A PLATAFORMA POLO TRANSPORTE PUBLICO E SUSTENTABLE DE A CORUÑA vai convocar unha Concentración baixo o lema: NON A SUBA DO PREZO DO BUS. O vindeiro venres 16 de decembro de 2.005, ás 20:30, na Praza de María Pita. Chamamos a tódalas organizacións: partidos políticos, sindicatos, asociacións, grupos ecoloxistas, asociacións de veciños e demais entidades q estean de acordo, a sumarse a convocatoria.
TEXTO DO COMUNICADO CONTRA A SUBA DO PREZO DO BUS
O Concello de A Coruña leva anos ENCARECENDO O TRANSPORTE COLECTIVO, ademais de reducindo a calidade do servicio.
Os que subscribimos axuntamos un gráfico no que analizamos a evolución do prezo do autobús e o comparamos coa evolución que debería seguir se só subise a inflación. En 2.006 o bus na Coruña debería custar 67 céntimos de Euro e non 93.
Tarifa Xeral
O Sr. Vázquez encareceu especialmente o bonobus social. En 2.006 custaralles ós colectivos menos favorecidos a viaxe en autobús 52 céntimos cando deberían pagar tan só 32. Isto supón que os parados, pensionistas, estudiantes e minusválidos, son os que soportan o incremento de xeito máis brutal. Un 188% de incremento en 16 anos.
Este ano, como tódolos anos polo Nadal, volven as subas inxustificadas. O Concello subirá por enésima vez o prezo do bus por enriba da inflación. 6 céntimos, un 6,64% fronte a unha inflación interanual en outubro do 3,5% (datos do INE).
¿Por qué? ¿Acaso mellorou o servicio? ¿Ampliáronse as liñas? ¿Aumentáronse as frecuencias?
Esperamos que o Concello de A Coruña DEIXE DE ENCARECER o transporte colectivo. Que manteña o prezo conxelado en 87 céntimos en tanto a evolución dos prezos non faga que o prezo de 1.990, 62 ptas., non alcance o prezo actual. Segundo a táboa axunta isto produciríase en 2.015. Supoñendo una inflación futura do 3,1%.
06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17
0,67 0,69 0,71 0,73 0,76 0,78 0,80 0,83 0,86 0,88 0,91 0,94
Agardamos, tamén, que os concellos da comarca da Coruña e a Xunta poñan o máximo interese e esforzo en que o billete único ou combinado sexa unha realidade na comarca. E se cree unha verdadeira rede de transporte metropolitano. Que responda ás necesidades de mobilidade dos veciños da area metropolitana dun xeito público e sustentable. Que integre liñas de bus urbano e comarcal e tren de cercanias.
A PLATAFORMA POLO TRANSPORTE PUBLICO E SUSTENTABLE DE A CORUÑA vai convocar unha Concentración baixo o lema: NON A SUBA DO PREZO DO BUS. O vindeiro venres 16 de decembro de 2.005, ás 20:30, na Praza de María Pita. Chamamos a tódalas organizacións: partidos políticos, sindicatos, asociacións, grupos ecoloxistas, asociacións de veciños e demais entidades q estean de acordo, a sumarse a convocatoria.
Artellaremos a organización da concentración nunha xuntanza aberta a quen se queiran sumar o martes 13/12 ás 20:15 no número 89 da rúa Simón Bolivar (Rosales).
Gráfico prezo do bus. 05
cartaz__16_12_05[1]
cartaz_16_12_05_1
PLATAFORMA POLO TTE. PUBLICO E SUSTENTABLE DE A CORUÑA
ptransportepscoruna@yahoo.es