O xuiz mantén a condena para o compañeiro Anxo Moure
Archivado en
Denuncias •
Fecha: 07-11-2005 10:40
O pasado martes 2 de novembro comezou en Lugo o xuicio contra membros dos colectivos Xevale e Bicis pola Paz, entre os que se atopa Anxo Moure, acusados de resistencia á autoridade, por uns feitos que ocorriron hai dous anos cando se manifestaban pacificamente nun acto público ante a presenza do ex-presidente Fraga, portando unha bandeira de Nunca Máis e unha pancarta onde se podía ler "Adeus ás armas". A carauta dun dos porcos do conto dos 3 porquiños, persoaxes empregados no labor pedagóxico de educación ambiental que Anxo desenvolve por todas as escolas do país, acompañaban a protesta.
Anxo estaba situado nun muro dende onde foi empuxado por un policía caendo enriba doutro axente. Arrastras, foi levado ao ambulatorio para curalo da caída e alí comunicáronlle que ía ser detido e denunciado por atentado.
O xuíz na primeira sesión do xuízo, mantivo a condena de un ano de cárcere, 700 euros de multa e 300 de indemnización que solicitou o fiscal, pero non por atentado, senón por resistencia e agresión á autoridade.
Manifestacións de apoio:
- Dende Culturactiva ofrecemos a nosa solidariedade e axuda ao compañeiro xulgado e reafirmamos o noso compromiso en defensa dos ideais do pacifismo e o ecoloxismo diante de actuacións violentamente represivas como esta.
Cultur@ctiva
- "Anxo Moure é unha persoa que conta co aprecio de todos e todas as que coñecen o seu incansable traballo a prol dos desfavorecidos, a prol das causas xustas, a prol de persoas a milleiros de kilómetros, pola recuperación das costumes tradicionais, como as barcas do Miño, o traballo a prol da conservación do noso entorno natural, a educación dos mais pequenos cos seus contos pacifistas. Anxo Moure foi un dos promotores, a comenzos dos 90, da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e un exemplo para todas as organizacións pola sua honestidade, o seu traballo incansable, o seu apoio a calquera iniciativa solidaria. Nomeadamente na Coordinadora Galega de ONGD temos en Anxo a un compañeiro fiel sempre presto a botar unha man no que esta ao seu alcance.
Coñecemos o traballo de Bicis pola Paz, a organización solidaria que dirixe Anxo, e sabemos que grazas a ela centos de mestres e mestras, centos de traballadores sociais, centos de educadores, en África e América Latina, percorren os camiños dos seus países montados nas suas bicis da Paz.
Coñecemos de Anxo Moure as suas convicións paficistas e é por eso polo que nos sumanos á petición social da sua absolución sen cargos. O video grabado pola televisión local de Chantada, e que obra en poder dos abogados da sua defensa, creemos que deixa claro que a acusación de "atentado contra as forzas de seguridade" non é mais que unha tremenda burla só atribuible a un intento, por parte do anterior goberno, de criminalizar e amordazar a quenes no exercicio do dereito constitucional á libertade de expresión mostramos desde finais do ano 2002 e no 2003 a nosa total oposición á guerra e denunciamos a total incompetencia do goberno autonómico de Fraga na xestión da crise do Prestige".
Adega e a Coordinadora Galega de ONGD
- A Federación Ecoloxista Galega (FEG), formada por 25 asociacións de defensa ambiental, expresa o seu apoio a Anxo Moure, ecoloxista da asociación do val de Lemos XEVALE, perante a agresión física e ao seu dereito á liberdade de expresión de que foi obxecto onte en Chantada por parte da policía e da Garda Civil durante unha visita de Manuel Fraga. A actuación policial foi brutal e inxustificada e constitúe un exemplo máis do momento de regresión nas liberdades públicas que estamos a sufrir por causa do autoritarismo dos gobernos do Partido Popular.
Resulta moi triste que unha persoa, de forma pacífica e silenciosa, sen recorrer ao insulto, por se manifestar a favor da paz e do desarme (portaba unha cartolina co lema “Adeus ás armas”), sexa agredida polas forzas de seguridade do Estado.
A FEG esixe que se retiren os cargos contra Anxo Moure e se investigue a actuación dos policías e gardas civís que o reprimiron.
Federación Ecoloxista Galega (FEG)
Gente que cambia el mundo (Bicicletas por la paz)
Publicado por
Birnarem
976 lecturas •
2
Comentarios •
1
Referencias
Referencia de
ptrglf :: Anxo Moure :: November :: 2005
el 11/07 a las 16:23
Comentarios
-
A miña soliedariedade con Anxo Moure diante dun exemplo máis do momento de regresión nas liberdades públicas e dunha actuación surrealista da xudicatura.
saúdos Bráulio Amaro — 08-11-2005 09:53:06
-
¡Ánimo, Anxo!
Cando eu vivía en Chantada sempre me chamaba a atención cando ías coa bici a todas as partes e cando comezaban a aparecer as primeiras pancartas. Eu tiña daquela dezaséis anos. Xa hai case vinte anos. Ánimo.
Pinfloiz — 10-11-2005 17:02:59
Comentar