Tras anos demovilizaciones sociais no norte e no sur para esixir a abolición da débeda externa e todo o mecanismo de dominación que a xera, a débeda externa dos países máis febles do sistema económico mundial segue crecendo. Os FMI-BM-G8-etcs seguen fracasando no seu despótico goberno mundial e nos seus -falsos- propósitos incumpridos de redución de débeda externa. A débeda externa segue facendo que aumente a desigualdad entre estados e entre clases sociais, segue facendo que aumente o sometemento dos pobos á lóxica económica, e segue quitándonos soberanía para decidir sobre o noso futuro e o noso modelo de sociedade. Por isto preguntámonos: ¿Quen debe a quen?
SENTEZA
Tras a realización das tres Vistas Preliminares de Córdoba, Salamanca e Barcelona, o día 22 de outubro, celebrouse en Madrid o "Tribunal Internacional de Opinión para xulgar as políticas de Débeda Externa" coa finalidade de enxuizar a responsabilidade do goberno español, as empresas transnacionais españolas e as institucións financeiras internacionais en relación cos danos causados pola chamada Débeda Externa nos pobos do sur.
Esta débeda produce prexuízos dende unha perspectiva estritamente económica, empobrecendo aos pobos; dende unha perspectiva de deterioro do medio ambiente e entorno natural, cuio dano trasmítese ás futuras xeracións; e dende unha perspectiva que fractura a convivencia e a organización política, impedindo un desenvolvemento democrático dos pobos e danando a sociedade con grave prexuízo e sufrimento dos sectores menos favorecidos.
Sobre estes puntos versaron os debates, as exposicións dos testemuñas, peritos, e os argumentos defensivos ou xustificativos e sobre os mesmos, o Xurado emitiu un veredicto, tras o cal, este
TRIBUNAL INTERNACIONAL DE OPINIÓN PARA XULGAR A DÉBEDA EXTERNA
Formula, EN NOME DOS POBOS QUE SOPORTAN A DÉBEDA EXTERNA e de todos os cidadáns e cidadás solidarios cos mesmos, esta SENTENZA que declara probados os seguintes FEITOS:
1. Constatamos que o monto da denominada "Débeda Externa" foise acrecentando de forma vertixinosa nas últimas décadas e que supón un claro obstáculo para o desenvolvemento dunha vida digna dos pobos.
2. Constatamos que o pago da Débeda Externa cobra diariamente a morte de persoas e é unha das maiores causas da violencia estrutural e da violación sistemática dos Dereitos Humanos da maior parte da poboación mundial.
3. Constatamos que dita débeda é ILEXÍTIMA xa que:
* Está pagada con creces.
* Os interese son usureiros
* Concedeuse a gobernos dictatoriais e corruptos sen consultar nin repercutir ás súas poboacións, xa que estes se destinaron a proxectos improductivos, compra de armamento ou desviáronse a contas persoais en países do Norte e paraísos fiscais.
* É utilizada como instrumento de saqueo permanente do Sur e como medio de presión para impoñer políticas neoliberais que o mantén entrampado nun ciclo de dependencia e de máis débeda.
4. Constatamos a existencia dunha DÉBEDA do Norte CONTRAÍDA COS POBOS DO SUR que é moito máis profunda e que abarca os valores, o desenvolvemento das persoas e as comunidades e que lexitima os sistemas de dominación e sometemento dos pobos. O problema da débeda é un problema de PODER e de inxusta distribución dese poder a escala mundial, nacional, comunitaria e moitas veces, familiar.
5. Constatamos que a débeda do Norte abarca a inmensa DÉBEDA HISTÓRICA, contraída tras máis de cincocentos anos de saqueo e destrución, avasallamento político e cultural, escravitude e sometemento perpetuado ata o presente por un sistema e ordenamento mundial que ha institucionalizado a inequidade, o roubo, a mentira e a impunidade.
6. Constatamos que os países do Norte xeraron unha DÉBEDA ECOLÓXICA a cal ten importantes impactos sociais e medioambientais, impide a soberanía alimentaría, contamina o aire, o auga e o chan, provoca enfermidades poñendo en perigo de forma grave a saúde pública, e supón unha transferencia de carga para as xeracións futuras, ademais de comprometer seriamente a supervivencia do planeta.
7. Constatamos asimesmo unha DÉBEDA SOCIAL pola violación sistemática dos DEREITOS HUMANOS incluíndo os dereitos á vida, ao traballo e un salario digno, a seguridade social, a educación, a saúde, o acceso aos medios de subsistencia, a alimentación, auga potable, a vivenda, o dereito a non sufrir desterro, dereitos ao desenvolvemento e á paz.
8. Constatamos a existencia dunha DÉBEDA POLÍTICA de vasta dimensión xa que moitos países teñen usurpada os seus dereitos á vida, á soberanía e á autodeterminación.
9. Constatamos unha DÉBEDA CULTURAL polo transvase de valores e perversión do linguaxe que converte aos acredores en supostos debedores; o roubo e o saqueo en interdependencia e globalización; a humillación e a auto-complacencia en axuda e cooperación.
10. Constatamos que o goberno español así como o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial participaron na comisión de actos internacionalmente ilícitos, dando apoio a réximes criminais, dictatoriais e autoritarios cando están obrigados polo dereito internacional a respectar e facer respectar os dereitos humanos.
11. Constatamos que o Goberno español, así como a Unión Europea no seu conxunto, pon serias trabas á libre circulación dos traballadores inmigrantes e viola o Conveño de Xenebra para refuxiados, mentres impoñen ao Sur a libre circulación de capitais e mercancías, a través do FMI, a OMC, o BM e a OECD. A inmigración prodúcese pola causa das desigualdades económicas entre os países empobrecidos que teñen, sen embargo, que destinar gran parte dos seus recursos ao pago da débeda externa. Así, condénase a boa parte da poboación mundial a unha situación sen saída. Nin nos países emisores de inmigrantes nin nos receptores atopan unha posibilidade para saír das condicións de extrema pobreza que afrontan.
12. Constatamos que o goberno español aumentou a partida dos presupostos xerais do Estado destinada aos cretos FAD (Fondos de Axuda ó Desenvolvemento) nun 63,5% respecto ao último ano. Con elo, segue utilizando mecanismos de suposta "axuda" que perpetúan a xeración de Débeda Externa e serven á internacionalización da economía española.
13. Constatamos que o goberno español utiliza o gasto público e mecanismos públicos de apoio á exportación como a CESCE (Compañía Estatal de Seguros de Creto á Exportación) para impulsar actividades de empresas transnacionais españolas que comportan impactos ambientais, económicos e sociais moi negativos nos países destinatarios da Inversión Estranxeira Directa española. Así mesmo constatamos a total pasividade e indiferencia do goberno español ante casos de denuncias pola violación dos dereitos humanos e procesos xudiciais contra empresas transnacionais españolas tales como Repsol-YPF, Endesa, Unión Fenosa, Iberdrola, Gas Natural, BBVA, Grupo Santander, A Caixa, Augas de Barcelona, Abengoa, FCC, ACS-Dragados, etc.
14. Constatamos que de levarse a cabo a cancelación da Débeda Externa do goberno español ao ritmo establecido actualmente, o 4%, precisariamos 25 anos para alcanzar a cancelación total.
Estes feitos expostos no Tribunal Internacional de Opinión para xulgar a Débeda Externa, constitúen unha violación grave do Dereito Internacional e as súas normas e corpos legais, tales como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Conveño 169 da Organización Internacional de Traballo (OIT) sobre os pobos indíxenas e orixinarios, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, o Dereito á Autodeterminación dos Pobos, así como de leis e normas de carácter nacional e internacional, tales como o Conveño sobre Biodiversidade ou o Protocolo de Kioto.
Por elo condénase ao Goberno español, ás institucións financeiras e comerciais internacionais así como ás empresas transnacionais españolas a:
1. Recoñecer política e xuridicamente que as mulleres e homes dos países do Sur son suxeitos de dereito. Débese garantir satisfactoriamente os dereitos de todas as vítimas da globalización capitalista á verdade, a xustiza e a reparación integral.
2. Executar as políticas necesarias para abolir a débeda externa. Prohibir calquera política económica que teña repercusións negativas sobre outros países, e que poña en perigo a vida dos cidadáns ou impida a satisfacción das súas necesidades básicas (soberanía alimentaría, educación, saúde, vivenda digna, auga potable, soberanía cultural, etc.).
3. Instalar unha moratoria, sen acumulación de intereses, no cobro da débeda dos 82 países do estado español co fin de realizar Auditorías Públicas Integrais e participativas para determinar a ilexitimidade da débeda esixida.
4. Abolir de forma inmediata e incondicional todas as débedas impagables e ilegítimas. Establecer un calendario de compromisos para adoptar un proceso que amose a verdade e as responsabilidades políticas e xudiciais daquelas persoas e/ou institucións que permitiron, fomentaron e fixeron uso dos cretos ilexítimos. Restituír os danos causados e indemnizar ás vítimas.
5. Recoñecer a débeda ecolóxica adquirida cos países empobrecidos - o que implica pedir publicamente perdón polos danos causados -, establecer mecanismos para a súa restitución e aplicar políticas que eviten a súa xeración.
A prohibición de inversións públicas e privadas en proxectos que non cumpran os estándares ambientais, laborais e sociais. A derrogación de todas aquelas políticas que fomentan un modelo de produción, transporte e consumo, dependentes da importación de enerxías non renovables ou a utilización de espazos ambientais fóra do noso territorio.
A cancelación de todos os mecanismos de flexibilidade que permitan incumprir os compromisos adquiridos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.
6. Establecer, nos ámbitos que proceda, reparacións e responsabilidades xudiciais, civís ou penais, pola xeración de débedas ecolóxicas, sociais e políticas.
A creación dun fondo de compensación polos danos producidos a causa da débeda ecolóxica adquirida polo goberno español, as súas institucións públicas e as empresas privadas.
7. A eliminación dos cretos FAD (Fondo de Axuda ó Desenvolvemento) como instrumento de Axuda Oficial ó Desenvolvemento (AOD), o peche da CESCE (Compañía Española de Seguros de Creto á Exportación) e o cese inmediato das súas actividades, así como a non contabilización da cancelación da débeda como AOD.
8. A non utilización dos mecanismos públicos para xerar nova Débeda Externa ou de apoio á exportación para impulsar actividades de empresas transnacionais españolas.
9. Executar políticas efectivas para a prohibición do comercio armamentístico, así como a redución radical do gasto público militar. Ademais do non apoio a leis que fomentan a impunidade e as violacións dos dereitos humanos.
10. A incorporación dos puntos expostos anteriormente na Lei reguladora do tratamento da débeda externa, actualmente en tramite no Parlamento español, así como nos Presupostos Xerais do Estado.
11. Promover no ámbito internacional o non recoñecemento tanto da débeda externa multilateral como da privada, e proceder ó desmantelamento das institucións internacionais, tales como o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a Organización Mundial de Comercio.
12. Replantexar completamente o concepto de débeda externa para que os países mal chamados debedores sexan considerados acredores e os países xeradores de Débeda Ecolóxica, Social e Política, como o Estado español, sexan considerados debedores.
13. Garantir o dereito á información e o dereito a informar dos cidadáns mediante lexislacións que poñan fin á concentración de medios e favorezan á prensa sen animo de lucro.
14. Encamiñar todas as políticas públicas e privadas cara unha profunda transformación do sistema económico capitalista.
Ordenamos a todas as autoridades e funcionarios que cumpran e fagan cumprir a presente sentenza contra a que non cabe recurso algún.
E así declarámolo e asinamos en Madrid, a 22 de outubro de 2005.
Asinado, os xuíces:
- Juana Calfunao (Lonko da Comunidade Mapuche Xoán Paillalef, Comisión Ética contra a Impunidad, Rede de Defensores Comunitarios, Chile),
- Itziar Ruiz Jiménez (Profesora de Relacións Internacionais da Universidad Autónoma de Madrid),
- Carlos Berzosa (Reitor da Universidad Complutense de Madrid).
- Félix Pantoja (Vogal do Consello Xeral do Poder Judicial).
O Xurado Popular fallou de forma unánime que os acusados son culpables de todos os delitos imputados e acusacións realizadas pola campaña ¿Quen debe a quen?. Este xurado estiven composto por Rosa Regás (Directora da Biblioteca Nacional), Carlos Taibo (Profesor de Ciencia Política na UAM), Javier Ortiz (Periodista), César Carrillo (Expresidente do sindcato USO de Colombia, exiliado), Eunice Khanyssa Mabyeka (Jurista, Membro da Asociación de Estudios Africanos e Panafricanismo), Chini Roda (Teóloga, Membro de Católicas polo Dereito a Decidir e do colectivo Somos Igrexa), Gemma Tarafa (Activista contra a Débeda Externa, Observatorio de l a Débeda na Globalización), Jorge Fonseca (Profesor de economía da UCM) e Begoña Lalana Alonso (Avogada, membro da xunta da Asociación Libre de Avogados).
Sentencia (castellano)
Quién debe a quién