Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Especulación urbanística no norte da Península Ibérica

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 18-01-2006 15:54

O sur e o levante español está sobreexplotado, xa case non quedan espazos libres de hoteis, apartamentos, chalés de luxo, ... Como exemplo podemos mencionar a costa Malagueña (Málaga, Nerja, Torremolinos, Benalmádena, Fuengirola, Marbella, ...), onde existe o maior número de infraccións da lei de costas de todo o estado español.

O crecemento desordenado de urbanizacións, hoteis, campos de golf, ... salpican a paisaxe da costa española. As consecuencias son: deterioro medioambiental (perda de espazos naturais, contaminación, esquilma de recursos, ...), baixada da calidade de vida, incremento imparable dos prezos das vivendas, incremento dos gastos municipais e autonómicos, ...

Pero a explotación da costa Mediterránea xa non da máis de si, non existe máis espazo, e as fauces das inmobiliarias de todo o estado miran cara o norte. O modelo (pese a demostrarse que é deprerador, agresivo e inviable) pretende ser o mesmo que esnaquizou a costa levantina e andaluza. Co beneplácito dalgúns políticos e saltándose impunemente calquera tipo de consideración legal, ambiental ou moral o capitalismo salvaxe intenta invadir a nosa costa.

Na Galiza estamos empezando a notar esa ameaza, por sorte o goberno galego quere tomar algunhas medidas ao respecto (menos mal que botamos a tempo aos caciques do goberno do país). Aínda así á alerta é máxima e compre estarmos atentos xa que esta xente está especializada en saltarse a lei, e así o demostran os últimos acontecementos de Gondomar, onde os membros do BNG que están denunciando que simplemente non se cumpre a lei en materia de urbanismo están sendo ameazados, e recentemente sufriron a queima dos seus vehículos persoais. O preocupante non só é que queimen un coche a un cargo dun grupo político que non goberna nese municipio, senón tamén polo feito de que non queiran queimar o coche do alcalde ou da corporación municipal que goberna.

Queman dos coches de otro cargo del BNG en su casa de Gondomar
Sabía que tarde o temprano tenía que pasarme algo así
Queman los coches de un edil contrario a la especulación urbanística

Pero non só aquí estamos ameazados de proxectos deste tipo. En Asturias a presión tamén é enorme, e os enormes complexos con campos de golf incluído están empezando a ameazar á costa asturiana. Este artigo de Asturias Verde pode abrirnos os ollos do que supón esta expansión.


As urbanizacións e os campos de golf ameazan a costa asturiana

1-- ¿Porqué interesa asociar un campo de golf a un proxecto urbanístico?

Segundo os expertos ter un campo de golf asociado a unha urbanización supón poder vender as vivendas un 30% máis caras. Está afirmación non só está avalada polos expertos; senón que nos cursos especializados para xestores inmobiliarios inclúen capítulos e talleres de traballo sobre o tema.
Exemplo

Outro exemplo:
“Moitos compradores viron nas vivendas vinculadas ao golf un negocio con alta rentabilidade. Aproximadamente, o 30% das adquisicións realízanse como investimento. Durante 2003 e o primeiro trimestre de 2004 -últimos datos dispoñibles- a revalorización media destes inmobles foi dun 25% anual, segundo Aymerich Golf Management”.
Artigo completo

Os campos de golf pódense incluír nos plans urbanísticos como equipamento deportivo. Ademais no litoral ofrecen a vantaxe de poder ocupar as primeiras liñas de costa, onde por lei estaría prohibido construír vivendas. Desta forma a estratexia dos especuladores é utilizar a franxa da costa para o campo de golf, unha segunda liña ocupada por chales e hoteis de luxo e unha terceira a máis afastada da costa e a menos conflictiva legalmente, ocupada por edificios de apartamentos.

2-- ¿Cantos litros de auga consome un campo de golf?

Existen moitos datos sobre o consumo de auga dos campos de golf no mediterráneo, entre outras cousas porque eses territorios foron os primeiros en padecer este tipo de destrución do patrimonio do litoral. Pero os promotores e algúns políticos adoitan sorrir ante devanditos datos e sacan a relucir o tópico de: “pero en Asturias chove moito máis que no mediterráneo”.

¿Canta auga consome un campo de golf en Asturies?

A resposta é que en Asturies chove algo máis; pero non o suficiente; porque un campo de golf asturiano necesita nin máis nin menos que un millón de litros diarios. Estamos falando do campo de golf municipal de Lloreda e os datos son da propia “Empresa Municipal de Augas”. Este campo pode servir como exemplo a todos os demais que se proxectan en Asturies. É un campo de dezaoito buratos, asociado a un restaurante e un hotel de luxo. E o citado millón de litros son consumidos nunha xornada de rego normal.

O metro cúbico de auga en Gijón costa a 45 céntimos (tarifa para consumos de máis dun metro cúbico); polo que, e sen ter en conta que poida existir algún pacto de amigos entre o concello e CADASA (Consorcio de Augas de Asturias), resulta que manter un campo de golf en Asturies custa 450 euros diarios, 164.250 euros anuais, só de auga.

En Asturies consómense 130 litros diarios por fogar (datos 2003 INE Instituto Nacional de Estatística). É dicir un campo de golf de 18 buratos consome en auga o mesmo que 7.692 fogares. Por poñer un exemplo concreto, o proxectado campo de golf e urbanización de Peroño (Gozón) consumiría máis auga que toda a vila de Luanco (5.132 habitantes). ¡¡¡ E no entorno de Luanco hai proxectos para 8 campos de golfe as súas respectivas urbanizacións !!!

3-- ¿Un campo de golf supón un beneficio social para o concello onde se instala?

Beneficios privados, duns poucos, haberaos, como xa queda demostrado no punto 1º; pero a pregunta que debemos facernos, é se supoñen un beneficio ou polo menos non son un lastre e un prexuízo para o conxunto da sociedade.
Existe un problema que deben afrontar as arcas públicas municipais e é o da construción, instalación e mantemento de novos servizos. E trátase dun problema enorme.

Volvendo ao exemplo de Luanco, a soa construción do campo de golf de Peroño sen contar coa urbanización, significaría duplicar a capacidade da rede de abastecimiento de auga. E ademais no caso de Peroño está a uns 70 metros de altura sobre a vila, cun gasto extra de bombeo. A iso debemos engadir todas as infraestructuras e servizos cos que hai que dotar a unhas urbanizacións, que non supoñen un aumento da poboación fixa e que no seu maior parte só estarán ocupadas algúns meses ao ano.

En Asturies o aumento exponencial do consumo de auga obrigaría a forzar os acuíferos, xa moi tocados, da zona central ou a suscitarse proxectos de destrución de vales coa construción de pantanos, como o caso de Caleao.
Ironías da especulación, a destrución da costa pode levar á destrución de vales na cordilleira.

4-- ¿Quen costeará o gasto?

Algúns concellos costeiros empezaron a ver o que se aveciña e a reclamar calquera formula ou imposto que poidan axudarlles a afrontar os gastos futuros. A Esquerda aposta por versións dos “impostos verdes” e o Partido Popular este pasado verán ha clamado por “fórmulas de compensación aos municipios costeiros”.

A realidade é evidente, salvo que se descubra unha fabulosa nova fórmula de recadación, os que soportarán o custo das novas infraestructuras e o seu mantemento serán os veciños e fundamentalmente os veciños residentes, non os que habiten chales e apartamentos.

Algúns concellos xa tiveron que recoñecer abertamente que as urbanizacións asociadas aos campos de golf “produciría un aumento dos impostos municipais”.

Un exemplo é o “Estudo de impacto medioambiental do sector residencial Segària-Vinyals no termo municipal de Ondara”, en Alicante. Trátase dun proxecto típico, moi parecido aos asturianos, de 1.954 vivendas e un campo de golf na partida de Vinyals aos pés de Segària. Nos documentos do informe de impacto a administración tivo que recoñecer a realidade, as urbanizacións asociadas a campos de golf supoñen un aumento dos impostos municipais.

5-- ¿Existen campos de golf respectuosos coa natureza?

“O Goberno rexional debería obrigar aos promotores a comprometer a continuidade da instalación durante polo menos quince anos porque se non pode que se vendan chales co tirón do campo e unha vez que estean vendidos quede en nada”.

Este temor non foi expresado por un ecoloxista, senón por Silverio Castro, vicepresidente da Federación Asturiana de Golf, nunha entrevista á “Nueva España”.

Á pregunta de se existen campos de golf respectuosos co medio ambiente, podemos dicir que por suposto. Un exemplo sería o campo de Quijorna en Madrid. Ou bastaría con seguir as indicacións de la “Unidade Ecolóxica da Asociación Europea de Golf” unha organización avalada pola Comisión das Comunidades Europeas. Pero o que se propón non son nin instalacións deportivas de elite, nin se busca respectar o medio ambiente. Os proxectos asturianos, e tal como teme ata o propio vicepresidente da Federación Asturiana de Golf, son un mero engadido para especular, aproveitar un terreo que non pode ser urbanizado e aumentar o peto duns poucos cuns beneficios dun 30%.

Cos nosos máis Naturais saúdos.
Antonio Rodríguez Dosantos
Portavoz.
http://www.asturiasverde.com
Asoc. GREEN

Actualización: Campos de golf: negocio de poucos, ruína de tod@s (Adega)

Publicado por Birnarem
535 lecturas • 5 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Primero os pido disculpas por no saber expresarme en vuestra lengua, me encantaría dominar una lengua tan hermosa.En segundo lugar os cuento el motivo de mi preocupación.Hace unos meses me enteré de que mi entidad bancaria,famosa en la Comunidad Valenciana,utiliza el dinero de sus clientes para promover viviendas de lujo con campos de golf,parcelas en plena sierra,....No sé realmente a quién acudir para informarme, por eso os escribo con alguna esperanza de que igual sepais algo sobre qué entidad bancaria está más limpia de pecado.Mi finalidad es boicotear estas iniciativas retirando mi cuenta.Soy consciente de que la pregunta es difícil.Muchas gracias.

    MAITE — 06-02-2006 13:55:00

  2. Comentario en castellano ao final:

    Tes moita razón Maite, a túa pregunta é realmente difícil de contestar. En primeiro lugar entendo que por definición sempre será millor gardar os nosos cartos nunha Caixa antes que nun Banco, por ser entidades sen ánimo de lucro, ainda que moitas veces isto non garanta que se cometan outro tipo de abusos, como a participación de "La Caixa" en multitude de proxectos en Latinoamérica que degradan o medioambiente ou lesionan os dereitos dos indíxenas propietarios das terras onde se levan a cabo eses negocios.

    Partindo dese principio, o escoller unha ou outra opción dependerá da información de que dispoñas, eu niso non te podo axudar, non teño demasiados datos, pero podo darche algunhas ideas.

    Sempre é bo se te das de baixa nunha empresa (neste caso un banco) explicar por escrito os motivos da túa baixa, e envialos a varias direccións dentro da empresa, para deixar constancia do que pensas e para presionar dalgún modo. O ideal sería formar un grupo de persoas que movan os cartos a onde lles presenten maiores garantías de que os cartos non son empregados con fins antisociais, antiéticos, antiecolóxicos...

    Pola túa zona tes unha boa alternativa a parte dos teus cartos: a Coordinadora de Colectivos del Parke Alcosa (municipio de Alfafar, afueras de Valencia), exemplo de autoxestión dos servicios públicos (entre outras cousas) con 20 anos de experiencia en Acción Social, Formación e Creación de Emprego. Agora están en dificultades pola negativa da administración para adiantar o destinado a catro cursos formativos levados a cabo, polo que emiten bonos solidarios para facer fronte a esta situación e que se devolverán cando o Servef pague. Mándoche un enlace para que consultes máis datos: http://www.cgt.es/modules.php?name=News&file=artic...

    ------------
    (castellano)

    Tienes mucha razón Maite, tu pregunta es realmente difícil de contestar. En primero lugar entiendo que por definición siempre será mejor guardar nuestro dinero en una Caja antes que en un Banco, por ser entidades sin ánimo de lucro, aunque muchas veces esto no garantice que se cometan otro tipo de abusos, como la participación de "La Caixa" en muchos proyectos en Latinoamérica que degradan el medioambiente o lesionan los derechos de los indígenas propietarios de las tierras dónde se llevan a cabo esos negocios.

    Partiendo de este principio, escoger una u otra opción dependerá de la información de que dispongas, yo en eso no te puedo ayudar mucho, no tengo demasiados datos, pero podo darte algunas ideas.

    Siempre es bueno si te das de baja en una empresa (en este caso un banco) explicar por escrito los motivos de tu baja, y enviarlos a varias direcciones dentro de la empresa, para dejar constancia de lo que piensas y para presionar de algún modo. Lo ideal sería formar un grupo de personas que muevan su dinero a dónde les presenten mayores garantías de que el dinero no es empleados con fines antisociales, antiéticos, antiecológicos...

    Por tu zona tienes una buena alternativa para parte de tu dinero: la Coordinadora de Colectivos del Parke Alcosa (municipio de Alfafar, afueras de Valencia), ejemplo de autogestión de los servicios públicos (entre otras cosas) con 20 años de experiencia en Acción Social, Formación y Creación de Empleo. Ahora están en dificultades por la negativa de la administración para adelantar lo destinado a cuatro cursos formativos llevados a cabo por ellos, y es por eso que emiten bonos solidarios para hacer frente a esta situación y que se devolverán cuándo lo Servef pague. Te mando uno enlace para que consultes más datos: http://www.cgt.es/modules.php?name=News&file=artic...

    Birnarem — 06-02-2006 23:53:23

  3. Comentari en castellà més avall.

    Moltes gràcies per la teua ajuda tan ràpida.La tindré en compte i consultaré l´enllaç.L´entitat de la que parlava és Bancaixa.Per això està clar que les caixes no sempre son menys perilloses.Hi ha vegades que les seues obres socials són taps . Cal tindre en compte el que fan de bó però més important és encara el que no fan de dolent.
    Tan sols m´ha quedat un dubte;quan parlaves de "La Caixa" .Et referies a la de Catalunya o a la de Gal.licia?

    Muchas gracias por tu ayuda.La tendré en cuenta y consultaré el enlace.
    La entidad de la que hablaba es Bancaixa.Por eso queda patente que las
    cajas no siempre son menos peligrosas.A veces sus obras sociales son tapaderas.Hay que tener en cuenta lo que hacen de bueno, pero aún más importante es lo que no hacen de malo.
    Sólo me ha quedado una duda;cuando hablabas de "La Caixa" no sé si te referías a la de Calaluña o a la de Galicia.

    MAITE — 07-02-2006 13:51:42

  4. La Caixa ha sido una de las empresas españolas beneficiaria en la reconstrucción de Irak

    La Obra Colonial-Solidaria de “La Caixa”

    O novo colonialismo español / El nuevo colonialismo español

    Birnarem — 09-02-2006 21:17:36

  5. Moitas gracias.Moltes gràcies.

    MAITE — 13-02-2006 17:09:23


Comentar



Recordar datos