A Universidade de Michigan prohibe a venta de Coca-Cola
Archivado en
Novas Quentiñas •
Fecha: 03-01-2006 12:45
Unha forma ás veces efectiva de presionar a unha multinacional é na súa propia casa, onde ten a súa orixe e normalmente máis vendas. Este e o caso da Universidade de Michigan (EE.UU.) e Coca-Cola.
Por aquí temos algunha que merecería seguramente un estudio pormenorizado e independente das súas prácticas. Non pretendo comparar Inditext con Coca-Cola, pero o que sí é certo e que a compañía de Amancio Ortega ten un negro historial de explotación na Galiza e agora fora dela (India, Marrocos, ...). É certo que outras compañías do mesmo sector gozan tamén dunha dubidosa reputación (Mango, El Corte Inglés, Nike, ...), pero iso non xustifica o comportamento da compañía galega.
Estamos fartos de que en contra de reprobacións, a compañía non reciba máis que loubanzas no noso país. E mentres o seu dono di que non sabe que facer con tantos cartos que ten e adícase a mercar media cidade da Coruña ou a invertir noutras empresas de dubidosa reputación.
O caso de Michigan é tan só un exemplo de que se pode facer fronte e presentar batalla fronte á impunidade das multinacionais, ¿cómo rematará o enfrontamento? ¿lograrán os seus obxectivos? O que está claro é que paga a pena loitar por un mundo millor.
Os responsables da xerencia da Universidade de Michigan (Estados Unidos) prohibiron en todas as dependencias e sedes da institución académica a venda de Coca-Cola por presuntos vínculos con grupos paramilitares en Colombia. Polo menos en nove facultades de devandita Universidade tomouse esta medida.
A decisión produciuse tras unha queixa presentada o pasado ano por unha organización de estudantes, 'Students Organizing for Labor and Economic Equality', sobre a igualdade laboral e económica desta empresa en Colombia e as súas suposta vinculación con grupos paramilitares. O grupo acusou a Coca-Cola de atemorizar aos líderes sindicais por medio de grupos de paramilitares que forman “escuadrones da morte”. Existen incluso casos de mortes violentas sen esclarecer de sindicalistas en Colombia.
Outra acusación refírese ao uso da auga do subsolo noutros países como India, onde existen problemas de contaminación da auga e sequía, que están agudizándose gravemente pola agresiva implantación de fábricas da compañía norteamericana. Existen tamén denuncias a Coca-Cola por distribuir bebidas cun alarmante contido en pesticidas pola utilización de auga contaminada para a elaboración das mesmas.
Pola súa banda, Coca-Cola negou ambas acusacións e ata emitiu un comunicado sobre o caso colombiano. "É moi desafortunado. O volume en términos de vendas é pequeno, pero está o asunto máis grande da nosa reputación", dixo Kari Bjorhus, un portavoz de Coca. "Estas acusacións son falsas, pero compartimos a preocupación por eses temas".
Mentres tanto, a Universidade, que conta con máis de 50.000 estudantes, decidiu non renovar o contrato coa compañía despois de que Coca-Cola explicase que non podía cumprir coa data límite do 31 de decembro proposta para cooperar coa investigación destes grupos en Colombia. Tanto a facultade de Michigan como outras do país ofrecéronse a financiar a investigación.
Fai unhas semanas, Coca-Cola sinalou que está preparada para examinar as súas prácticas comerciais e laborais en Colombia e India. A Universidade dixo entón que só renovará os contratos con Coca-Cola 'condicionalmente' no caso de que a empresa realizase unha auditoría independente e desenvolvese un plan correctivo, segundo o presidente da Xunta de Revisión de Conflitos Comerciais, Frank Stafford.
A suspensión comezou onte domingo, día 1 de xaneiro. O contrato que perderá a empresa é duns 1,4 millóns de dólares (1,2 millóns de euros). Ambas partes sosteñen que continuarán negociando. Segundo unha portavoz de Coca-Cola, Kari Bjorhus, unha demanda civil impediulle á compañía participar na investigación.
Neste sentido, Coca-Cola recordou no seu comunicado que sempre foi “un membro exemplar da comunidade empresarial en Colombia”. Segundo o diario local The Atlanta Journal Constitution, xa son polo menos nove as universidade que suspenderon os seus contratos con Coca-Cola pola situación de Colombia.
Publicado por
Birnarem
286 lecturas •
2
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
-
Eu aqui e sen enteirarme !.
acedre — 08-01-2006 05:35:14
-
Pois sí que resulta curioso sí, de todos modos a informción tampouco é moi detallada. Eu collín información de dous ou tres de artigos e en algún detalle non coincidían demasiado. Se en algún momento atopas máis información ao respecto mándama ou publica un artigo na túa bita e o enlazo dende este artigo.
Birnarem — 09-01-2006 23:49:58
Comentar