WWF asegura que a falta de provedores de papel hixiénico reciclado contribúe coa morte de bosques ameazados mundialmente. Os maiores fabricantes non ofrecen suficiente papel hixiénico, toallas e servilletas recicladas aos consumidores europeos e deben ser máis responsables no seu subministro de madeira, segundo un recente informe de WWF, a organización global de conservación. O novo informe analizou as prácticas dos cinco fabricantes máis grandes de papel en Europa: Procter and Gamble, SCA, Kimberly Clark, Metsa Tissue e Georgia Pacific. En conxunto abarcan cerca do 70% do mercado europeo e a vasta maioría de produtos de papel que estas compañías venden aos fogares europeos conteñen alarmantes baixos niveis de fibras recicladas.
Isto indica que as fibras virxes de alta calidade proveñen de bosques e plantacións naturais arredor do mundo, incluíndo Latinoamérica, Canadá, EEUU, Sudáfrica, Rusia, Asa e Europa, o que resulta nun desperdicio ignorado polo consumidor, afirma WWF. O comercio europeo de papel xera cerca de 8.5 billóns de euros por ano e representa o 26 por cento de consumo mundial de papel, con cada europeo utilizando 13 kg de papel.
"Cada día cerca de 270,000 árbores son practicamente evacuados polo inodoro ou rematan como lixo en todo o mundo, tal uso dos bosques é un despilfarro innecesario", di Duncan Pollard, Director do Programa Forestal Europeo.
"Os fabricantes deben usar máis fibra reciclada nos seus produtos de papel, o que significa menos árbores cortados". O papel hixiénico e as toallas en oficinas, escolas e hoteis fabrícanse sobre todo con fibras recicladas, e non hai razón para que sexa distinto cos mesmos produtos vendidos en supermercados, asegura WWF. Os fabricantes argumentan que os provedores queren produtos non-reciclados porque así o demandan os consumidores. "Os consumidores non teñen noción de estar ameazando os bosques do mundo cando van ao baño", dixo Pollard.
"É un mito que os produtos de papel reciclado non sexan de alta calidade. De todas maneiras, a xente usa produtos de papel reciclado ao estar case todo o día fóra dos seus fogares". Segundo WWF, as compañías tamén deben informar mellor ao consumidor sobre o contido reciclado dos seus produtos. Non se debe enganar aos usuarios con símbolos de reciclaxe nos empaques que a miúdo refírense só á envoltura e non ao produto mesmo. WWF aconsella ao consumidor que busque e esixa as poucas marcas de papel reciclado que existen. Os consumidores deben pedir que nas tendas e supermercados haxan existencias de papel reciclado. O reporte tamén advirte que a tala non sostible ou ilegal e os conflitos de terras aínda acontecen en case todos os países de onde proveñen as fibras virxes. WWF di que as compañías amosan prometedoras intencións de rastrear eficazmente a madeira dende o bosque ata o produto, pero ata agora, só SCA Tissue tomou medidas efectivas para excluír madeira ilegal ou dudosa dos seus produtos de papel.
A tala non sostible ou ilegal e os conflitos de terras aínda acontecen en case todos os países de onde proveñen as fibras virxes.
As conclusións detalladas e informes das puntuacións dos xigantes papeleiros pódense atopar en Don’t flush our forests and wildlife down the toilet.
WWF sostivo discusións coas cinco compañías por máis dun ano para descubrir información que non é accesible publicamente. Estas compañías foron comparadas e avaliadas dentro dun rango de criterios que inclúen prácticas de subministro de madeiras, niveis de contido reciclado, comunicación ao público e transparencia sobre emanacións no auga, o aire, disposición de desechos e uso de recursos como auga e enerxía. Aínda que WWF aprecia certo progreso nos meses recentes na súa disposición a confrontar estes aspectos en discusións directas con estas, aínda falta moito por mellorar cara un uso responsable dos bosques do mundo. O líder comparativo na avaliación é SCA Tissue con 46 por cento do total de puntos acumulables, seguida por Metsa Tissue con 35 por cento, Georgia Pacific con 32 por cento, Procter and Gamble con 26 por cento, e Kimberly Clark con 24 por cento.
Los bosques se van por el inodoro (castellano)