Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A Mesa promove a creación dun Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 11-12-2005 19:16

A xunta directiva da Mesa pola Normalización Lingüística aprobou comezar as xestións para constituír un Observatorio de Dereitos Lingüísticos que vehiculice os centos de queixas por discriminacións idiomáticas que recibe cada ano esta asociación.

Co Observatorio de Dereitos Lingüísticos, A Mesa pretende dotarse dunha estrutura que, ademais de cumprir funcións de asesoramento xurídico sobre lingua a institucións e organizacións sociais, elabore relatorios anuais sobre a situación do galego, tanto no referido ao seu uso social como ao nivel de cumprimento da lexislación vixente, a niveis autonómico, estatal e internacional. Ademais, procurarase que sexa unha entidade dinámica, que propoña as modificacións legais precisas para garantir o uso normal da lingua propia.

A Mesa pola Normalización Lingüística púxose en contacto cos observatorios homólogos para os ámbitos idiomáticos basco e catalán, Behatokia e o Observatori de la Llengua, cos cales manterá unha relación privilexiada a nova entidade.

A Mesa pola Normalización Lingüística

Publicado por Birnarem
245 lecturas • 1 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Non estaría mal. Por moitos esforzos que fagamos eu vexo que o galego vai minguando a unha velocidade terrible.

    Arduina — 14-12-2005 00:29:47


Comentar



Recordar datos