Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Zapatero regala miles de millóns de euros aos empresarios

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 28-11-2005 15:50

O pasado día 21 Zapatero anunciaba nun foro convocado por grandes empresas -Grupo Santander e Phillip Morris entre outros- que o goberno reducirá "nun tempo razoable" o imposto sobre os beneficios das grandes empresas do 35% ao 30% e nas Pymes (pequenas e medianas empresas) do 30 ao 25%.

Este imposto é recadado polo Estado para os gastos públicos en sanidade, educación, administración... A patronal argumenta que son necesarios estas medidas para "incentivar" a creación de emprego, pois se non as empresas non inverterán.

O custo destas operacións ascenderá a 3.000 millóns de euros, sen ter en conta as deduccións do imposto nin a reducción ás PYMES. Miles de millóns de euros que sairán da caixa do estado para ir a parar aos petos dos empresarios privados. Nun contexto en que na sanidade pública discútese a obriga do pago por consulta -copago-, en que na educación ábrense cada día mais centros concertados e privados pola escaseza de financiación do publico, en que miles de traballadores quedan sen empregos polas "reduccións de custes" empresariais...

¿Os regalos ás empresas aseguran a creación de emprego?

Segundo o Banco de España durante o ano 2004 os beneficios ordinarios netos das empresas non financeiras creceron un 21,7%. A pesar deste fortísimo crecemento dos beneficios, o ano pasado o emprego nestas empresas reduciuse nun 0,2% e os gastos de persoal tan só creceron un 2,9%, fronte ao 3,9% de 2003, debido «ao discreto crecemento da remuneración media» por traballador.

É dicir, no ano 2004 as empresas non financeiras gañaron un 21% máis mentres non só non contrataban máis traballadores, se non que despedían. Esta realidade contrasta co discurso oficial que asocia crecemento empresarial a creación de emprego.

Un caso ben próximo o encontramos tamén en Menasa. Unha empresa que no ano 2002 recibía un aval de 2 millóns de euros por parte do Principado de Asturias. 3 anos máis tarde, sen haber nin un só euro na empresa e sen contratar a ninguén, anuncia o peche e deixa a 46 traballadores na rúa sen pagarlle os últimos dous meses de salario. ¿Acaso axudou en algo aos traballadores o regalo de 330 millóns das antigas pesetas ao empresario? ¿Ou simplemente foi un regalo para engrosar as súas xugosas contas?

Se "sanear" a economía da empresa supón despedir a 10.000 traballadores como en Aceralia en 20 anos por introducir máquinas, pois esa será a vía. Se "reducir os custes" implica despedir a 242 traballadores en Teletech nunha empresa con 72 millóns de euros de beneficio, non poderá haber contestación. Na nosa sociedade, as decisións nas empresas amosan a ditadura económica dos empresarios sobre a inmensa maioría do pobo. A disxuntiva é ¿Non te gusta? ¡Despedido!

¿Pobriños empresarios?

Vexamos unhas poucas cifras: Telefónica gañou un 30,6% máis en 2004 que o ano anterior. Iberia aumentou as súas ganancias un 50%. As construtoras ACS, Ferrovial ou Sacyr pecharon o ano con ganancias récord, con incrementos do 21,1%, o 63,5% e o 12,6%, respectivamente.

A banca pola súa parte non se queda corta: durante o ano 2004 acrecentou un 23,4% (7.766 millóns de euros, máis de 1,2 billóns das antigas pesetas) as súas ganancias.

No outro lado da balanza temos que o emprego precario aumenta ano a ano e un 60% das familias recoñecen ter dificultade para chegar a fin de mes coas facturas. Inxentes beneficios para uns poucos e traballo precario e paro para a maioría. Esta é a lei de ouro do capitalismo. ¿Será ZP capaz de conciliar estes intereses?

¿Algunha alternativa?

Europa produce hoxe en día 17 veces máis que fai 100 anos. Este aumento da productividade debería conseguir unha diminución da xornada laboral -pois prodúcese o mesmo en menos tempo- así como unha mellora nas condicións de traballo.

Pero moi ao contrario, en mans da patronal este aumento da productividade transfórmase nun paro maior ao substituír traballadores por máquinas, e nun aumento da xornada laboral se o movemento obreiro non mantén as súas conquistas. A competencia entre as distintas empresas lánzalles a unha espiral á baixa nos dereitos e condicións de traballo. Non se trata dunha elección, se non do único que poden facer baixo a lóxica do beneficio.

A clave trátase pois en opoñer ás leis da patronal as leis do beneficio social. A patronal sempre argumenta que non ten suficientes beneficios...¡Pero iso tamén o dixo en 1900 para xustificar que nenos de 13 anos traballasen nas minas! Sería a loita sindical e revolucionaria a que foi capaz de arrincarlle conquistas. Como o foi tamén a imposición -aínda que sexa formal en moitos casos- da xornada laboral de 8 horas.

O goberno de ZP baixo unha linguaxe "social" concede aos empresarios novos agasallos. Agasallos a costa dos cartos que se poderían usar en educación, sanidade, coidado dos anciáns...¡Se as empresas gañan un 20% máis que se use ese diñeiro en satisfacer tantas necesidades sociais que temos! ¿Onde quedan os vellos discursos de "gobernar para todos" mentres miles de rapaces traballan 12 horas diarias? ¿Onde queda a xenerosidade con que regala millóns de euros aos máis ricos comparada co desamparo das 46 familias de Menasa? ¿Queda algo de Socialista ou Obreiro no partido no goberno? ¿Ou é máis ben o secretario amable da FADE?

Porque en definitiva o que non nos di ZP é que eses cartos saen do traballo diario de millóns de traballadores. E o goberno di non ter cartos para a sanidade, mentres regala millóns de euros ao empresariado. Estes regalos só poden aumentar a espiral á baixa nas conquistas sociais, pois mingúan os cartos do estado para o benestar social.

¡Nin un agasallo máis aos empresarios!
¡Polo mantemento do imposto sobre os beneficios!
¡A xente primeiro, non os beneficios!

Juventud Comunista de Asturias

Zapatero regala miles de millones de euros a los empresarios

Publicado por Birnarem
257 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos