Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Masa Crítica, este venres (3 febreiro) na Coruña

Archivado en Masa Crítica e mobilidade • Fecha: 01-02-2006 23:57

Como cada primeiro venres de mes, o 3 de febreiro ás 20h sairá da Praza de María Pita a MASA CRÍTICA da Coruña; este encontro de ciclistas urbanos reivindica cun paseo polas rúas que a bicicleta é un medio de transporte eficaz, ecolóxico e saudable. Recordan coa súa presenza entre o tráfico que a cidade pode e debe ser algo máis que un gran circuíto con aparcamientos para o omnipresente e todopoderoso automóbil, causante da contaminación, o ruído, a invasión do espazo público, os accidentes e, en definitiva, da degradación ambiental e das condicións de vida da nosa cidade.

Coa súa marcha mensual la MASA CRÍTICA pretende que, aos poucos, este recentemente estreado século XXI comece a ser realmente a era dese ansiado desenvolvemento sostible que tanto repiten os nosos políticos e economistas, pero que tanto se empeñan en atrasar. Porque como dixo Edmund Burke, "ninguén comete maior erro que aquel que non fai nada porque só podería facer un pouco".

Invitámosvos a participar.

Masa Crítica Coruña: ¡¡¡ Participa !!!

Publicado por Birnarem
267 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos