Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Un patrimonio para o futuro

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 03-11-2005 09:25

Case 2.000 persoas asinaron xa en Vieiros o manifesto de apoio á candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués para ser proclamada pola Unesco Obra Mestra da Humanidade. Desde Galiza e Portugal, pero tamén desde Bélxica, Francia, Canadá, Arxentina, Estados Unidos e outros países recibimos as sinaturas virtuais de respaldo á candidatura. Será o vindeiro 25 de novembro cando a Unesco faga pública en París a listaxe das candidaturas seleccionadas.

A nosa cultura bota unha boa parte das súas máis vizosas raíces na tradicion oral. Fumos antes cultura oral que cultura letrada. O patrimonio cultural inmaterial é, de certo, un factor de dignificación, orgullo e marca de identidade de Galicia e Portugal. As nosas tradicións orais aleita o presente e, ao tempo, son unha garantía de futuro para a nosa identidade cultural. Son un patrimonio para o futuro. Se queres apoiar a pervivencia e enriquecementos do noso patrimonio cultural inmaterial e mais lograr o seu recoñecemento como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade por parte da UNESCO. Únete a nós e asina o noso manifesto.

Publicado por Birnarem
280 lecturas • 1 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. No microuniverso blog a campaña de colocar o banner nas nosas páxinas foi todo un éxito.

    Xosé Antón — 03-11-2005 16:51:15


Comentar



Recordar datos