O Terr@ctiva 2005 convirte Arzúa na capital ecolóxica de Galicia
Archivado en
Novas Quentiñas •
Fecha: 21-10-2005 10:43
Experiencia inolvidable en Arzúa, un festival aberto a tod*s cun ambiente estupendo. *s que non puidestes ir, marcade estas datas para o ano que ven, un fin de semana distinto, con diferentes alternativas de aprendizaxe e ocio (¡ impresionante Kepa Junquera !), intenso.
O Festival das Artes pola Biodiversidade, Terr@ctiva 2005, que se celebrou a pasada fin de semana, 15 e 16 de outubro en Arzúa, convocou a un numeroso público entre productores, colectivos ecoloxistas e visitantes de Arzúa e de toda Galicia, que puido disfrutar de unha ampla e variada programación na que foi a edición máis activa e participativa na vida do festival. A defensa do medio ambiente, as artes e a cultura, convertíronse na excusa perfecta para o encontro e o intercambio no Recinto Feiral de Arzúa.
Proba deste éxito de asistencia e implicación do público está na expectación que causou a parte formativa ou no seguimento das conferencias, con máis de un cento de persoas en cada unha. Nos 3 cursos programados durante a fin de semana, que colgaron o cartel de completos semanas antes de comezar, e nos 12 obradoiros, participaron máis de 1000 alumnos de todas as idades. Polo corazón do festival, a feira ecolóxica, pasaron máis de 10.000 visitantes que coas súas adquisicións nos máis de corenta stans reunidos no Recinto Feiral de Arzúa, puxeron de manifesto a necesidade dun escaparate de bens de consumo alternativos aos que monopolizan o mercado actual.
A noite do pasado sábado, púidose disfrutar dentro do Terr@ctiva dunha nova edición do Festival Musical Galeuzca, no que Grallers del Palomar (Catalunya), Kepa Junquera (Euzcadi) e Matraca Perversa (Galiza), ofreceron un directo impecable e de elevada calidade ao público de Arzúa que sumaba máis de 2000 persoas.
Por segundo ano consecutivo, o festival convocou un encontro de todos os grupos ecoloxistas galegos, unha iniciativa pioneira que se consolida coma un foro de análise e posta en común e das iniciativas medioambientais en Galicia.
O éxito e boa acollida desta terceira edición por parte da poboación de Arzúa e de toda Galicia, consolidan ao festival como o encontro das alternativas, da calidade de vida e da expresión artística e cultural en Galicia.
Cultur@ctiva
Terr@ctiva
Arranca a Terceira Edición do Festival Medioambiental Terractiva en Arzúa 2005
Publicado por
Birnarem
309 lecturas •
0
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
Comentar