Para frear a campaña de desprestixio e agresións á "Guía para chicas" que significan un ataque a unha liña educativa e a un plantexamento ético baseado nunha educación non sexista. Podes mostrar o teu apoio e solidariedade difundindo este comunicado, en resposta ás críticas e descualificacións, vertidas dende os sectores eclesiásticos, conservadores e a dereita española, tanto sobre a "Guía para chicas", como sobre a propia autora e envía esta solicitude de restitución da "Guía para chicas" á “Consejeria de Educación” e ó “Instituto de la Mujer” do Goberno de Castilla La Mancha.
Comunicado sobre a "Guía para chicas" de María José Urruzola Zabalza
A “Guía para chicas" saíu publicada en 1992. O seu emprego por parte de profesionais da educación, coma instrumento educativo en diferentes centros escolares, foi valorado de forma moi positiva.
Tras esgotarse a primeira edición, a autora decidiu converter este libro en diferentes cadernos. Cada un deles, trata de diferentes aspectos relacionados coa vida das adolescentes. Ata a data publicáronse catro cadernos:
O primeiro “Guía para andar por casa", trata da importancia de compartir o traballo en casa, oriéntalles sobre como relacionarse co seu pai e coa súa nai, apórtalles criterios para ver a televisión e para ler”.
O segundo, "Como previr as agresións e defenderse delas" guíalles nos pasos concretos a dar, en caso de agresión.
O terceiro, "Como construír o teu propio modelo de beleza" plantéxalles que a beleza é algo positivo, pero que non deben seguir as pautas da publicidade, nin obedecer a estereotipos predeterminados, senón, que deben de descubrir a súa propia beleza. Trata tamén, da anorexia e a bulimia como consecuencias que se derivan, en gran parte, da forte influencia publicitaria.
O cuarto "Como vivir as relacións afectivas e sexuais" trata de que se fagan responsables do coidado do seu propio corpo, de que teñan unha relación positiva con el, que experimenten a amizade e plantéxalles o que poden facer se namoran dun rapaz ou dunha rapaza. Ofrece unha clara información sobre os métodos anticonceptivos como instrumentos para previr embarazos non desexados.
Cada unha das Guías aporta ao final unha unidade didáctica, preparada para que o profesorado, familia, ou persoa monitora, teña unhas pautas de orientación pedagóxica, para tratar cada tema no aula como un instrumento educativo máis.
O obxectivo global destes cadernos é colaborar no desenvolvemento global das persoas dende criterios éticos, concretamente na etapa da adolescencia, é dicir, na educación secundaria.
No tratamento pedagóxico, pártese en xeral dunha descrición da realidade do entorno social das rapazas e rapaces adolescentes. E a partir dun menú de actividades e promovendo métodos participativos, impúlsase que as propias rapazas e rapaces adolescentes reflexionen, debatan e saquen unhas conclusións.
Ao final a persoa educadora devólvelles en sínteses as novas aportacións que se fixeron, ofrecéndolles unha visión máis xeral, que colabore a unha aprendizaxe que sexa significativa respecto ao que tiñan e potenciadora de novas actitudes.
A autora avala o contido e o tratamento pedagóxico destes materiais con: