Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Crean en Suecia un partido para a abolición da propiedade intelectual

Archivado en Propiedade Intelectual • Fecha: 10-01-2006 17:32

Os partidarios en Suecia dunha despenalización da descarga de películas, música e videoxogos a través de internet formaron un partido de cara ás eleccións lexislativas do próximo mes de setembro. "Participaremos nas eleccións xerais este outono", declarou a AFP Rickard Falkvinge, xefe do Pirat Partiet.

Na súa páxina web (Pirat Partiet), aberta o 1 de xaneiro, este partido aclara que o único tema da súa campaña electoral será "a abolición da propiedade intelectual" e a discriminalización do intercambio de ficheiros na Rede. Engade no seu manifesto que o partido está en contra de que os países en desenvolvemento pasen fame porque os desenvolvidos non compartan a propiedade intelectual.

O Pirat Partiet anuncia que loitará contra a lei de propiedade intelectual que actualmente rexe en Suecia, e que non obedecerá ningún tratado ou política que obstrúa o libre fluxo de información. Ademais, rexeitan que se permita a retención de datos baseada en demandas do terrorismo ou modelos de negocio impostos pola RIAA.

Preto dun milleiro de persoas dunha poboación total de nove, segundo as estimacións, comparten en Suecia fichei
ros, pese a unha lei promulgada fai sete meses para combater esta forma de piratería en internet.

Unha petición sobre o seu sitio de internet recibiu xa case 5.000 firmas, cando en Suecia fan falta 1.500 para participar nas eleccións.

"Esperaba unhas 20 firmas por día, pero tivemos 2.000 nunhas 18 horas despois do lanzamento e logo de 24 horas tiñamos a 300 persoas declarándose desexosas de participar activamente no partido", afirmou Falkvinge.

Un partido nacional debe obter polo menos o 4% dos sufraxios (225.000 votos) para acceder ao Riksdag, o Parlamento unicameral de 349 deputados onde a esquerda ten agora mesmo a maioría co Partido Social-Demócrata, que goberna, os Verdes e o Partido de Esquerda (ex comunistas), que lle apoian.

Pirat Partiet

Non teño todavía unha opinión formada sobre este movemento e o que supón, pero en calqueira caso será cando menos un toque de atención aos partidos convencionais para que deixen dunha vez de intentar criminalizar á maioría da poboación, en defensa do interés duns poucos.

Publicado por Birnarem
226 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos