Para os que esteades algo desconectados de cómo se move o comic galego, David Rubín é unha das súas grandes promesas. Co pulo da animación e o camiño xa andado polo máis internacional dos nosos artistas (Miguelanxo Prado) a tira galega xa é algo máis que unha prometedora canteira de debuxantes, é unha realidade.
Un novo paso hacia diante é a publicación da primeira obra longa de David Rubín, "El Circo del Desaliento", por Astiberri Ediciones. Os impacientes coma mín, non poderedes esperar á próxima saída do libro en galego, unha mágoa. Esperemos que as próximas publicacións deste magnífico autor saian simultáneamente na lingua orixinal (galego) e en castelán.
Tedes unha moi boa entrevista a David Rubín na páxina Album06 (por certo moi recomendable esta páxina).
Atrás quedan os anos de ouro de Miguelanxo Prado, un dos meus autores favoritos, e para mín a súa obra mestra: "Trazo de tiza". Pero o grande Miguelanxo todavía ten moito que dicir, e proba diso é o seu ambicioso proxecto de facer unha película de animación con debuxos realizados enteramente por él, e nesas está inmerso. De Profundis Está previsto o seu estreno para finais de 2006, mmm, que impaciencia.
Por certo, para os que ainda non coñezades o traballo de Miguelanxo Prado (parece mentira!!!) podedes baixar en PDF a súa obra A Mansión dos Pampín.
E aquí vai outra recomendación: Freda, de Kike Benlloch (guión) y Alberto Vázquez (debuxo), unha interesante historia de amor co fenómeno social da emigración de transfondo. Moi recomendada.
E para terminar e para que esteades máis atentos ás novas publicacións e novidades, recomendo as seguintes páxinas:
DB Banda
Album06
Guía del Comic
La Carcel de Papel