Non á suba do prezo do bus na Coruña 11/02/2006
Archivado en
Masa Crítica e mobilidade •
Fecha: 09-02-2006 20:53
A Plataforma polo Transporte Público e Sustentable de A Coruña convoca unha nova Concentración baixo o lema: NON A SUBA DO PREZO DO BUS. O vindeiro sábado 11 de febreiro de 2.006, ás 11:30, na Praza de María Pita. Durante a cal farase entrega das sinaturas recollidas nas ultimas semanas en contra da suba do prezo do bus no rexistro do Concello, con rolda de prensa.
O Concello de A Coruña subirá por enésima vez o prezo do bus por enriba da inflación: 6 céntimos (un 6,64%) fronte a unha inflación interanual en outubro de 3,5% (datos do INE).
O Concello leva anos encarecendo o transporte colectivo. Un 188% de incremento en 16 anos. ¿Porqué? ¿Acaso mellorou o servicio? ¿Ampliáronse as liñas? ¿Aumentáronse as frecuencias? Esperamos que deixe de encarecer o transporte colectivo. Que manteña o prezo conxelado en 87 céntimos en tanto a evolución dos prezos no faga que o prezo de 1990 (62 ptas.) non alcance ao prezo actual. En 2006 o bus na Coruña debería custar 67 céntimos de euro, e non 93 céntimos.
Reivindicacións da Plataforma polo Transporte Público e Sustentable da Coruña
- Que a Xunta renegocie o acordo con RENFE sobre a liña Coruña-Ferrol-Lugo, e esixa a empresa o establecemento dunhas frecuencias. É dicir, o aproveitamento da liña Coruña-Ferrol-Lugo e Coruña-Santiago como servizo de “cercanías” da comarca.
- Que as administracións recoñezan que o transporte metropolitano debe actuar como un todo urbano, integrando as diferentes liñas de buses e combinándoo co tren. Establecendo unha rede integral de transportes colectivo metropolitano, adaptando o servizo as necesidades de mobilidade da poboación. Incrementado a seguridade e a eficacia nos desprazamentos no transporte metropolitano.
- Establecemento, xa, dun verdadeiro billete combinado e único entre os diversos medos de transporte. Tren, bus, barco (por qué non).
- Establecemento de políticas de moderación do tráfico automobilístico, e de disuasión do uso do automóbil, coa creación de verdadeiros intercambiadores na periferia da área metropolitana.
- Fomento dos modos non motorizados de desprazamento, o camiñar e a bici. Incrementar a seguridade, a comodidade e a eficacia nos desprazamentos a pe e/ou en bici.
ptransportespscoruna@yahoo.es
Publicado por
Birnarem
254 lecturas •
0
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
Comentar