Regala Liberdade (obras libres e/ou gratis)
Archivado en
Propiedade Intelectual •
Fecha: 10-03-2006 00:43
Jorge Cortell ofrécenos na súa páxina un punto de referencia rápido e práctico a obras libres ou gratis, explica que é algo ao que acudir cando un:
- Non queira pagar á SGAE
- Necesite cultura, e non queira acudir aos medios tradicionais, onde “venderán” o que ás multinacionais estean interesadas en vender nese momento
- Queira doar cartos a autores e artistas, e non saiba a quen
- Queira comprobar en realidade cantos autores queren ser escoitados/vistos/gozados por riba das consideracións monetarias
- Queira comprobar como hai multitude de modelos de negocio en marcha que NON basean no cobro do soporte, ou na restrición ao acceso da obra
- Necesite recordar que non todos os autores/artistas son uns peseteros (de feito MOI POUCOS os son; outra cousa son as Sucidades de Xestión, as Produtoras, @Promotor, Discográficas,
Avogados, Managers, etc)
- Esteas farto de discográficas, sucidades de xestión, e outros chupópteros, e queiras boicotealos pero non saibas como: ¡consume obras libres!
- Queira ou necesite incorporar obras doutros á súa propia obra, ou necesite inspiración, ou unha base para unha obra derivada.*
*.- Hai que ter en conta que non é o mesmo libre que gratis.
Algo pode ser libre, e de pago.
Algo pode ser gratis pero non libre.
Algo pode ser gratis e libre.
Tede en conta as licenzas que acomapañan á maioría das obras. Hai diferenza entre Creative Commons by, sa, nd, nc, etc. Hai obras en Dominio Público. Hai obras con todo tipo de licenzas. Entendede as diferenzas e respectade a vontade do autor/artista (non todos comprenden estas diferenzas, e por suposto non todos pensan igual).
O listado será actualizado periódicamente e admítense suxestións.
Regala Libertad (obras libres y/o gratis)
Publicado por
Birnarem
200 lecturas •
0
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
Comentar