Masa Crítica Coruña: ¡¡¡ Participa !!!
Archivado en
Masa Crítica e mobilidade •
Fecha: 30-12-2005 20:58
Como espero que moitos saibades, o movemento de Masa Crítica xa empezou a andar en Coruña, o seu nacemento foi o 4 de novembro de 2005. A cita para tod@s é o primeiro venres de mes na praza de María Pita as oito da tarde, desde onde se fai unha ruta pola cidade. Masa Crítica é un grupo de ciclistas que deciden circular xuntos pola vía pública. Non é unha manifestación. Levade chaleco ou material refractante na roupa. Timbres e silbatos poden ser de utilidade.
Inclúo información moi interesante que respalda a nosa reivindicación.
¿Que é a Masa Crítica?
Trátase dun paseo colectivo en bicicleta que se celebra en diferentes cidades unha vez ao mes.
A Masa Crítica ten diferente "aroma" dunha cidade a outra. Existe unha grande variedade de obxectivos, tamaño, interacción cos condutores de automóbiles e intervención da policía. Xa que logo, se queres saber máis sobre a Masa Crítica é necesario que indagues como é a Masa Crítica na túa cidade.
¿Como xurdiu a Masa Crítica?
O movemento tivo a súa orixe en San Francisco (California) en setembro de 1992 e, rápidamente, difundiuse a outras cidades ao redor do mundo.
A idea foi bastante simple. Un día, un grupo de ciclistas reuniuse na cidade para protestar das condicións do tráfico, causando unha chea de problemas ao tráfico motorizado. Á xente gustoulle a experiencia e decidiron que se convertese nun costume. Así, desde entón e unha vez ao mes, reúnense no mesmo lugar á mesma hora.
A historia detrás do nome
O nome "Masa Crítica" está tomado da película documental de Ted White achega do ciclismo, "Return of the Scorcher".
Unha parte do documental mostra o fenómeno que se dá en China: os ciclistas a miúdo non poden cruzar as interseccións debido ao tráfico de automóbiles e á inexistencia de semáforos. Pausadamente, máis e máis ciclistas amontóanse esperando para cruzar a rúa e, cando existe un número suficiente - unha masa crítica - élles posible moverse todos xuntos coa forza do seu número para parar o tráfico mentres cruzan a rúa.
O dereito a usar a bicicleta
É un vehículo barato, o seu uso é unha forma de exercicio que mellora a saúde física e mental, é silenciosa, limpa e sostible, e sumando o tempo en atascos e para aparcamento a bici é o vehículo urbano máis rápido.
¿Porqué na nosa cidade?
Temos unha cidade ideal para o uso da bicicleta (tamaño, climatoloxía, orografía), pero non temos infraestructuras que faciliten o uso da bicicleta como alternativa de mobilidade. Moita xente non se atreve a saír coa bicicleta ás rúas por medo ao tráfico.
Punto 1.9 da carta de Aalborg, documento
ratificado e firmado pola corporación municipal de A Coruña no ano 94.
"
1.9 Pautas de movilidad urbana sostenible.
Nosotras, las ciudades, nos hemos de esforzar en mejorar la accesibilidad y en mantener el bienestar y los estilos de vida urbana, reduciendo el transporte. Sabemos que para que una ciudad sea sostenible, es indispensable reducir la movilidad forzada y dejar de fomentar el uso innecesario de vehículos motorizados. Daremos preferencia a los medios de transporte respetuosos con el medio ambiente (en particular los desplazamientos a pie, en bicicleta o en transporte público) y situaremos en el centro de nuestros esfuerzos de planificación una combinación de estos medios. Los diversos medios de transporte urbanos motorizados han de tener la función subsidiaria de facilitar el acceso a los servicios locales y de mantener la actividad económica de las ciudades."
Os políticos europeos queren que usemos a bici:
• O uso da bicicleta ten un impacto positivo na calidade de vida urbana. Nin ruído, nin contaminación,facendo as nosas cidades máis saudables e humanizando as rúas.
• O deterioro nas zonas verdes, no patrimonio histórico e nas fachadas das cidades é menor, diminuíndo o gasto público.
• Cada bicicleta aforra superficie tanto no desprazamento como no aparcamento, xerando unha maior rendibilidade do solo.
• As bicicletas provocan pouco deterioro da rede vial e o seu uso axuda a redución de gastos en novas infraestruturas.
• Axudan a diminución dos embotellamentos minimizando as perdas económicas dos mesmos.
• Cada ciclista urbano contribúe á mellora do tráfico facendo máis efectivo o transporte público.
Europa fala da bici:
• Os artigos 3, 6, 71 e 152 do Tratado da UE.
• A directiva 97/11/CE do Consello.
• O libro Branco "A política Europea de transportes cara ó 2010: a hora da verdade".
• O Libro Verde sobre a mobilidade sostíbel.
• As resolucións 11/3/1998, 18/1/2001 e 4/4/2001.
Plan de potenciación da Bicicleta na Mobilidade Urbana de Donostia
O “Plan de potenciación da Bicicleta na Mobilidade Urbana” de Donostia é un exemplo dos moitos que hai no estado. Non temos que ir moi lonxe para ver que outros modelos de mobilidade son posibles.
Un modelo próximo e un exemplo a seguir, Donostia Costeira e na mesma latitude ten unhas precipitacións anuais de 1500 mm., 482 mm. máis que na nosa cidade. Estas precipitacións e unha orografía menos favorable que a nosa non lles impiden contar con 25 km de carrís bici, os chamados bidegorris.
No ano 2001 o concello aprobou o chamado "Plan de Potenciación da Bicicleta na Mobilidade Urbana". Neste Plan proponse unha rede de vías ciclistas para a cidade, e indo máis aló das infraestructuras, unhas medidas dirixidas a promocionar o uso da bicicleta.
Créase tamén o "Observatorio da Bicicleta", que ten como finalidade a elaboración de informes periódicos de seguimento do nivel de cumprimento do Plan, así como outras actuacións urbanísticas
relacionadas coa bicicleta.
A rede de bidegorris está composta por un conxunto de vías destinadas exclusivamente á circulación de bicicletas xunto coas rúas peatonais nas que se permite a coexistencia baixo condicións de respeto á prioridade de circulación dos peatons (vías ciclista-peatonais).
A dispoñibilidade dun aparcamento para bicicletas cómodo e seguro é unha necesidade para garantir un uso normalizado da bicicleta. Existen 2.684 prazas repartidas en 266 puntos da cidade.
Masa Crítica
Publicado por
Birnarem
698 lecturas •
0
Comentarios •
1
Referencias
Referencia de
:: INFÓRMATE dende a Galiza ::
el 04/15 a las 21:17
Comentarios
Comentar