Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Paro Xeral contra a Lei Orgánica de Educación, 10 de novembro nas aulas de Galiza

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 07-11-2005 18:39

Galiza Nova e os Comités Abertos de Estudantes chaman á mobilización o 10 de novembro, en todos os centros de ensino medio de Galiza, cun paro a partir das 11 de mañá seguido de concentracións emanifestacións. O motivo é a nova Lei Orgánica de Educación (LOE), reforma do sistema educativo proposta polo goberno español do Partido Socialista, virá substituir á LOCE do PP, que tanta contestación provocou no estudantado galego.

Segundo as organizacións convocantes o proxecto non responde ao que desde hai tempo vimos demandando as e os estudantes, senón que é continuísta nos principais aspectos; o modelo non só non soluciona as carencias do ensino público galego -que existen e son moitas-, senón que moitas das "novidades" introducidas son claramente regresivas.

Para Galiza Nova e os CAE este texto recolle aspectos como:

-A educación non está considerada un dereito social básico, e apóstase pola privatización do ensino, especialmente pola lexitimación dos concertos e das subvencións continuas e millonarias ao ensino privado, en todos os tramos. Do mesmo xeito, tampouco se garante un finanzamento axeitado do ensino público, cunha Lei de Finanzamento. O ensino privado, unha vez máis, é o gran beneficiado. Sabías que en cinco das sete cidades galegas, todas agás Pontevedra e Lugo, hoxe o ensino privado concertado xa é maioritario a respeito do público?

-A lei segue a ser deficiente no que atinxe aos servizos universais. O ensino é un direito que comprende desde as infraestructuras até os meios de transporte, os libros de texto, etc...

-Mantéñense as trabas para chegar á Universidade e mesmo se endurece a antiga selectividade cunha doble criba, pois as universidades poderán fixar os seus propios criterios de acceso, que pode ser outra nota de corte, ou mesmo unha entrevista individual, etc... Así, multiplícanse os obstáculos para o alunado, como se aprobar o Bacharelato non fose suficiente.

-Non permite ter un sistema educativo galego propio. Así, non podemos fixar desde Galiza o noso calendario escolar, conceder ás bolsas de estudo nen camiñar cara a un ensino adaptado á nosa realidade nacional.

-Mantén os itinerarios camuflados: existirán na práctica en 4º de ESO e tamén se poderán desdobrar aulas en distintos grupos segundo os niveis, en perfecta continuidade coa segregación proposta -e imposta- polo PP.

- Mantén intactos os privilexios da relixión no ensino: a difusión da fé relixiosa permanece como parte do currículo escolar, xa que se mantén a asignatura de relixión como académica e de obrigado oferecimento polos centros, dentro do horario escolar, e obrígase ao alumnado que non a quere estudar a ter outra asignatura; os centros privados concertados poden impoñer o seu ideario ás/aos alunas/os (obrigándoos a rezar, permitindo o sexismo e separando a nenos de nenas, etc...) e o profesorado pagado pola Administración pública controlado pola Igrexa. Nun ensino laico, a fé relixiosa de cada quen non debería ter cabida.

- O ensino segue a ter un funcionamento fondamente antidemocrático. Os directores xa non serán escollidos pola Administración, como na LOCE, pero seguirá a ser unha elección antidemocrática, nunha comisión nas que a terceira parte da comisión será proposta polo Claustro de profesores, outro tercio polo Consello Escolar e o resto membros da Administración, quedando excluídas/os da votación as/os estudantes de 1º e 2 de ESO. Na práctica, o Consello Escolar queda baleirado de competencias e pouco pinta o estudantado.

Por todo isto consideran que:
O estudantado galego non poida ficar impasíbel. Este curso, as e os estudantes do noso país debemos demostrar na rúa a nosa rotunda oposición a unhas reformas que agravarían o deterioro do ensino público, mobilizándonos unha vez máis para reclamar un ensino galego, público, democrático e de cualidade.

En consecuencia, exixen:

-Lei de Finanzamento adecuada ás necesidades do ensino público
-Supresión dos concertos co ensino privado
-Supresión das trabas de acceso á universidade
-Eliminación da relixión como asignatura e dos privilexios da relixión
-Xestión democrática dos centros
-Descentralización e adaptación do ensino á realidade nacional galega.

Arroutada Noticias

Publicado por Birnarem
284 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos