Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

I Festival Galego de Cabaré en Oleiros (febreiro 2006)

Archivado en Participa na Coruña • Fecha: 13-01-2006 10:43

O primeiro festival galego dedicado ao Cabaré vaise celebrar en Oleiros do 20 ao 25 de febreiro e non só ofrecerá espectáculos senón tamén obradoiros e conferencias de carácter divulgativo para abordar de xeito o máis completo posíbel o tema do "cabaré como xénero". No festival participarán xentes do cabaré galego como Chévere, Manicómicos, Pepa&Davide, Mariclown, Gabriella Sacaúntos, Belmondo ou Yoni Medio Gramo. Organiza o Andar Criativo Terceiro Pé en colaboración co Concello de Oleiros.

O FESTIVALE

O Festival Cabaré Oleiros 2006, unha proposta de colaboración entre a Asociación 3º Pé Andar Criativo e as Concellalías de Turismo, Normalización Lingüística e a Nova Fábrica do Concello de Oleiros celebrarase entre os días 20 e 25 de febreiro de 2006.

Estará composto por diferentes espectáculos e actividades nas que tentaremos ser completos de cara a abordar o tema do cabaré como xénero.

Dado que estamos a falar da temporada de Inverno proxectaremos a parte de espectáculo só para o fin de semana, é dicir venres e sábado, de cara a ofrecer actos máis completos en canto a contido e con éxito de cara á asistencia de público.

Os aspectos formativos e divulgativos do Festival completarán os primeiros días da programación, dándolle sentido e contido ao noso Festival.

ASPECTOS FORMATIVOS

Un dos atractivos fundamentais do festival estará na programación dun obradoiro formativo de cara actores, actrices, bailaríns ou bailarinas e xente interesada no mundo do cabaré e no que sexan abordados os aspectos escénicos, coreográficos, interpretativos, de atrezzo ou históricos do mundo do cabaré.

O Obradoiro de cabaré terá lugar entre o luns e o venres da semana anterior ao festival, en horario de 16:00 a 20:00 horas, na última planta da Casa da Cultura de Perillo, e ao remate do mesmo os e as alumnas do mesmo terán a oportunidade de amosar nun dos espectáculos algún dos aspectos traballados no mesmo (ben un número coral ou unha serie de monólogos ou unha ambientación “de sala” ).

O aforo solicitado é un mínimo de 10 e un máximo de 15 persoas. A matrícula do mesmo será da orde de 60 € por alumno. A matrícula poderá formalizarse no teléfono 666014494 ou no enderezo electrónico info@terceirope.com

ASPECTOS DIVULGATIVOS

Como complemento ao programa de formación pero dun xeito totalmente aberto ao público interesado no tema teremos un ciclo de tres conferencias nas que percorreremos algúns dos aspectos máis interesantes na historia do xénero en Galiza:

  • Martes 21 de febreiro: O Cabaré en Galiza

    Patricia de Lorenzo, membro do grupo de teatro Chévere contaranos a traxectoria do seu grupo e a súa traxectoria persoal no mundo do Cabaré, ao mesmo tempo que proxectará algún dos pases da súa compañía, unha das primeiras en facer Cabaré en Galiza.

  • Mércores 22 de febreiro: O Cabaré dende dentro

    O grupo de Cabaré Manicómicos falaranos da Montaxe “Feeling x Feeling” que se levou a cabo dentro do curso de cabaré impartido por Ángel Burgos en xuño do 2005. Ademais de falar do cabaré dende dentro proxectarán imaxes e algún pase de dita montaxe, presentada no Fórum metropolitano o sábado 9 de xuño de 2005.

  • Xoves 23 de febreiro: O Cabaré Galego

    Pepa Yáñez e Davide Salvado contarannos a súa aposta particular “Unha noite no muíño”, un espectáculo non que fusionan o mundo tradicional e o mundo do cabaré.

    Todas estas charlas poden ter lugar na Fábrica ás 20:30. Formarán parte tamén do obradoiro de Cabaré. Por un lado garantimos un mínimo de aforo e por outro complementamos o aspecto formativo co divulgativo. Entre o martes e o xoves da programación.

OS ESPECTÁCULOS

Como xa comentamos limitarémonos a programar espectáculos nos dous últimos días da programación, de cara a densificar os mesmos e que sexan espectaculares e de cara a garantir a asistencia do maior número de xente.

Trátase de dúas festas temáticas relacionadas co mundo do cabaré... a primeira denominada “Cabaré na Fábrica” e a segunda chamada “Femme Fatal”. A primeira montaxe será presentada no Auditorio da Fábrica e a segunda no Auditorio de Mera.

En ambos espectáculos o local será sonorizado e decorado, contando con figurantes que fagan ambientación “de sala”.

As dúas festas darán comezo ás 23:00 h do venres e sábado, respectivamente. Contarán cunha presentadora por día, diferentes números (corais, teatrais e humorísticos) e actuacións.

As festas serán temáticas. A do primeiro día recreará unha viaxe imaxinaria por Galiza e a do segundo día centrará a temática nas malas pécoras.

  • Cabaré na Fábrica

    Trátase dun espectáculo en tres partes. A primeira e segunda parte trátase da primeira montaxe do grupo de Cabaré Manicómicos concebida especialmente para presentar neste festival o venres 24 de febreiro.

    A montaxe “Galician Express”, recreará unha viaxe imaxinaria por Galiza nun tren tamén ficticio, o “Galician Express”. Ao longo de diferentes paradas polo noso país os case 15 compoñentes desta compañía falarannos, en clave musical e cómico de temas como o conflicto lingüístico en A Coruña; o estraperlo en Valença do Minho; as tractoradas en Lugo; a choiva en Santiago; o narcotráfico en Arousa ou o ambiente en Vigo. Unha montaxe realmente espectacular no que a Nova Fábrica será convertida nunha gran estación de ferrocarril.

    A terceira parte desta noite será posta en escena polo grupo “Mariclown” e o seu número “A vida de Rosa”, unha fusión entre o clown, o musical e o Cabaré.

  • Femme Fatale

    Será o II Festival de Monólogos sobre Malas Pécoras do Andar Criativo, e co que fecharemos o Festival Galego de Cabaré. Unha festa pola que pasarán grande artistas do novo Cabaré Galego como “Pepa e Davide” ; Enma Silva “Gabriela Sacaúntos”, Juanillo Esteban “Yoni Mediogramo” ou Marta Pazos “Lola Mento”.

    A festa contará coa amenización musical en directo do grupo “Detour” de Iria Piñeiro, transformistas como Ramón Hermida “Pia de Tolomei” ou as corrosivas “Super Preñadas”, e número aéreos de trapecio e telas como os de Pachi Picallo ou En desequilibrio.
    Ademais disto a festa contará con números corais e monólogos curtos presentados ben dende o Obradoiro do Cabaré coma da Aula de Teatro do Andar Criativo.


CALENDARIO

LUNS 13 -VENRES 17
16:00-20:00 Obradoiro de Cabaré

LUNS 20
12:00 Rolda de Prensa-Performance.

MARTES 21
20:30 Conferencia: Patricia de Lorenzo. O Cabaré en Galiza

MÉRCORES 22
20:30 Conferencia: Grupo de Cabaré Manicómicos. O Cabaré dende dentro

XOVES 23
20:30 Conferencia: Pepa Yáñez e Davide Salvado. O Cabaré Galego

VENRES 24
23:00 Espectáculo: “Cabaré na Fábrica”

SÁBADO 25
16:00 Ensaio Xeral
23:00 Espectáculo: Femme Fatale


Terceiro Pé
Concello de Oleiros

Publicado por Birnarem
2207 lecturas • 1 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Very good site with a lot of useful information: buy alprazolam
    phentermine

    None — 10-04-2007 05:42:04


Comentar



Recordar datos