A Organización Mundial do Comercio considera que a política da EU sobre transxénicos vulnera as regras internacionais de comercio. "Amigos de la Tierra" pide unha reforma en profundidade dos mecanismos de comercio internacional
Na súa primeira sentenza, entregada onte ás partes implicadas no conflito entre EE.UU. e a UE sobre transgénicos (1), a Organización Mundial do Comercio (OMC) considera que tanto a moratoria sobre novas aprobacións de transxénicos entre 1998 e 2004, como as prohibicións nacionais que algúns Estados Membros manteñen sobre determinados organismos modificados xenéticamente, violan as regras internacionais de comercio.
Este dictame favorable aos países demandantes - EE.UU., apoiado por Arxentina e Canadá - é unha proba máis do nefasto papel dos mecanismos de comercio internacional actuais para a xente e o medio ambiente. A administración estadounidense sempre insistiu en que os produtos modificados xenéticamente son seguros e non deberían distinguirse dos convencionais nos mercados internacionais, alineando a súa postura con as empresas biotecnolóxicas. Con todo, aparecen cada vez máis evidencias do perigo dos cultivos transxénicos para o medio ambiente, a agricultura non transxénica e os pobos (2). A OMC toma partido dun puñado de empresas multinacionais e uns países, particularmente EE.UU., agresivos por impoñer en todo o mundo e con tácticas moi variadas uns produtos perigosos que a inmensa maioría dos cidadáns rexeitan.
A decisión da OMC, se se confirma despois do período de alegacións, terá graves repercusións para a UE, que estará obrigada a aprobar a importación de máis produtos modificados xenéticamente a un ritmo acelerado ou afrontar sancións económicas considerables. Coñecendo o gran rexeitamento dos cidadáns europeos a estes produtos (3) e os fortes movementos de oposición á súa entrada no mercado europeo, a sentenza da OMC é un atentado á democracia.
Pero o impacto da decisión vai moito máis alá. O caso serve de advertencia para outros países, en especial os países en desenvolvemento, mandándolles o aviso de non restringir o acceso aos seus mercados aos organismos modificados genéticamente se non queren ter que afrontar unha disputa parecida. No caso similar das hormonas bovinas, unha vez que EE.UU. iniciou unha queixa comercial na OMC contra a EU, non se prohibiron en ningún país máis.
Segundo Liliane Spendeler, coordinadora do área de biotecnología de Amigos da Terra: "É urxente revisar os mecanismos de comercio internacional e en particular de impedir que a OMC teña o poder de impoñer aos cidadáns uns produtos que non queren e cuxa inocuidade é máis que dubidosa".
Para máis información: Liliane Spendeler: 91 847 92 48 transgenicos@terra.org
Notas: (1) Para máis información sobre a disputa, ver o documento Alimentando o mundo á forza - O conflito sobre os alimentos modificados genéticamente na Organización Mundial do Comercio en www.terra.org/transgenicos/transgenicos.htm.
(2) Ver o informe de "Amigos de la Terra Internacional" ¿Quien se beneficia con los cultivos transgénicos? Monsanto y la revolución agro-empresarial de los cultivos transgénicos
(3) Las encuestas europeas demuestran que un 70% de los europeos no quieren comer alimentos transgénicos. El 54% de los europeos piensan que los alimentos transgénicos son peligrosos, con sólo el 14% en desacuerdo, segun una encuesta del año pasado.
Artículo en castellano en Rebelión