocar a Alexander Lukashenko, “último ditador en Europa”. Xa na súa toma de posesión como Secretaria de Estado dos EE.UU., declarou que consideraba a Bielorrusia como “baluarte da tiranía en Europa”. O xornalista estadounidense, Peter Savodnik describía Bielorrusia como un “réxime surrealista de corte estalinista, que se sustenta unicamente no medo, o fame e o culto á personalidade. Lukashenko xa destruíu todo o sector privado da economía. O pobo vexeta no medio da pobreza e a falta de diñeiro, pois ata o cobro dos míseros soldos e pensións, depende da vontade do presidente”. A única oportunidade de lograr a democracia en Bielorrusia -segundo Savodnik- pasa polo derrocamento de Lukashenko. “Para logralo hai que recorrer a todo: axudar economicamente á oposición, dificultar os investimentos no país, facer todo o necesario, sen ter que recorrer a fornecer armas á resistencia. Europa Occidental considera que non pode empuxar aos bielorrusos á forza cara á democracia. Pero se realmente quere axudar á revolución bielorrusa a lograr o que xa fixeron en Serbia, Xeorxia e Ucraína, a Unión Europea debe empezar por quitarse as luvas de pel de cabritilla” (Wall Street Journal. 11/02/2005. Slate. EE.UU. 16/02/2005).

Os políticos europeos e especialmente os economistas e os homes de negocios europeos son máis prudentes nas súas valoracións sobre a República Belarus, un estado pacífico e tranquilo no corazón de Europa, que arroxa bos dividendos no intercambio comercial con Europa Occidental. Só no pasado 2005, Holanda incrementou a compra de artigos de fabricación bielorrusa en 3,3 veces e Francia en 3,8. Ata os Estados Unidos incrementaron as importacións de Bielorrusia nun 50% (Moskovskie Novosti 25/11 - 1/12/2005).

O Fondo Monetario Internacional, na comparativa das súas táboas de indicadores de desenvolvemento, constatou con certa sorpresa, que xa no 2003 o volume do PIB per cápita de Bielorrusia, practicamente duplicaba ao ucraíno e superaba nun 15-20% ao de Kazajstán ou Rusia. O FMI sabía perfectamente que os investimentos estranxeiros e os créditos dos centros financeiros internacionais non están ao alcance de Bielorrusia. ¿Como son posibles entón eses ritmos de crecemento que parecen contradicir todas as leis da economía?

No verán de 2005 o FMI publicou un informe especial: “O crecemento económico bielorruso, ¿milagre ou non?”. A investigación mostraba como a economía bielorrusa vén desenvolvéndose con bastante éxito durante os últimos 10 anos e segundo numerosos indicadores supera os niveis non só dos países da CEI, senón tamén de Polonia, Lituania, Hungría, Bulgaria, Romanía e outros países de Europa Oriental. Con todo os expertos do FMI non puideron terminar de explicar os motivos deste rápido crecemento. Non podían mencionar factores como a firme, estable e competente dirección do “último ditador en Europa” ou como a recuperación en Bielorrusia dos principios soviéticos de economía planificada.

Durante moitos anos, tanto os medios occidentais como os rusos, intentaron impoñer a imaxe de Bielorrusia como a dun país atrasado, indixente, mísero, cun pobo esquecido e pasivo.

Pero vexamos as impresións sobre Minsk do xornalista ruso Andrei Bogdanovich, quen no pasado escribira de xeito pouco optimista sobre a situación en Bielorrusia. Aos viaxeiros de Moscova recíbelles o novo edificio da estación, de cristal e metal, con resplandecentes escaleiras mecánicas e ascensores. A cidade sorprende pola súa limpeza. As amplas rúas están perfectamente limpas, non hai valados publicitarios nin letreiros de neon que as afeen. Minsk produce a impresión dunha cidade soviética modélica, con amplas avenidas, onde case non hai atascos, con predominio do transporte público, cun asfalto excelente, coas liñas como recentemente pintadas e cos edificios de vivendas moi coidados, coma se acabásenos de remozar. Conforme nos achegamos nos arredores vemos máis bloques de vivendas de varios pisos, de nova planta. En ocasións atopamos barrios enteiros, onde fai cinco anos só había campos ou espazos baleiros. Na cidade o metro segue ampliando as súas liñas a gran velocidade, e constrúense novos equipamentos sociais. Despois do Palacio de Xeo, construíuse un novo centro deportivo, e agora están terminando a construción da nova Biblioteca Nacional. En xeral, as sensacións que deixa Minsk son moi agradables. O mesmo podemos dicir do conxunto do país. Pouca xente sábeo fóra das fronteiras do país pero Bielorrusia ten unha das economías que máis está crecendo en Europa. En 2004 o PIB creceu nun 11%. En 2005 espérase que sexa do 8,5% e para 2006, os prognósticos falan do 8%.

Bogdanovich finaliza dicindo: “se, a economía bielorrusa crece a todo ritmo, malia a activa intromisión do estado. Non hai ningún milagre. O crecemento do papel do capital privado na vida económica do país é inevitable”. (Expert, 12-18/12/2005).

Esta conclusión non acaba de ter lóxica, pois a economía bielorrusa crece 10 anos consecutivamente, e a razoable intromisión do estado representa un dos importantes factores do éxito. Non en balde Vladimir Putin felicitou en xaneiro deste ano ao presidente Alexander Lukashenko polos éxitos económicos bielorrusos.

Bielorrusia avanza

Como integrante da Unión Soviética, Bielorrusia considerábase unha das repúblicas máis desenvolvidas no económico, ocupando o segundo lugar trala Federación Rusa en canto a nivel de PIB per cápita e aos indicadores de nivel de vida. O terceiro lugar ocupábao Ucraína, que seguía de preto a Rusia e Bielorrusia. Kazajstán incluíase nas repúblicas que recibían subsidios e adoitaba ocupar o sexto ou sétimo posto nas táboas, que reflectían o nivel de desenvolvemento da economía. (Cuestións de economía nº4-6, 1992). Está correlación variara xa para o 2000 e continuou facéndoo en anos seguintes. En cinco anos (2001-2005) o produto interior bruto de Bielorrusia aumentou nun 42%. Nos últimos 10 anos o PIB de Bielorrusia duplicouse. (República. Minsk. 24/12/2005)
Polos seus niveis de PIB per cápita, Bielorrusia ocupa o primeiro lugar na CEI, algo que tiveron que recoñecer os expertos do FMI.

Segundo datos dos centros de análises do FMI e tendo en conta a paridade da capacidade de compra das divisas nacionais en 2001, o PIB per cápita creceu en 2000-2003:

En Ucraína de 4,75 a 5,85 mil dólares;
En Rusia. de 6,75 a 7,75 mil dólares;
En Kazajstán. de 6 a 7,8 mil dólares;
En Bielorrusia. De 7,25 a 8,7 mil dólares.
(Economía mundial e relacións internacionais. Nº2, 2004)

Nos dous anos seguintes Rusia incrementou o seu PIB nun 13,8%, Ucraína nun 14,3%, Kazajstán nun 19,2%, Bielorrusia nun 20,2% (Principais indicadores macroeconómicos dos países da Comunidade de Estados Independentes, M.,2005). Bielorrusia lidera a CEI no referente ao peso da produción tecnolóxica no conxunto da economía, en primeiro lugar da automoción e fabricación de maquinaria. Bielorrusia tamén lidera as estatísticas per cápita en canto a fabricación de televisores, frigoríficos, tea e calzado. Supera en 3 veces a Rusia e Ucraína en produción de carne e en 7 veces a Kazajstán. En produtos lácteos, manteiga e leite, Bielorrusia supera en 2-3 veces a Ucraína e Rusia, e ocupa o primeiro lugar en produción per cápita de azucre, patacas, froitas e ovos. Só vese superada por Kazajstán en produción de gran, e por Ucraína, Rusia e Kazajstán en produción de aceite vexetal. Bielorrusia constrúe 2,5-3 veces máis metros cadrados de vivenda cada 10 mil habitantes , que Ucraína ou Kazajstán e 15-20% máis que Rusia. (Comunidade de Estados Independentes. M,.2004).

Poderiamos continuar con estas comparativas con multitude doutros indicadores de produción industrial e agraria.

Bielorrusia encabeza a CEI por tempos de crecemento do comercio exterior. A balanza comercial en 2005 achegábase aos 30 mil millóns de dólares, cun balance positivo de 700 millóns. Para un país de 10 millóns de habitantes, enerxéticamente dependente, é un resultado moi bo.

Bielorrusia loita por abrirse un oco nos mercados. Mantén relacións comerciais con case 70 países e constantemente mellora o nivel e a calidade dos seus produtos. A estrutura do seu comercio exterior correspóndese coa dun país europeo industrialmente desenvolvido: a súa produción é a da industria transformadora, non a produtora de materias primas. Bielorrusia é un dos líderes mundiais en produción de tractores e camións volquete. Do total de exportacións de Bielorrusia, o 36% tiñan a Rusia como receptor, o 85 aos países restantes da CEI e o 44% a países da Unión Europea (Sovietskaya Bielorrusia, 1/11/2005). Tamén creceron moito as exportacións a China. Menos dun terzo das exportacións representan os fertilizantes minerais e os derivados do petróleo. En ambos casos, son produtos elaborados, e non materias primas en bruto.

A oposición a Lukashenko fala e escribe moito do baixo nivel de vida en Bielorrusia. Para a comparativa non se escolle Ucraína ou Rusia, nin sequera as veciñas Polonia, Lituania ou Letonia, senón Alemaña. Esas comparacións non se sustentan. Debemos comparar Bielorrusia do 2005 coa de 1990, ou coas actuais Ucraína ou Rusia. Así por exemplo, a pensión media en Bielorrusia ascende a 104 dólares, a máis alta na CEI se calculamos en dólares e máis aínda se temos en conta a capacidade adquisitiva polos prezos máis que alcanzables para a xente maior dos produtos de primeira necesidade.

En Bielorrusia a día de hoxe temos a mellor estrutura alimentaria da CEI e a “cesta da compra” máis barata, tanto para a infancia como para a terceira idade. Ten ademais o mellor acceso á vivenda da CEI. Con todo a esperanza de vida dos bielorrusos descendeu dos 71 anos en 1990 aos 69 en 2005. En Rusia atopamos a esperanza máis baixa de vida ao nacer, con 65 anos. O salario medio en Bielorrusia é de 250 dólares mensuais, o que representa 80 dólares máis que Ucraína e 30 menos que Rusia. O orzamento ruso non sofre hoxe a falta de ingresos. En Bielorrusia , pola contra, non se dan as diferenzas en salario medio e ingresos, que temos en Rusia, tanto entre rexións, como entre esferas da produción. O salario medio na esfera estatal é de 225 dólares ao mes (República. Minsk.24/12/2005).

Por suposto estas cifras son moi modestas en comparación con Alemaña ou Francia. Con todo aquí é moi importante a dinámica de crecemento. Ao duplicar en 10 anos (1996-2005) o seu PIB, Bielorrusia fíxase como meta o triplicalo para 2010. Non hai unha dinámica parecida nin en Europa nin na CEI.

Loxicamente a oposición bielorrusa coñece todas estas cifras, aínda que as explica ao seu xeito. Un dos líderes da oposición, Alexander Lebedko escribía recentemente no principal diario opositor da república. “¿Onde está o sentido da vida? Na verdade. E a verdade é esta. Nos seus 11 anos de goberno, Lukashenko creou un sistema baseado no engano e o medo. Non é efectivo. Só funciona co látego dun arrieiro. Non depende da xente que vive nas rexións. Isto é algo que o dirixente bielorruso e os seus seguidores víronse obrigados a recoñecer publicamente” (Narodnaya volia nº226, 24/10/2005).

É difícil comentar declaracións deste tipo. Lukashenko certamente creou un efectivo sistema de dirección económica, que el mesmo denomina en ocasións como “socialismo de mercado”. Vexamos cales son as principais particularidades deste sistema.

O modelo bielorruso

Nos anos 1992-1993 en Bielorrusia non se produciu ningunha “terapia de choque”. O poder político era débil e estaba dividido, pero a dirección da economía non a manexaba un equipo de conselleiros estranxeiros, senón o último goberno soviético, encabezado polo primeiro ministro Viacheslav Kebich. Este goberno intentou levar a cabo algunhas reformas cautelosas. A finais de 1993 privatizáronse no país algúns centos de pequenas e medianas empresas. Con todo ata o verán de 1994 soamente un 3% dos activos soviéticos estaban en mans privadas.

A lei permitiu a liberdade total de comercio a prezos de mercado, aínda que leis como esta non provocaron o entusiasmo entre a poboación, xa que a finais de 1992 os prezos dos principais artigos de consumo subiran 11 veces. Mentres, a produción reduciuse en 1992 nun 26 % e no 93 nun 11% máis. (P.G. Chigrinov. Historia de Belarus, Minsk. 2004) Isto demostraba a drástica caída do poder adquisitivo e do nivel de vida da poboación. Centos de miles de persoas da ata entón próspera Bielorrusia pasaron a engrosar as listas de parados.

O descontrol e a crise reinaban no campo. A principios de 1994 apareceron 2500 granxas privadas. Pero o seu peso específico no total da produción do sector agrario tan so representaba un 1%. A oposición liberal esixía a liquidación de todos os koljoses e sovjoses, aínda que no campo bielorruso poucos eran os que apoiaban esas esixencias. Tampouco había en Bielorrusia propostas serias de privatización das grandes empresas industriais. Como é sabido, nunha Bielorrusia relativamente pobre en recursos naturais, nos anos soviéticos desenvolvéronse con gran éxito moitos sectores da industria transformadora, en primeiro lugar a construción de maquinaria. Moitos economistas denominaban a Bielorrusia como “o taller de ensamblaxe da URSS”. Decenas das súas empresas de maquinaria, así como de produción de televisores, neveiras, electrodomésticos, equipamento médico, completaban o ciclo tecnolóxico que se iniciaba en Rusia ou Ucraína. A economía bielorrusa nun 80% estaba formada por empresas de último ciclo, dependentes en materiais e saída a mercados do mercado xeral da Unión (A economía mundial e as relacións internacionais). Isto presupoñía a existencia dunha gran porcentaxe de traballo altamente cualificado e ben retribuído e unha parte importante do valor do produto creado. A maioría destas empresas atopábase en dependencia da Unión, e non se podían privatizar sen alterar o desenvolvemento normal da produción. Evidentemente, a desaparición da URSS destruíu o funcionamento normal da industria bielorrusa.

Moitas fábricas non só tiveron que recortar a produción. Tiveron que detela. Os almacéns estaban cheos, pero non había pedidos novos, nin subministro de pezas, de materia prima nin de enerxía. En Bielorrusia non era tan forte o desexo de independizarse de Rusia como o podía ser nas repúblicas bálticas, dispostas a calquera sacrificio pola independencia. Ademais os nacionalistas radicais bielorrusos tiñan pouca influencia, non tiñan programa económico. As súas preocupacións principais viraban en torno aos problemas da lingua. Desprezaban á maior parte do seu pobo, que segundo eles esquecera o seu idioma e os símbolos dos seus antepasados.

Nesta conxuntura, a vitoria de Lukashenko nas primeiras eleccións presidenciais foi algo lóxico. De seguida reactivouse a nova política económica, asentada no pragmatismo, o realismo, o sentido común e a recuperación dos lazos económicos e a cooperación con Rusia. En Bielorrusia reinstaurouse a economía planificada de tipo soviético, con tarefas prefixadas a un ano e a cinco anos vista.

O primeiro plan quinquenal desenvolvido baixo a dirección de Lukashenko, “Principais directrices do desenvolvo socio-económico da República Belarus para os anos 1996-2000”, foi aprobado en Minsk pola Asemblea Popular Bielorrusa e converteuse en lei.

A finais do ano 2005 máis do 80% dos activos, na cidade e no campo de Bielorrusia, correspondían á propiedade estatal e cooperativa. Non existen oligarcas, e non hai grandes corporacións privadas. Pero as empresas bielorrusas, os koljoses e sovjoses, funcionan, polo xeral, mellor que na época soviética, posto que agora teñen que competir nos mercados ruso e mundial. Na economía bielorrusa mantéñense, fundamentalmente, as formas de organización económica (de dirección administrativa) soviéticas, e o estado apoia ata a moitas empresas deficitarias. Pero en Bielorrusia non hai un partido único dirixente, senón un grupo de partidos que apoia ao presidente, e outro grupo de partidos que forman a oposición. Bielorrusia non persegue o status de país con economía de mercado, senón que constrúe unha sociedade de xustiza social, empregando relacións de mercado, que se corrixen segundo as necesidades. Así, por exemplo, en Bielorrusia apóiase, mediante subsidios, o mantemento de prezos baixos para os produtos de primeira necesidade, os servizos de vivendas sociais e os transportes públicos. Aleksandr Lukashenko deu en moitas ocasións unha clara definición do que é o modelo bielorruso: “A esencia do modelo socioeconómico de desenvolvemento do noso estado -dixo Lukashenko, nunha conferencia de prensa, o 23 de novembro do 2005- consiste en crear un estado para o pobo. Construímos un estado orientado ao social. Non fomos polo camiño da destrución, e ata renunciamos á palabra reforma, que atemorizaba ás nosas xentes, en Rusia como en Bielorrusia. Nós non falamos de reforma, senón de perfeccionamento. Non tomamos o camiño de destrución do anterior. Partimos do que tiñamos, démoslle a todo a volta, e puxemos en pé o que merecía a pena, e comezamos a perfeccionar todo isto. E basicamente, apoiámonos nese fundamento, que foi creado na Unión Soviética, aquí, nesta terra, e levantamos un edificio económico normal, que hoxe apórtanos o resultado definido. Construímos un modelo que ten en conta, ante todo, ao ser humano. E unicamente nisto atópase a base da forza do presidente e do noso estado, que nunca sacaremos do campo de visión dos intereses do cidadán” (República, 25/11/2005).

A oposición a A. Lukashenko critica resoltamente ese rumbo de construción do socialismo de mercado sobre fundamentos soviéticos (Narodnaya volia, 5/01/2005). Con todo, ningún dos líderes da oposición foi capaz, ata o momento, de propoñer ningunha outra estratexia económica ou concepción sociopolítica distinta.

Bielorrusia e Rusia

A república de Bielorrusia é o socio e amigo máis importante da Federación Rusa na CEI e en Europa. Nas fronteiras entre Rusia e Bielorrusia non hai postos nin postes fronteirizos. Os cidadáns de Rusia poden chegar e traballar en Bielorrusia sen visado nin permiso, e os cidadáns de Bielorrusia poden facer outro tanto en Rusia. Nos nosos países hai un único espazo de defensa con respecto ao oeste, que mantén e desenvolve a infraestrutura militar soviética. Os nosos países teñen un sistema común de organización e distribución do área de defensa e de produción de tecnoloxía militar. A lingua rusa é, xunto ao bielorruso, idioma oficial en Bielorrusia. Bielorrusia nunca foi colonia de Rusia, e o pobo de Bielorrusia carece de complexos antirrusos, que intentaron inspirarlle os nacionalistas radicais, declarando “decadente” ao seu propio pobo. Máis próximo á realidade estivo A. Lukashenko, cando dixo, medio de broma, que “os bielorrusos son rusos, pero con etiqueta de calidade”. Entre Rusia e Bielorrusia nunca houbo, ao longo da historia, inimizade ou conflitos, e, precisamente iso, determinou a opción final da elite bielorrusa na súa orientación cara a Rusia logo da disolución da URSS. Como escribiu hai pouco A. Lukashenko, “o pobo bielorruso analizou serenamente a situación e fixo a súa elección, no sentido de demostrar a súa incorruptible lealdade á irmandade eslava. O adoptar unha orientación cara a Rusia, aberta e conscientemente, foi un paso moi responsable. Esa era a miña posición de principio, porque eu cría firmemente na forza creadora da unidade dos nosos pobos” (Nash sovremennik, Nº 12, 20005).

En Rusia e Bielorrusia hai un modesto, pero común, Estado federado, con parlamento conxunto, consello de ministros, Consello superior de estado e orzamento, que no 2006 contaba con 3000 millóns de rublos (N do T.:preto de 100 millóns de euros). Máis dun milleiro de funcionarios, dirixidos por Pavel Borodin, traballan en Minsk no Secretariado executivo deste Estado federado, que pronto deberá establecer a súa Acta constitutiva. Proseguen os preparativos para a introdución dunha divisa común para os dous países, sobre a base do rublo ruso. Naturalmente, tamén hai problemas. É fácil decatarse de que case todas as principais iniciativas de integración nos últimos 10 anos partiron non de Rusia, senón de Bielorrusia. Moitas das iniciativas económicas e políticas de Bielorrusia son silenciadas e terxiversadas, non só nunha parte significativa da prensa rusa, senón nas informacións que chegan ao presidente de Rusia. Resultou estraño escoitar as palabras de V. V. Putin acerca de que toda a economía de Bielorrusia supón un 3% da de Rusia, así como algunhas conclusións desas equivocadas comparacións.

A poboación de Bielorrusia correspondería a un 7% da poboación de Rusia, pero a economía de Bielorrusia corresponde a un 8% da economía de Rusia. No conxunto da economía da CEI, no 2003, Rusia aportaba o 61,5% do total do Produto Interior Bruto (PIB) da Comunidade, e Bielorrusia, un 4,8%. No mundo existen xa moitos esquemas de integración, pero Rusia e Bielorrusia deben atopar a súa propia variante de Unión, que teña en conta a nosa historia e as nosas realidades. Bielorrusia debe levar a cabo a integración, conservando a súa soberanía nacional e estatal, e esta é unha postura comprensible e razoable. As nosas economías son totalmente compatibles, pero a economía de Rusia, a día de hoxe, inclúe demasiados elementos irracionais, que xustifican a cautela de Bielorrusia.

Os problemas da democracia en Bielorrusia

Os problemas da democracia en Bielorrusia poden examinarse desde distintos ángulos, e polo tanto, describir cadros moi diferentes, na súa maior parte, moi subxectivos. Pero o mesmo podería dicirse de calquera país occidental, con “exemplares”, en opinión de moitos, réximes democráticos. Mellor sería falar das institucións reais de poder e dos feitos. É absolutamente evidente que o presidente de Bielorrusia posúe, de acordo coa Constitución do país, enormes poderes, moito maiores que os presidentes de Francia, EE.UU. ou Rusia. O presidente bielorruso coordina e dirixe a actividade de todas os poderes do estado, executivo, lexislativo e xudicial. Os decretos do presidente de Bielorrusia considéranse leis provisionais. O parlamento bicameral bielorruso é, en gran medida, un órgano representativo e técnico, máis que político. Non é unha tribuna para declaracións políticas e loita de partidos, dos cales hai moitos en Bielorrusia, pero que non son grandes, en canto a influencia, e non son capaces de constituírse en alternativa de poder.

Está claro que, en comparación coa orde soviética en Bielorrusia, non só en tempos de Brezhnev, senón tamén nos de Gorbachov, a Bielorrusia actual é un réxime democrático moito máis avanzado. Aquí limítase, pero non se prohibe á prensa opositora, nin se silencian as emisoras de radio occidentais. Pódese profesar calquera relixión ou adherirse a calquera filosofía.

Aleksandr Lukashenko chegou ao poder en 1994, como resultado dunhas eleccións plenamente democráticas. Sen apoiarse en ningún partido, e sen ter ningún apoio financeiro sólido, gañou as eleccións, en primeiro lugar, grazas ao seu excepcional talento oratorio, intelixencia natural, forte vontade e honradez, calidades das que todos puideron entón convencerse. Naquelas condicións de desgoberno e desbaraxuste, sen contar cun forte equipo profesional, venceu a competidores moito máis potentes que el en varios parámetros, logrando o 81% dos votos na segunda volta. O seu programa principal se condensaba nunha soa frase: “Non estou nin cos de dereitas, nin cos de esquerdas; estou co pobo”. Este lema mantense como o principal no seu programa electoral do ano 2006.

Sería estraño e absurdo culpar da debilidade da sociedade civil en Bielorrusia a Aleksandr Lukashenko, e non á oposición bielorrusa. Do mesmo xeito que no ano 1991, hoxe en día, demasiados líderes ambiciosos e grupos políticos da oposición danse empuxóns, estorbándose uns a outros nun escenario político moi pequeno. En Rusia, Vladimir Zhirinovsky e Aman Tuleyev presentáronse ás eleccións presidenciais contra Yeltsin, xa en 1991, e Guennadi Ziuganov, desde 1996. En Bielorrusia non hai figuras semellantes. Aquí, á oposición de “primeira liña”, substituíu, a mediados dos anos 90, a oposición de “segunda liña”, e, cara ao ano 2001, a de “terceira liña”. Semellante rápida sucesión de persoas e grupos confundiu ata aos patrocinadores e asesores occidentais, que esixiron, aínda que só fose para o momento das eleccións de 2006, a unión de todos os movementos opositores, “desde os anarquistas aos monárquicos”, e a presentación, fronte a Lukashenko, dalgún candidato único. A esta proposta tamén se sumaron os liberal-demócratas, os nacionalistas e os comunistas do Partido dos Comunistas de Bielorrusia. Os máis “ortodoxos” comunistas do Partido Comunista de Bielorrusia, en cambio, apoiaban ao presidente.

O Congreso unificado de forzas democráticas constituíuse en Minsk, o 2 de outubro de 2005, no Palacio da Cultura da fábrica de automóbiles de Minsk. Reuníronse máis de 800 delegados de 8 ó 9 partidos. Entre os 70 invitados estranxeiros atopábanse os expresidentes de Polonia, Lech Walesa, e da República Checa, Vaclav Havel. Dos demócratas rusos, chegaron a Minsk, I. Hakamada, B. Nemtsov e N. Bielyj. Realizáronse 2 voltas de votacións. Na segunda volta venceu Aleksandr Milinkievich, profesor de 58 anos, físico de profesión, da cidade de Grodno. O ata entón pouco coñecido político de provincias, fora, no pasado, activista da Fronte Popular de Bielorrusia, pero non dos máis radicais. (N. do T.: os “Frontes Populares” foron movementos políticos, xeralmente con tendencias de reivindicación nacionalista, que xurdiron en cada república da URSS na época de Gorbachov, as primeiras organizacións políticas legais á marxe, pronto en contra, do PCUS). En febreiro do 2006 realizou unha activa campaña preelectoral, dentro e fóra dos límites de Bielorrusia. Os resultados desta campaña política coñecerémolos o próximo 19 de marzo. As eleccións presidenciais en Bielorrusia celebraranse unha semana antes que as eleccións á Rada Suprema (parlamento nacional) de Ucraína. Serán dous acontecementos moi importantes, non só para estes dous países, senón para toda Europa.

Particularidades do panorama electoral bielorruso

Aos líderes da oposición bielorrusa vailles a resultar difícil levar a loita con Lukashenko en calquera dirección e en calquera “campo de batalla” electoral, e xa están dicindo que a súa meta principal é, como nos Xogos Olímpicos, non gañar, senón participar. Ningún dos líderes opositores prepara tendas de campaña ou infiernillos para un “maidan” bielorruso (N do T.: Maidan, nome da praza onde se concentraron e acamparon os partidarios do actual presidente de Ucraína, Yushenko, durante a famosa “Revolución Laranxa” de Kiev, en 2004). Ata os xornais opositores e os grupos de investigación sociolóxica, despregados desde a veciña Lituania, advirten: “Lukashenko recibirá nas eleccións do 55 ao 60% dos votos, pero nos declararán unha cifra do 75-80%”. Exactamente o que dixo nunha entrevista para a televisión rusa o mesmo Aleksandr Milinkievich.

¿Sobre que tese construír a campaña? A conta disto, ata os observadores occidentais atopan dificultades cos seus consellos. En Ucraína, no outono do 2004, o principal tema para Yushenko e Timoshenko (N do T.: os xefes da “revolución laranxa”) era a corrupción. Pero o réxime bielorruso non está corrompido, e a poboación do país sábeo. Aquí non hai nin un poder débil, nin ricos oligarcas. É difícil acusar a Lukashenko de submisión a Moscova ou de renuncia á soberanía bielorrusa. Máis ben, é aos políticos rusos aos que algúns dos seus colegas bielorrusos intentan atemorizar coa suposta excesiva influencia que Lukashenko e o KGB bielorruso estarían adquirindo en Moscova e en Rusia.

Tamén é moi difícil criticar a política socioeconómica de Lukashenko, pois os seus éxitos son evidentes. As proclamas de que o actual réxime bielorruso non constrúe nada e “vive das rendas soviéticas” e da riqueza acumulada na época da URSS, son demasiado pouco convincentes. Bielorrusia construíu moito por si mesma nos últimos 5 anos, renovou as súas instalacións e a súa tecnoloxía. O coñecido científico e figura pública bielorrusa, Guennadi Grushevoy, un dos organizadores da acción polos “Nenos de Chernobyl”, simpatiza totalmente coa oposición, pero lles prevén de que non se fagan ilusións: “O electorado vota, non polo sistema político que creou A. Lukashenko, non polo modelo económico, vota pola súa política social. Se nós dicímoslle que agora hai que esnaquizar todo este sistema social (demostrado que isto é un suborno primitivo ao pobo), non atoparemos apoios. Non recibiremos nada, excepto desprezo, do electorado” (A. Feduta. Lukashenko. Biografía política, M. 2005).

Pero, ¿como demostrar que a política social do réxime de Lukashenko é un suborno ao pobo, e non un sincero desexo de axudar á xente e preocuparse da mellora das súas vidas? De feito, a política social de Lukashenko xorde de modo natural da súa ideoloxía, que é hoxe a ideoloxía do estado bielorruso. A ideoloxía estatal bielorrusa non se basea nos dogmas do marxismo-leninismo, pero tampouco rexeita as ideas e principios do socialismo, como unha sociedade de xustiza social. En todas as estruturas de poder de Bielorrusia hai seccións de traballo ideolóxico, e na administración do presidente hai unha dirección de ideoloxía. A. Lukashenko expuxo a súa esencia da forma máis concisa na súa mensaxe aos cidadáns con ocasión da festa de Outubro. “A historia o atestigua de modo convincente: a Gran Revolución Socialista de Outubro, cuxo principal obxectivo era a construción dunha sociedade de xustiza social, libre de desigualdade e opresión, estaba dotada dunha enorme forza creadora. A enerxía de Outubro inspirou a vitoria na Gran Guerra Patria, a conquista do cosmos, os logros laborais do pobo soviético, feitos recoñecidos en todo o mundo. A revolución de Outubro cambiou o destino de Bielorrusia, deu un potente impulso ao renacemento social e espiritual do noso pobo. Os bielorrusos conseguiron o seu propio estado, crearon unha industria de alta tecnoloxía, unha agricultura moderna, unha cultura e ciencia de vangarda. A república de Bielorrusia é un estado soberano, que goza de estima e prestixio na comunidade internacional. Os trazos distintivos da Bielorrusia moderna son a estabilidade política e económica, o acordo cidadán e a preocupación pola xente. O noso país marcha decididamente polo camiño de desenvolvemento elixido polo pobo, na base do cal atópanse os ideais legados por Outubro de paz, liberdade, igualdade e xustiza” (Sovietskaya Bielorrusia, 6/11/2005).

As eleccións en Bielorrusia observaranse coa maior atención, non en Occidente, nin en Rusia, senón na veciña Ucraína. Comparando os prezos dos produtos alimenticios nas cidades de Ucraína e Bielorrusia, onde son dúas veces máis baratos, e ademais, os soldos e pensións son máis altos, un dos publicistas ucraínos exclamou: “¡Oxalá tivésemos nós eses prezos! Non, ¡sería necesario pedir a Aleksandr Lukashenko, despois do fin do seu mandato presidencial, traballar un par de anos entre nós para beneficio dos pensionistas! De paso librámonos do noso propio gabinete de ministros. ¿Con que nos pode consolar o poder? ¿Seica só con palabras baleiras sobre que en Ucraína hai democracia e en Bielorrusia non? ¿E como palpar ou sopesar esta nosa democracia ou a opción europea? ¿Que é máis importante para unha persoa sinxela: unha familia ben alimentada ou a satisfacción dos gardiáns da democracia de Washington e a UE? ¿E, en xeral, quen é patriota do seu país? ¿O que pon orde, dá traballo e pan aos seus cidadáns, ou o que fala de honor e nación, sen darse conta de como saquean o país os oligarcas e os seus compañeiros de loita? Mira por onde, os bielorrusos non tiveron nosa sorte. Non teñen oligarcas. Nin sequera millonarios. A cambio teñen que e con que comprar” (?2000?, Kiev, 16/12/2005). Este artigo, escrito desde a cidade ucraína de Zhitomir publicouse nun dos mellores semanarios ucraínos 2000, na sección “Liberdade de expresión”.

Desde logo, a democracia é algo moi valioso, e hai que loitar por ela, pero non como o entenden moitos políticos en Kiev ou en Tbilisi (capital de Georgia). Na segunda metade de marzo de 2006 saberemos que pensan achega disto os pobos ucraíno e bielorruso.

Roy Medvedev
Sovietskaya Rossia

El fenómeno bielorruso (castellano)

Publicado por Birnarem
300 lecturas • 0 Comentarios • 86 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Referencia de discount discount car insurance books el 11/12 a las 14:38

Referencia de odds of getting a royal flush seven card el 11/12 a las 22:48

Referencia de experian automotive national database el 11/18 a las 13:12

Referencia de foxwood casino bingo games el 11/19 a las 02:44

Referencia de wwwsbgglobalcasino com el 11/19 a las 23:52

Referencia de health insurance company organization structure el 11/23 a las 07:11

Referencia de cash rewards credit cards el 11/25 a las 14:08

Referencia de capital one credit card customer care payment el 11/26 a las 01:31

Referencia de alarm system mortgage el 11/26 a las 08:18

Referencia de long beach mortgage rates el 11/26 a las 16:47

Referencia de refinance no closing cost el 11/26 a las 18:09

Referencia de bills consolidation interest el 11/26 a las 23:19

Referencia de christian debt management las vegas el 11/27 a las 14:04

Referencia de flood insurance processing center el 11/29 a las 23:51

Referencia de meaning of poker cards el 12/06 a las 11:03

Referencia de uk mortgage rate el 12/07 a las 10:11

Referencia de slots for sale el 12/08 a las 19:43

Referencia de transition safeguard medicaid el 12/08 a las 21:24

Referencia de primerica life insurance policy check el 12/10 a las 00:32

Referencia de primerica family life insurance plan el 12/12 a las 10:14

Referencia de pokerstars not loggin in el 12/17 a las 12:16

Referencia de texas hold em pc game downloads el 12/18 a las 13:58

Referencia de omaha hi lo tight play el 12/19 a las 08:47

Referencia de crazy poker 24 hour toll free helpdesk el 12/19 a las 11:27

Referencia de new film with jude law and jack black el 12/20 a las 07:07

Referencia de pictures of las vegas casino satellites el 12/20 a las 12:49

Referencia de the best online payday advance programs online el 12/24 a las 09:11

Referencia de fast cash online loans el 12/24 a las 17:51

Referencia de meta bank prepaid credit cards el 12/25 a las 09:06

Referencia de no anuall fee credit cards el 12/25 a las 15:51

Referencia de studies on identity theft el 12/26 a las 13:03

Referencia de bankruptcy loan uk el 12/28 a las 09:51

Referencia de commercial car insurance california average cost el 12/31 a las 20:38

Referencia de 4kings en ligne el 01/03 a las 08:02

Referencia de ad davis small group medical insurance el 01/05 a las 22:49

Referencia de city of st louis health care plan el 01/06 a las 23:46

Referencia de consumer report frequent flyer credit cards el 01/08 a las 06:26

Referencia de chase cardmember services mastercard el 01/08 a las 16:19

Referencia de fill out credit card application for money el 01/08 a las 22:53

Referencia de poker rooms dallas tx the lodge el 01/11 a las 02:19

Referencia de poke rpi holdem el 01/12 a las 14:35

Referencia de fake money poker website el 01/13 a las 01:26

Referencia de play poker like the el 01/13 a las 05:49

Referencia de powerbet casino online el 01/15 a las 15:55

Referencia de untrin auto insurance el 01/16 a las 11:48

Referencia de social credit party history el 01/20 a las 01:17

Referencia de fico score interest rate in home el 01/20 a las 03:22

Referencia de juego en el casino frente al online el 01/21 a las 06:53

Referencia de collecting tenant debt el 01/21 a las 14:59

Referencia de business consolidation debt el 01/21 a las 18:46

Referencia de help with debt el 01/22 a las 16:57

Referencia de non profit credit debt counceling raleigh nc el 01/23 a las 02:25

Referencia de online casino and sportbook el 01/23 a las 23:05

Referencia de cash 5 odds of winning el 01/24 a las 06:18

Referencia de dbs credit card el 01/25 a las 04:31

Referencia de check fraud and identity theft el 01/25 a las 22:54

Referencia de motorcycle insurance salvage el 01/25 a las 23:49

Referencia de poker download el 01/27 a las 14:37

Referencia de casino de santander el 01/27 a las 17:45

Referencia de mastercard application el 01/29 a las 10:35

Referencia de car cheap insurance motorcycle uk el 01/30 a las 04:03

Referencia de va vs medicare el 01/31 a las 16:37

Referencia de what is health care el 02/02 a las 11:52

Referencia de 7card stud on line el 02/03 a las 21:07

Referencia de suite 332 el 02/04 a las 09:22

Referencia de life and health insurance exam definitions el 02/05 a las 20:13

Referencia de bingo games in fredricksburg va el 02/06 a las 11:36

Referencia de one time credit report el 02/06 a las 20:16

Referencia de track betting in el 02/07 a las 19:59

Referencia de become introducer unsecured loans el 02/09 a las 11:10

Referencia de credit repair credit cards el 02/09 a las 22:54

Referencia de sport betting line el 02/10 a las 15:33

Referencia de credit score united states el 02/12 a las 09:36

Referencia de all bingo games downloads el 02/13 a las 13:07

Referencia de poker texas hold up online el 02/14 a las 04:30

Referencia de homeowner insurance bait and switch tactics el 02/14 a las 16:13

Referencia de free online videopoker el 02/14 a las 20:17

Referencia de roulette casino el 02/15 a las 13:55

Referencia de poker game online el 02/18 a las 04:48

Referencia de gratis video poker nerladdning el 02/18 a las 09:30

Referencia de aetna health insurance quotes el 02/19 a las 05:01

Referencia de online poker texas hold em games el 02/20 a las 13:44

Referencia de videopoker en línea el 02/22 a las 07:50

Referencia de credit card car rental insurance el 02/23 a las 04:54

Referencia de beating slot machine el 02/25 a las 00:14

Referencia de beating slot machine el 02/25 a las 00:14

Comentarios


Comentar



Recordar datos