Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

¡¡¡ Comparte Wifi !!!

Archivado en Opinións, delirios e reflexións varias • Fecha: 27-01-2006 10:27

Navegando navegando, sempre atopas cousiñas interesantes por ahí, non sempre tanto como para facer un post por aquí, pero de cando en vez non está mal informar de páxinas de grande utilidade coma esta.

A colaboración, ou compartir cousas para o seu uso era algo habitual no mundo non tantos anos atrás. En Galiza tamén. Dende prestar un animal para que un prado non quede a monte ou para arar as patacas, ata o uso compartido dos muíños, ...

Pero hoxe en día, a sociedade capitalista, individualista e estresante, fixo de nos uns autistas que non coñecemos nin ao veciño de enfronte, como para compartir cousas ou colaborar nalgo. Mellor o temos gardado por se acaso que compartilo, regalalo ou prestalo.

Pero de repente xurde internet, e non so iso, senón que progresa dunha forma alucinante, ampliando posibilidades, entretecendo lazos de comunicación entre a xente, ... Por suposto que non podemos quedarnos con iso, o importante é o trato persoal, o contacto, ... pero é un instrumento primordial de coñecemento, de primeiro contacto con persoas afíns, de mantemento de relacións separadas en kms, ...

Ben, vexamos unha situación hipotética. Supoñamos que non tes conexión de Internet na casa, paréceche pagar moito para o pouco tempo que tes para usala, ou tes Internet na casa pero gostas de traballar na biblioteca co portátil e de cando en vez non estaría de máis poder consultar algún dato na rede.

Supoñamos outro caso, tes internet wifi, estás contento co servizo, pero decátaste que a conexión ten un ancho de banda que non sempre utilizas a tope, ou estás en casa tan só pola tarde, e pola mañá non podes aproveitar a conexión de tarifa plana.

Pois en esta páxina (http://www.sharemywifi.com)
quizais atopes unha solución para todo isto, e paréceme unha forma de colaborar o compartir moi interesante. A idea consiste en deixar unha mensaxe, tanto se solicitas conexión como se ofreces, utilizando os tags de google maps para situar xeográficamente ao solicitante ou oferente. O acordo entre eles realízase a través dun formulario da páxina dispoñendo de correo electrónico, e o trato é completamente libre, pódese ofrecer gratis, a cambio de compartir o gasto, a cambio dunha invitación a cenar de cando en vez, a cambio de axuda para pintar a habitación, ... (a imaxinación ao poder)

Poden darse situacións como o descrito en Kriptópolis:

Non tes conexión a Internet na casa, pero acendes ao portátil e atopas un punto de acceso wireless co nome "Alicia".

Uhmm... pero "Alicia" utiliza WEP, así que non está permitido entrar polas boas. Entonces vas a http://www.sharemywifi.com, buscas na súa base de datos e atopas que "Alicia" figura na lista de conexións que ofrecen ser compartidas. Non é gratis (Alicia non é feliz pagando as facturas), pero está disposta a deixarche entrar a cambio dun bo biscoito recen orneado.

Tí es unha figura facendo biscoitos, así que pídeslle a Alicia compartir contigo a súa conexión. Esa mesma tarde levas o biscoito a súa casa e... o demais é historia ;)

De momento está estendida en EEUU, e pouco por aquí, pero todo é dala a coñecer ¿non? Por certo, hai unha persoa en Coruña disposta a compartir gratis a súa conexión a Internet:

Location Lat: 43.30119623257966 Long: -8.2177734375
Created 01/24/2006 SSID JPT.MORAGAS
Type open Speed: cable
Sharing terms: donation
Comments: La red es de 100K de erre, asi que seria solo para internet, ni emule ni otros del estilo. EL PA está en Dr.Moragas, en cuatrocaminos


http://www.sharemywifi.com

Publicado por Birnarem
300 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos