Somos unha especie animal máis neste planeta, unha especie "extremadamente depredadora", e composta, como cada especie, de individuos. Os animais humanos, ou individuos humanos, deixaron unha estela interminable de exterminios en masa ao longo da súa historia. Tanta atrocidade con individuos da súa mesma e doutras especies, ten a súa base ou raíz na crenza de que podemos abusar e perder o respecto a todo aquel que consideramos diferente. Nesta pirámide de explotación, os máis febles e indefensos, nadan tristes na base da discriminación porque aqueles individuos en posición vantaxosa cren que poden denigrar, cosificar, etc. a todo aquel que é diferente por motivos de xénero, orientación sexual, procedencia, crenzas, especie, etc.
Como especie animal que somos, é curioso ver como tentamos crear un abismo, que non existe de feito, entre a nosa especie e o resto de especies. Para elo, apelamos a diferentes cuestións, como a racionalidade, a humanidade, a moralidade, etc. En base a esas calidades auto atribuídas, inventamos etiquetas como: de granxa, de caza, de compañía, de circo, de experimentación, etc. Atopamos a maneira de escravizar a miles de millóns de animais cos que curiosamente compartimos capacidades, intereses e emocións. Ser un can en Corea é probablemente igual de doloroso e triste que ser unha galiña. Sen embargo ser un can ou un porco/ovella/vaca/coello/galiña en moitos lugares do mundo significa a diferenza entre a vida e a morte.
Son moitos os fogares españois que acollen a animais "de compañía". Ningunha desas persoas negaría as capacidades e emocións que eses animais manifestan a cada momento. O recoñecemento desas capacidades afectivas nos animais modifica o noso comportamento cara eses seres que sinten, fainos comprendelos e respectalos. Sen embargo, ao mesmo tempo que recoñecemos o mundo emocional dos animais cos que convivimos, negamos o mundo emocional daqueles animais que comemos, vestimos, etc. Non existe un ente chamado por exemplo "animais de granxa", senón que cada porco/tenreiro/etc. é un individuo diferente ao resto, é un individuo igual de complexo biolóxicamente, coas mesmas capacidades e emocións que recoñecemos para cos seres cos que convivimos.
Alguén pensará que é difícil pensar en abolir a escravitude animal cando aínda persisten certas formas de escravitude humana en moitas zonas do planeta. Sen embargo, é moi difícil encontrar a alguén que pense hoxe en día que un ser humano deba ser tratado coma propiedade doutro, independentemente das súas capacidades mentais, da súa moralidade, da súa racionalidade, da súa procedencia, da súa sexo, etc. Isto non ocorre no caso doutras especies animais non humanas. Un exemplo claro é a resposta de moitos científicos á seguinte pregunta: ¿Por qué fanse experimentos con animais non humanos? "Porque son coma nós e por tanto o ser humano pode beneficiarse deles". Consecuentemente, a pregunta que se deriva é: Se sofren e senten coma nós ¿por qué se experimenta con eles? ¿Non berran, non se lles eleva a presión arterial, non moven os ollos, non tentan escapar da fonte de dor igual ca nós cando reciben descargas eléctricas, golpes, ou cando son mutilados ou intervidos cirúrxicamente sen anestesia? ¿Acaso non manifestan comportamentos depresivos cando os illamos ou mantemos en xaulas durante toda a súa vida? A resposta que escoitamos é: "Porque non son coma nós, só son monos, cans, ratas,...", é dicir, non pertencen á especie humana, quedan fóra de esfera moral. De forma semellante ao racismo ou ao sexismo, queda aquí reflectido o especismo como unha actitude discriminatoria en función da especie.
Superar a barreira do especismo, implica ser consciente do outro, das súas capacidades, das súas emocións. Implica pensar que non é xusto inmobilizar a un ser que ten patas para correr ou ás para voar ou aletas para nadar; que non é xusto arrebatar as crías a aquela nai que as protexe e sente o mesmo instinto maternal que as nais humanas; que é inxusto electrocutar, degoxar, golpear, etc. a aquel que é capaz de sentir o dor e o terror dunha morte segura da que non pode escapar. En definitiva, supón recapacitar, reconsiderar, pensar que non é ético utilizar para o noso beneficio a ningún ser que sinte, porque o só feito da súa utilización como propiedades fai que se ignoren os seus intereses e as súas emocións.
Superar a barreira do especismo, ao igual que a do racismo, sexismo, etc. supón saír de nós mesmos e pensar no mellor dos mundos posibles para todos os que compartimos o planeta.
Fonte: "Introduction to Animal Rights" (Introdución aos dereitos dos animais) - Gary L. Francione é Catedrático de Dereito e Nicolás de B. Katzenbach. Distinguido Académico de Dereito e Filosofía da Universidad de Dereito de Rutgers, New Jersey.
Individuos emocionales: Más allá de la especie (castellano)
Rebelion
acedre — 17-11-2005 03:57:40