Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

As bombas de EEUU contra as televisións incómodas dos países aos que invade

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 01-12-2005 17:56

O pasado 22 de novembro o diario británico Daily Mirror publicou un documento segredo do goberno británico no que se dicía que Bush indicoulle a Blair nun cumio na Casa Branca celebrada o 16 de abril de 2005, que quería bombardear a sé central da cadea de televisión árabe Al Jazzera en Qatar. A reunión produciuse cando as forzas estadounidenses en Iraq estaban preparando o asalto á cidade de Faluya.

Aínda que o goberno Bush cualificou esa acusación de "estrafalaria e inconcibible" ameazou aos medios norteamericanos se publicaban o documento, debido a que foi revelado de maneira ilegal por un funcionario polo que quebrantarían a Lei de Segredos Oficiais. O que deixa en evidencia a súa autenticidade, pois non se pode quebrantar esa lei publicando un documento falso.

Quizais agora haxa que volver a lembrar que o exército norteamericano tivo por norma bombardear sistematicamente as emisoras de televisión non gratas en todas os seus recentes invasións.

Cando as tropas norteamericanas entraron en Bagdad o 7 de abril de 2003 entre as súas primeiras accións, ademais do derribo da estatua de Sadam, estivo a de disparar ás 7:45 un só mísil de precisión dende un caza contra o edificio de Al Jazzera en Bagdad asasinando ao xefe da oficina, Tareq Ayoub. Non foi un disparo ao azar: "O avión voaba tan baixo que cremos que ía aterrizar no teito", diríalle despois o periodista da televisión árabe, Taiseer Alouni, ao seu colega británico Robert Fisk. Tres días antes os responsables da televisión proporcionaran a situación exacta da súa oficina aos estadounidenses.

Tamén na súa entrada a Bagdad, o mesmo día do ataque con mísil a Al Jazzera, un tanque norteamericano disparaba contra o hotel Palestina onde se aloxaba toda a prensa estranxeira acreditada provocando a morte dous periodistas José Couso de Tele 5 e Taras Protsyuk, da axencia Reuters.

O 7 de agosto de 2004, o goberno iraquí, seguindo as instruccións do exército ocupante norteamericano, ordenou o peche das oficinas de Al Jazzera en Bagdad e a súa expulsión do país.

O 12 novembro do ano 2001, o exército norteamericano bombardeaba os locais do canal en Kabul, a capital de Afganistán, coa escusa de que albergarían a algúns membros de Al-Qaeda. A pesar das promesas feitas a Al-Jazzera, a administración norteamericana nunca abriu unha investigación.

Un mes antes, o 3 de outubro de 2001, Colin Powell, Secretario de Estado norteamericano, dirixiuse ao Xeque Hamad bin Khalifa ó-Thani, emir de Qatar e principal accionista do canal, para pedirlle que interviñese a fin de que Al Jazzera modificase a súa cobertura dos acontecementos.

A anterior invasión na que participou Estados Unidos foi en Iugoslavia, nesa ocasión baixo a bandeira da OTAN. Alí, en Belgrado, o 23 de abril de 1999, o exército norteamericano bombardeou a sé da radiotelevisión de Serbia (Radiotelevizija Srbije, RTS), situada no centro da cidade, causando a morte de dezaseis empregados do canal.

Os socios de Estados Unidos tampouco quedan curtos. O 19 de xaneiro de 2001, o exército israelí dinamitou o edificio da televisión e rádioa palestinas A Voz de Palestina, en Ramallah, nos territorios ocupados.

Coñecín aos periodistas de Al Jazzera en varias ocasións, en Iraq e no Líbano. Non apreciei nin o máis mínimo odio nin apoloxía da violencia no seu traballo. Asemelláronme profesionais íntegros, obsesionados por recoller os testemuños da xente, dos iraquís en Bagdad ou dos palestinos nos campos de refuxiados no Líbano, persoas cuxo acceso aos medios occidentais estalles vedado e que só poden expresarse ante os micrófonos desta cadea árabe.

A conclusión por tanto é clara, o goberno norteamericano ten por norma bombardear toda emisora de televisión incómoda en cada país onde chega tras a súa invasión: Iugoslavia, Afganistán, Iraq, e quen sabe cal será o próximo obxectivo. A súa impunidade é absoluta, os gobernos europeos apenas expresan a súa indignación coa boca pequena.

En América Latina unha nova televisión valente naceu fai uns poucos meses, Telesur. Creada por Venezuela, Brasil, Arxentina, Cuba e Uruguai, xa deixou claro que vai apostar por un modelo de información enfrontado ao pensamento único promovido polas grandes emisoras norteamericanas. Do mesmo modo que Hugo Chávez denunciou as intencións de Estados Unidos de asasinalo, os periodistas debemos advertir sobre a ameaza cara unha televisión independente que non responderá aos intereses de Bush. O tempo demostrará se será o novo obxectivo dos mísiles norteamericanos. Por iso é importante sinalar ao criminal antes de que cometa o seu crime.

Pascual Serrano

Las bombas de EEUU contra las televisiones incómodas de los países a los que invade

Publicado por Birnarem
271 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos