Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Re: Opinión sobre a suba de taxas para os todoterreo por contaminantes

Archivado en Ecoloxía • Fecha: 04-11-2005 16:42

De acordo con que se non melloramos a nosa relación co planeta, seguro que a curto prazo pasaranos factura a todos. De acordo con q a taxa ós todoterreo ten afán recadatorio. De acordo con q iso de q quen contamina paga significa q quen pode pagar tamén pode contaminar. E NON SE PODE contaminar.

Pero os coches de hidróxeno non son a panacea. Nin nada q se lle asemelle. E q o Estado subvencione ...

.. á súa adquisición menos.

De feito se se analizan todo lo Gasto Público implicado no actual modelo de mobilidade. Baseado no coche. Construcción e mantemento de vías e aparcadoiros, cesión de espacio público, xestión e ordenación do tráfico e control policial. Se collemos este G.P., digo, e o comparamos cos tributos do automóbil e dos carburantes. Probablemente resultaría q o Estado non son non mama do coche senón q subsídiao. Se engadimos agora os custos indirectos do tráfico. Os “danos colaterais”. Gasto sanitario: accidentes e enfermades respiratorias. Perda de producción ocasionada polas baixas médicas por accidente e os retrasos debidos a atascos. Entón obtemos q o coche é a nosa ruína. Ben sempre hai quen obtén beneficios da desgracia allea: vendedores de coches e de combustible.

Fronte a todo isto os coches de hidróxeno so resolven parte do problema. A contaminación atmosférica. Queda sen resolver: a contaminación sonora, os mortos e minusválidos dos accidentes, a ocupación de espacio público, consumo de materiais (construír 200 coches consumen moitísimo máis materiais e enerxía ca construír un tren para desprazar a eses mesmas 200 persoas) a marxinación socio-laboral de quen non poden, por incapacidade física ou escaseza de recursos, conducir o seu propio coche.

O feito de q as rúas perdan a súa natureza de lugar de encontro e xogo. Para converterse en sucias e perigosas estradas e aparcadoiros. Por onde camiñar, desprazarse a pé, o modo universal de desprazamento, sexa arriscado e incómodo.

Nas sociedades actuais os dereitos básicos dos cidadáns aumentaron. Entre eles o dereito á información, acceso á Rede, e o acceso autónomo e universal ó transporte. Temos dereito a desprazarnos, non só os que teñen carné e poden mercarse un coche, TODOS.


Publicado por dscouso
256 lecturas • 1 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. A verdade é que resulta bastante acertada a túa reflexión. En calqueira caso a mentalidade da xente está enfocada cara o coche, e iso pode cambiarse, pero moi lentamente.

    Desde logo que o uso do coche en certas condicións debería tender a desaparecer:

    - Dentro das cidades o uso do coche é o medio de transporte menos eficiente que existe. Problemas de aparcamento, contaminación, atascos, ... O transporte público e a bici son os máis eficientes, e chegarían a un nivel de eficiencia altísimo se non se permitise a circulación de coches dentro da cidade.

    - Tamén é moito máis eficiente o transporte público entre cidades ou núcleos de población, sobre todo se contase coas necesidades reais da poboación (cousa que pocas veces conta).

    En certos casos, sobre todo en desprazamentos no medio rural o uso do coche hoxe en día é imprescindibel, e hoxe en día tamén o é noutros casos mentres non mellore o transporte público. Polo que o feito de favorecer o uso de vehículos non contaminantes non creo que sexa negativo, claro, sempre que a política de transporte teña a tendencia a progresivamente apostar dunha vez polo transporte colectivo de viaxeiros.

    Bueno, é un tema moi interesante, seguro que máis xente poderá aportar máis datos.

    Birnarem — 06-11-2005 18:53:42


Comentar



Recordar datos