A partir de hoxe trinta e un de outubro os inmigrantes procedentes de Costa de Marfil, Congo RDC, Serra Leona e Liberia que se atopan no campamento militar de Guelmin, en Marrocos, inician unha folga de fame indefinida.
Na súa decisión hai unha soa e asine reivindicación:
"Pedimos o acceso de ACNUR aos campamentos militares marroquís onde estamos retidos, porque todos nós somos demandantes de asino e a deportación ós países de orixe poñería en perigo as nosas vidas".
Dende que empezaron as detencións de demandantes de asino en territorio marroquí, ACNUR non obtivo a autorización para desprazarse a estes campamentos onde se atopan moitos cidadáns que están baixo o mandato e a protección das Nacións Unidas. Marrocos, país que ratificou a Convención de Xenebra de 1951, está violando sistematicamente esta convención internacional:
1.- Retendo de forma ilegal a demandantes de asino e persoas co estatuto de refuxiado, moitas delas tras unha verificación da súa identidade por parte de ACNUR Rabat.
2.- Deportando á fronteira de Arxelia, Mauritania ou aos seus países de orixe a demandantes de asino.
3.- Deixando acceso ás autoridades dos países de orixe para verificar a identidade destes demandantes de asino, o que supón un risco para a súa seguridade.
4.- Atrasando a autorización a persoal de ACNUR para asistir aos demandantes de asino que se atopan retidos nos campamentos.
Amosamos a nosa máis sincera preocupación polo colectivo de cidadáns Costa marfileños e Congoleses, cuia situación pode volverse dramática, se a comunidade internacional non intervén con firmeza, nos próximos días:
1.-As autoridades en Marrocos de Costa de Marfil confirmáronnos en comunicación telefónica que neste país non hai ningún tipo de conflito e que polo tanto todos os inmigrantes que se atopan nos campamentos serían deportados en breve.
2.-Congo RDC anuncia que no curso desta semana un avión podería partir dende os campamentos marroquís á capital deste país, Kinshasa. Aínda non clarificou se respectará aqueles que demandaron asino en territorio marroquí.
Huelga de hambre y lucha por sus derechos (castellano)
Grupo AntimilitaristaTortuga AA- Moc (Elx-Alacant)