Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Traballadores españois dos máis explotados de Europa

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 20-01-2006 13:15

Os traballadores españois do sector privado gañan un 33% menos que os da UE-15, pese a traballar 11 horas máis ao mes e ter dous días menos de vacacións anuais pagas, segundo datos de Eurostat, a Oficina Estatística da Comisión Europea, aos que tivo acceso Servimedia.

Estes datos figuran nun exhaustivo estudo titulado "Gross Earnings in Europe" (Ingresos brutos en Europa), que compara as condicións de traballo dos países da UE-15 e da UE-25 en 2002, coa información actualizada e xa dispoñible en euros para todos eles a mediados de 2005.

O estudo, segundo os seus autores, é o resultado de catro anos de traballo e "representa unha fonte de información dunha riqueza única sobre os ingresos en Europa, o que é cada vez máis importante como material para articular políticas, especialmente para supervisar o crecemento económico e a cohesión social".

Segundo Eurostat, os ingresos brutos anuais (antes de deducións fiscais e de Seguridade Social) dun traballador da industria e os servizos en España eran dunha media de 21.063 euros, un 33,5% menos que a media da UE-15, que se situaba en 31.675 euros, e un 25% menos que na UE-25, onde alcanzaba os 28.024 euros.

Ese notable diferenza de ingresos prodúcese pese a que os traballadores españois traballan unha media de 183 horas ao mes, fronte a 172 da UE-15 e 173 da UE-25, incluíndo en todos os casos as horas extras.

Ademais, os traballadores españois gozaron dunha media de 22,8 días de vacacións anuais pagas, fronte a 25,4 da UE-15 E 25,1 da UE-25.

Todos estes datos parecen indicar que a converxencia de condicións de traballo con Europa está sendo máis complicada que a do PIB per cápita, terreo no que España atópase xa practicamente ao nivel da UE-25.

En todo caso, a información dispoñible sobre salarios brutos anuais indica que os traballadores españois gañan a metade que os que máis ingresan, que son os daneses, con case 42.000 euros ao ano.

Os soldos españois, iso si, triplican amplamente a media pagada nos novos países socios da UE, que son especialmente baixos nas ex repúblicas soviéticas de Lituania (4.097 euros) e Letonia (3.616 euros). Pero só en dous países da UE-15, Grecia e Portugal, gáñase menos que en España.

Máis sorprendente resulta que en España se traballen máis horas que na media dos dez novos países da UE (183 horas ao mes fronte a 181).

En Francia, o país máis afortunado neste terreo, trabállanse 153 horas ao mes, 30 menos que en España, pero é que non hai un só país da UE-15 no que se traballen máis horas que no noso. O segundo en que se botan máis horas é Italia, con 182 mensuais, e o terceiro Bélxica, con 179.

Francia é tamén o país máis xeneroso na concesión de vacacións anuais pagas, 30,9 días de media por traballador, oito máis que os españois, e o dobre que lituanos e letóns, agora socios da UE, que son os que menos teñen.

Diferenzas por sexos

A investigación de Eurostat pon de manifesto, doutra banda, as diferenzas salariales entre homes e mulleres, e mostra que no conxunto da UE-15 as mulleres cobran un 23,2% menos por hora traballada e na UE-25 un 24,6%.

En España, o desfase salarial é algo maior, do 25%, aínda que resulta menor que en varios socios comunitarios que empezaron moito antes a integrar á muller no mercado laboral, como é o caso de Gran Bretaña (30,3%).

Os técnicos de Eurostat avisan, ademais, de que estas cifras só miden as diferenzas salariales, sen poder determinarse en que medida responden a discriminacións de xénero ou simplemente ao desempeño de tarefas diferentes.

Así, poñen como exemplo que nalgúns países as mulleres empregadas no sector da construción cobran máis que os homes, non porque haxa ningunha discriminación cara ao varón, senón porque ocupan tarefas administrativas máis cualificadas.

Son datos suficientemente claros, pero aínda poderían ser máis contundentes se tiveramos en conta as horas extra non remuneradas, práctica habitual nas empresas españolas que incrementarían enormemente o número de horas traballadas ao mes.

Resulta preocupante o dato comparativo do PIB per cápita e os ingresos medios por traballador. O PIB per cápita incrementouse nestes últimos anos para situarse a un nivel similar ao resto da UE, pero non así os ingresos dos traballadores. ¿Onde van eses cartos? ¿Sorprende a enorme expansión recente das grandes multinacionais españolas? ¿A quén pertencen os enormes beneficios que permiten esta expansión? ¿A quen beneficia esta expansión? Temos múltiples exemplos: Telefónica, Repsol, os bancos e caixas, Inditext, ...

A economía española crece, pero nós cada vez vivimos peor, con demasiadas horas de traballo e poder adquisitivo cada vez máis baixo. Estupendo.

Publicado por Birnarem
260 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos