Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O xuíz decreta a liberdade sen cargos para os 10 detidos na Operación Castañeira

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 16-11-2005 15:54

As dez persoas detidas durante a chamada "Operación Castañeira" están xa na rúa, segundo informaron a Vieiros os familiares dos detidos. Segundo Europa Press, que cita fontes xudiciais, o xuíz decretou a liberdade sen cargos dos detidos, aínda que "suxeitos á causa". Todos os detidos foron transladados esta mañá desde a sede central da Garda Civil en Madrid, onde foron interrogados, á Audiencia Nacional, pero se negaron a declarar perante o xuíz Santiago Pedraz e non contestaron á pregunta de se pertencían á organización AMI. O fiscal encargado do caso, Ignacio Gordillo, solicitou a liberación dos dez detidos ao considerar que os delitos que se lles imputaban non son de terrorismo e polo tanto non son competencia da Audiencia Nacional.

Por se a alguén lle quedaba algunha dúbida do despropósito e malintención da chamada "Operación Castiñeira", aí temos a proba definitiva: ningún dos cargos aducidos se sostivo máis de dous días, con aplicación da lei antiterrorista incluida. Os militantes e as militantes de AMI detidos o luns xa están na rúa.

Iso si, quedan as consecuencias. A imaxe dos Centros Sociais afectada, o traballo social dos colectivos baixo sospeita, a criminalización do independentismo, a violación da presunción de inocencia dos detidos...

É momento de felicitarse de que esta operación remate sen que dez persoas teñan que sufrir o drama da prisión, operación xustificada polo delegado de goberno cunha frase de antoloxía do disparate: "o xuíz da Audiencia Nacional viu pertinente actuar contra estes grupos que teñen un marcado perfil antixurídico con connotacións de asociación ilícita e con feitos probados de atentados contra a orde pública, danos materiais, inxurias e outros temas que se van sustanciar con estes rexistros." Perfiles, connotacións, transubstanciacións... a racionalidade propia dun estado de dereito.

Estará por ver quen vai esixir responsabilidades por esta actuación desmedida e polos prexuizos ocasionados.

Pero tamén esta será ocasión, como moita xente está a propor e comentar con inmediata lucidez en foros e conversas, de nos plantear cuestións moi relevantes dentro dos movementos sociais galegos. O traballo de autoorganización que se está a levar a cabo nos colectivos sociais, sen precedentes na nosa tradicionalmente desartellada sociedade civil, é un traballo demasiado fráxil e valioso para ofrecer flancos tan febles.

Seguir a tecer a rede civil semella máis importante que nunca.

Arredemo

O Movemento polos Dereitos Civís pide explicacións pola "desproporcionada operación" Castiñeira

Publicado por Birnarem
214 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos