Dos permisos de maternidade e paternidade ou os evidentes sesgos de xénero da Seguridade Social: ¿Por que é necesario o permiso de paternidade intransferible?
Archivado en
Información (Kit do cidadán crítico) •
Fecha: 17-10-2005 12:47
Ao igual que a nai ten dereito a 10 semanas para coidar dos seus fillos, esiximos a instauración progresiva dun permiso de paternidade para que o pai teña tamén a súas 10 semanas. O primeiro paso neste proceso é o permiso de paternidade intransferible de 4 semanas.
Acto de debate 23 de novembro. Madrid
Resumo de lexislación:
Caso de nacemento:
Se a nai traballadora ten 180 días cotizados nos últimos 5 anos, ten dereito á prestación por maternidade da Seguridade Social durante as 6 semanas de descanso obrigatorio para a recuperación do parto e durante outras 10 semanas máis para coidado do fillo/filla. Este dereito é independente da situación laboral do pai. Non obstante, se o pai traballa e reúne os mesmos requisitos de cotización, ela poderá pasarlle a el calquera período desas 10 semanas que ela decida (e que el acepte).
Se a nai traballadora non ten 180 días completos de cotización nos últimos 5 anos, está obrigada de todas formas a ausentarse do traballo durante 6 semanas, pero non terá dereito a ningunha prestación económica da Seguridade Social. Si terá dereito, sen embargo, a decidir 'pasarlle' ao pai as 10 semanas de prestación correspondentes ao coidado que a ela non lle corresponden (sempre que el reúna os requisitos).
O pai traballador non ten dereito propio, senón derivado e opcional da nai, a ningunha prestación da Seguridade Social agás no caso de que a nai, reunindo os requisitos para a prestación de maternidade, falecera. Nese suposto, o pai poderá percibir a prestación que lle correspondese á nai (se el tamén cumpre os requisitos). O único dereito propio que ten o pai é o de ausentarse do seu traballo durante 2 días (Estatuto dos Traballadores).
Caso de adopción:
O permiso de maternidade da Seguridade Social é de 16 semanas se cando menos unha das persoas adoptantes cumpre os requisitos de alta e cotizacións (iguais que no caso de nacemento). Se adopta unha parella e os dous cumpren os requisitos, o período de 16 semanas distribuirase a opción dos interesados.
Durante o permiso de maternidade, o empresario continúa ingresando as cotas da Seguridade Social á súa conta. Non obstante, o contrato de interinidade de quen a substitúa goza dunha bonificación do 100% da cota empresarial á Seguridade Social.
¡A Seguridade Social é incoherente!
- ¿Por que, se obriga á nai a ausentarse do traballo durante 6 semanas, non se lle paga a prestación de maternidade durante ese período en todos os casos?
- ¿Por que un home, en caso de nacemento, sómente ten dereito a coidar ao seu fillo se a nai morre? ¿Por que á nai, ó contrario, non se lle pregunta en absoluto cal é a dispoñibilidade do pai?
- Está claro que a Seguridade Social sabe que os homes poden coidar, por iso considéralles suxeitos de dereitos en caso de adopción. ¿Por que se considera que o pai ten dereito a coidar ao fillo en caso de adopción e non en caso de nacemento?
- ¿Que é iso dos dereitos de Seguridade Social cedidos ou compartidos? Cada traballador(a) debe ter o seu dereito propio e independente a coidar dos seus fillos e fillas. Esta particularidade de que unha prestación sexa transferible é exclusiva da prestación por maternidade e é unha trampa para as mulleres. ¿Cando se viu cousa igual? ¿Alguén imaxina que un/ha poida transferir as súas cotizacións, ou a súa prestación por desemprego, etc.? Os dereitos e deberes dos traballadores e traballadoras ante a Seguridade Social son individuais.
- ¿Como é posible que un traballador teña que depender da decisión doutra persoa para disfrutar dunha prestación, incluso cando esa outra persoa non ten o dereito? ¿Non é unha paradoxa que se poida pasar a outro un dereito que non se ten? Pois iso é o que fai a Seguridade Social: Cando a nai traballa e non ten as cotizacións suficientes, pregúntalle a ela se quere que o pai disfrute da prestación.
Todas estas contradiccións non son casuais: A Seguridade Social tivo que ir incorporando modificacións a unha lexislación obsoleta, pero resístese a recoñecer a plena igualdade entre homes e mulleres.
¿Alguén dixo que homes e mulleres somos iguais ante a lei? Pois nada diso: A lexislación de Seguridade Social considera que o coidado dos nenos é cousa de mulleres:
- Actualmente hai un permiso de MATERNIDADE e non de PATERNIDADE
- A Seguridade Social estima que a recuperación do parto dura 6 semanas e que as outras 10 semanas son para que a nai poida coidar ao/á seu fillo/filla. ¿Por que, entón, o pai non ten dereito tamén aos seus 10 semanas para coidar ao/á seu/súa fillo/filla?
- Se o pai traballa e a nai non, a nai encárgase de coidar ao neno ou á nena. Se a nai traballa e o pai non, a nai encárgase de coidar ao neno ou á nena.
- En caso de nacemento, o pai sómente ten dereito a un permiso para coidar ao seu/súa fillo/filla se a nai morre. Mentres a nai viva, a Seguridade Social non cre que o pai teña semellantes obrigas.
¡A Seguridade Social discrimina aos homes! ¡Non lles permite exercer a paternidade responsable!
- Sendo a prestación de maternidade unha prestación contributiva, é sorprendente que un pai que leva cotizando toda a vida non teña dereito propio a ela. Aínda máis sorprendente é que teña que ser a nai a que decida se el pode coidar ao seu fillo por un certo período. Moito máis sorprendente se cabe é que, aínda no caso en que o pai teña as cotizacións suficientes para disfrutar a prestación e a nai non, teña que ser a nai a que decida pasarlle a el un dereito que ela non ten. Ou sexa, a Seguridade Social pregúntalle á nai se debe concederlle unha prestación contributiva ao pai para coidar do seu propio fillo. ¿Ten isto algunha lóxica? ¿Non estamos falando da parentalidade responsable e compartida? ¡Ao pai non lle permiten exercela!
¡Pero a Seguridade Social discrimina aínda máis ás mulleres! As mulleres pagan moi caro o feito de ser elas as únicas que coidan ós fillos/fillas:
- O permiso de maternidade é sómente o comezo. Cada vez hai máis facilidades para estender ese período de coidado mediante excedencias, paso ao traballo a tempo parcial ou retirada total do mercado de traballo durante o período de crianza. Estas medidas son teoricamente para todas as persoas que o desexen independentemente do seu sexo, pero un 95% dos homes españois di non pedilos nin pensar facelo (datos do Eurobarómetro de 2003). Así que son as mulleres as que continúan perdendo comba no mercado de traballo. Se os homes tivesen o seu permiso de paternidade intransferible, acostumbraríanse a pensar dende o principio que o coidado dos seus fillos/fillas é responsabilidade súa e irían cambiando de mentalidade pouco a pouco.
- As empresas expulsan a unha alta porcentaxe de mulleres á volta do permiso de maternidade.
- Unha alta porcentaxe de empresarios declaran que prefiren non contratar mulleres polo risco de que se queden embarazadas.
- As mulleres que dedicaron uns anos ao traballo doméstico teñen moi poucas probabilidades de atopar un emprego de calidade cando se reintegran ao mercado de traballo, sobre todo a partir dunha certa idade. A falta de cotizacións, tampouco teñen dereito á prestación de desemprego nin ás pensións contributivas da Seguridade Social. Vense, pois, condenadas á dependencia económica dos seus maridos, ao traballo precario e/ou sumerxido, ao desemprego e á pobreza.
¿Tomaríanse todos os pais o permiso de paternidade dende o primeiro día ata o último se tivesen dereito? ¿Por qué non?
- Asemella que non: Segundo estimacións da Seguridade Social francesa, en 2002 (primeiro ano no que os pais tiveron dereito a un permiso de paternidade intransferible de 2 semanas), sómente o 43% dos pais tomáronse algunha parte do permiso que lles correspondía.
- Estes datos son un indicador do que penalizan as empresas ás persoas que se toman o permiso de maternidade/paternidade, en España actualmente mulleres nun 97,9% dos casos.
- Está moi ben ir a traballar coa tranquilidade de que os teus fillos están ben coidados. Está moi ben que non te boten do traballo e ter independencia económica para poder decidir sobre a túa vida. ¡As mulleres tamén queren iso!
¿Pode España permitirse 'o luxo' de conceder un permiso de paternidade intransferible, ou sería iso aumentar o gasto social por encima do razoable?
España é o segundo país da Europa dos 15 con menor nivel de gasto social. Ademais, segundo Eurostat, España dedicou, en 2001, sómente un 2,6% do total de gasto en prestacións sociais ao capítulo 'Familia e Nenos', a menor cifra dos países de EU15 (a media foi ese ano dun 8%). Concretamente, o gasto social en licenzas parentais era, sempre segundo Eurostat, un 0,7% do PIB en 2000, moi por baixo do 1,5% da media de EU15. Así pois, hai moita marxe para instaurar un permiso de paternidade intransferible sen que por elo creben a Seguridade Social ou o Estado.
Fagamos ben as contas! O permiso de paternidade non é tan caro a curto prazo e é moi rendible a longo prazo:
- As estimacións do custo do permiso de paternidade como se todos os homes o fosen a tomar enteiro dende o primeiro momento son erróneas, en primeiro lugar porque a experiencia internacional demostra o contrario. En segundo lugar porque, ao ser a taxa de temporalidade e de precariedade maior, en España tomaríano aínda menos proporción de homes, xa que as represalias das empresas serían maiores. Ademais, a menor taxa de emprego feminino en España tamén permite predecir que os homes renunciarían ao permiso máis facilmente.
- Na medida en que os homes vaian asumindo a súa parte no coidado dos fillos e nas tarefas domésticas (coa inestimable axuda do permiso de paternidade intransferible), as mulleres poderán ir integrándose ao emprego de calidade, o que será moi bo para a economía.
- Aproveitarase máis eficientemente o capital humano do país: Actualmente as mulleres teñen maior nivel de formación que os homes, e sen embargo están realizando traballos que, de acceder elas aos postos que lles corresponden pola súa capacidade, poderían liberarse para ser ocupados por traballadores/as menos cualificados/as. Nesta categoría inclúese gran parte do traballo doméstico.
- As mulleres ocuparán postos de traballo remunerados, cotizando á Seguridade Social e pagando impostos (aumentando os ingresos públicos), e crearanse postos de traballo no sector de traballo doméstico (polo que tamén se pagarán impostos e cotizacións).
- Diminuirán as consecuencias negativas da dependencia económica das mulleres (malos tratos, pobreza, enfermidades do ama de casa, etc.) que actualmente esixen partidas importantes de gasto público para palialas.
- Ao ter as mulleres contribucións á Seguridade Social, e por tanto dereitos propios a prestacións de desemprego e pensións, diminuirá a pobreza feminina, diminuíndo así o gasto público en prestacións desemprego asistenciais e en asistencia social.
¿Quen está en desacordo co permiso de paternidade intransferible? ¿Quen o pide? ¿Por qué non se queixan máis os homes? ¿Será que non se decatan?
A sociedade está preparada: No Congreso e Senado, a maioría dos partidos políticos votaron nalgún momento a favor do permiso de paternidade intransferible de catro semanas: CiU, PP, IU, PNV, PSOE. Ningún partido nin sindicato se pronunciou en contra da medida. As asociacións feministas reivindicárono repetidamente, as de pais pola igualdade tamén.... ¿Que máis consenso social se precisa?
A reivindicación do permiso de paternidade intransferible non é asunto de mulleres nin de políticas de igualdade, é un dereito de todos os traballadores. Non se entende coma este asunto non se inclúe nas mesas de concertación social de Seguridade Social senón sómente nas mesas de concertación social de igualdade. Este asunto é un asunto de todos os sindicatos no seu conxunto e non sómente dos departamentos da muller. Todos os traballadores deben denunciar esta discriminación explícita e flagrante da Seguridade Social que nega aos homes o dereito a coidar dos seus fillos. Tampouco se entende coma os partidos o presenta ao congreso cando están na oposición e o rexeitan cando están no poder.
- É certo que ata o de agora non houbo moitos homes que o reivindiquen, e incluso é certo que algúns non asemellan moi interesados. Pero seguramente eles irán comprendendo, coa axuda do permiso de paternidade intransferible, que teñen que ir implicándose no coidado dos fillos dende o principio, porque é o seu dereito e o seu deber de pais. Así as nais poderán ir ocupando o lugar que lles corresponde no mercado de traballo coa tranquilidade de que os seus fillos están ben coidados. Así despois, en caso de divorcio, eles poderán tamén participar na custodia dos fillos ao igual que participaron no seu coidado cotiá, e non terán que pasar pensións de por vida a mulleres que dependen economicamente deles porque estiveron dedicándose en exclusiva ás tarefas do fogar mentres eles avanzaban na súa profesión.
- Algunhas persoas cren que ás mulleres beneficiaríalles máis, en lugar dun permiso de paternidade intransferible, o alongamento do actual permiso de maternidade e o aumento das facilidades, de excedencias e de prestacións para que elas se queden en casa coidando de nenos e dependentes. Pensan así porque cren que estas prestacións son para as mulleres. Sen embargo, iso non é certo. As prestacións que inducen ás mulleres a retirarse do mercado de traballo non son para as mulleres senón para a familia a cambio de que as mulleres sacrifíquense. A Proba é que as nais soas non as teñen, e que ás mulleres casadas estas prestacións tráenlles moi malas consecuencias a medio e longo prazo. ¿Non é mellor que os homes compartan o coidado e que as mulleres poidan traballar e acumular cotizacións para non rematar no paro e/ou na pobreza? ¿Non sería mellor que os empresarios, á hora de contratar a un traballador ou a unha traballadora, soubesen que ambos van ter que ausentarse do traballo cando teñan nenos? É certo que algúns pais tomaranse o permiso e aínda así non coidarán dos seus fillos, pero non serán todos. Ao igual que a lei contra a violencia de xénero non rematou cos maltratos pero tivo un efecto moi positivo no cambio de mentalidades, o permiso de paternidade intransferible sacará á luz a necesidade de rematar coa división do traballo entre homes e mulleres e cos arroles de xénero.
De los permisos de maternidad y paternidad o los evidentes sesgos de género de la Seguridad Social: ¿Por qué es necesario el permiso de paternidad intransferible? (castellano)
Mujeres en la red
Publicado por
Birnarem
290 lecturas •
0
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
Comentar