Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Concentración Ridiculista contra a Bandeira Española

Archivado en Participa na Coruña • Fecha: 10-11-2005 10:01

19 N as 19:00 h na Coraza de Riazor.

Españois: Paco… segue entre nós. Dous anos despois de ser refrendado polo pobo curuñés (de milagre) e dous anos antes de que se lle acabe o choio (sen dúbida), o alcalde metrosexual segue redecorando a nosa cidade cun catálogo de adornos que, dende a estatua de John Lennon ata o Pacolito do Millenium, pasando polo monumento ao reló Swatch ou a imaxe da Virxe do Carme, vén de verse culminado pola colocación, no medio do Orzán, da Enseña Nacional para orgullo dos CTV (Curuñeses de Toda a Vida) e DTV (Demócratas de Toda a Vida).

É por iso que tanto os CTV como os DTV, agrupados baixo a congregación dos 1000 FILLOS DE PITA, non atopamos mellor ocasión que o vindeiro 20-N, trinta cabodano do pasamento do outro Paco, para contribuír á exaltación dos símbolos patrios tan denostados ultimamente polo nacionalismo máis radical e levar a cabo a misión divina de impedir a balcanización de España. Mellor dito, si atopamos mellor data, dado que o 20-N estaremos en Beade atendendo á santa Misa organizada por estoutro alcalde DTV que é Senén Pousa: será o sábado 19 de novembro cando os 1000 FILLOS DE PITA faremos a nosa particular homenaxe ao farrapo cun pasarrúas rojigualdo no que participará o máis selecto do movemento esmorgueiro-trash galego, e o menos selecto tamén.

Por iso convidamos a CTVs, DTVs e xente de ben en xeral a que non sexades galiñas e vos sumedes como Abanderados da causa, traendo gallumbo limpo e as vosas mellores galas para esta festa da Hispanidade e do Varondandismo, e participedes na exaltación da bandeira de Pacoland. Unha, grande e rachí.

Convocan: Maribolheiras Precárias, Burla Negra, Va-Ca, Aduaneiros Sen Fronteiras, C. S. Atreu

Espalha a convocatoria deste acto ridiculista por onde che cadre

19-N: Umha, Grande e Rachi !!!

El Ayuntamiento de A Coruña se gasta 7.000 euros al mes en "proteger" el palo de la bandera

Publicado por Birnarem
260 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos