Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A versión impresa da Wikipedia pronto estará dispoñible

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 03-11-2005 09:52

Jimmy Wales, fundador da Wikipedia anunciou que a enciclopedia pode estar pronto dispoñible imprimada para os lectores do mundo en desenvolvemento. Wales tamén dixo que o contido da web pode ser transferido a CDs e DVDs de forma que os usuarios informáticos en lugares como África, que carecen de acceso a Internet de alta velocidade, poidan consultar sen estar conectados partes da obra de referencia.

Wales tamén cualificou de información incorrecta, unha delas facilitada por Reuters, que certas páxinas da Wikipedia poidan estar suxeitas a controis máis rigorosos ou ser "conxeladas" para evitar que os vándalos e bromistas as saboteen.

"Estamos falando con varios axentes e editores sobre o que lles interesaría", dixo Wales do proxecto do libro.

Citou a saúde, fútbol e historias da Segunda Guerra Mundial ou do rock`n`roll coma exemplos de como as entradas poderían agruparse en materias.

"Sempre me gustou a idea de imprimala porque unha gran parte do que pretendemos facer é difundir o coñecemento por todo o mundo e non só ás persoas que teñen banda ancha", dixo Wales por teléfono dende St. Petersburg, Florida.

Algúns asuntos como a financiamento, distribución e temas estaban aínda baixo discusión, pero a primeira obra impresa podería estar lista para mediados de 2006, engadiu.

Wales fundou a Wikipedia en 2001. A web opera a través da Fundación Wikipedia, unha organización sen ánimo de lucro que depende dos donativos para conseguir o seu obxectivo de difundir o coñecemento gratuitamente.

A obra de referencia usa software "Wiki", que permite a calquera persoa con acceso a Internet editar calquera páxina.

Non existen planes de conxelar páxinas

Unhas 350.000 persoas contribuíron con termos, antecedentes, contexto ou simplemente corrixindo a ortografía nas máis de dous millóns de entradas da Wikipedia en máis de 25 idiomas. Unhas 800.000 entradas están en inglés, hai unhas 73.000 en español e 9700 en galego.

Wales dixo que un grupo central duns 2.000 colaboradores realizaban o groso do traballo e formaban a espiña dorsal da "comunidade" Wikipedia.

En agosto, o diario alemán Sueddeutsche Zeitung recolleu unhas declaracións de Wales dicindo que poderían incrementarse os "controis" sobre páxinas potencialmente sensibles da Wikipedia. Reuters fíxose eco da información e traducindo partes deste artigo, dixo que algunhas páxinas serían "conxeladas" permanentemente.

"A idea de que imos reforzar as nosas "normas" editoriais non é completamente correcta (e) os artigos non serán conxelados para sempre", dixo Wales, quen agregou que fora malinterpretado e mal traducido.

Wales dixo que un novo software sería implantado a finais de ano para permitir cambios a páxinas moi activas que poden ter tendencia ó vandalismo para que aparezan na web cun certo atraso, para que os membros da comunidade poidan revisalas.

Paul Holmes
Hispamp3

La Wikipedia se imprimirá (castellano)

Galipedia (Wikipedia en galego)

Wikipedia en Castellano

Publicado por Birnarem
286 lecturas • 2 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Todos teríamos que colaborar un pouco máis coa Galipedia. Eu fixen algo nun primeiro momento pero teño pouca constancia.

    Xosé Antón — 03-11-2005 12:31:49

  2. Totalmente conforme contigo Xosé Antón, fai tempo correxín algunha entrada, pero teño que retomar o tema. A ver se sacamos todos un pouquiño de tempo para crear unha ferramente realmente útil.

    Birnarem — 03-11-2005 13:38:09


Comentar



Recordar datos