Donas e cabaleiros da sociedade española, as palabras non saberían transmitir o que sinto neste momento no que me obrigaron ¡á forza a volver dende onde vin! Non tiven tempo a dicirlles o que me empuxou a emprender este longo e penoso viaxe durante o cal morreron moitos dos meus compañeiros de infortunio. Pensaba contarllo en persoa, unha persoa que mostra sobre si os rastros dos malos tratos e dos sufrimentos dun pobo oprimido e explotado. Pero este muro que foi levantado entre vostedes e eu, fai imposible calquera encontro verdadeiramente humano entre nós e obríganos a ollarnos dende lonxe como o can e o gato, aínda que todos somos cidadáns do mesmo mundo.
Dado que non podemos xa falarnos, permítanme ollarlles aos ollos, a través deste muro de separación en forma de aramada, que agora separa África de Europa e simboliza a falsedade da relación que crearon os nosos gobernantes entre o norte e o sur. Este muro de separación, esta aramada, reflexa esta falsa relación na que as materias primas que veñen do sur e os produtos rematados do norte, entre eles as armas, poden circular, pero non os homes. Foi totalmente imposible encontrarnos como verdadeiros irmáns e irmás.
Por esto, lean nos meus ollos, donas e cabaleiros, o sufrimento e o dor que chega das nosas terras nas que as multinacións sementan a morte e o desarraigo e queren crear un campo de ruínas no que só haxa materias primas, bosques e animais salvaxes, para o pracer dos turistas. É o único medio que me queda para que saiban todo o que sufrimos en África e as causas que producen ditos sufrimentos. Xa sei que os medios de comunicación quizais non se farán eco da miña voz, nin os políticos falarán nas súas reunións sobre os dereitos humanos, porque no fondo, a miña vida como a de todos os pobres do mundo, non conta para eles. ¡Sacrifícannos sen escrúpulos nin vergoña!
Efectivamente, donas e cabaleiros da sociedade española, eu son africano. Veño dun país empobrecido, un país que foi saqueado polas multinacionais occidentais dende fai varios séculos e que sufriu guerras atroces, a miúdo presentadas como guerras civís, pero que no fondo son guerras económicas montadas co único obxectivo de saquear os nosos países e enriquecerse ao igual que os dirixentes africanos, desgraciadamente ao prezo da morte de millóns dos meus irmáns e irmás. ¿De verdade non podemos construír outro mundo no que cada persoa poida vivir en paz? Comprenden vostedes, somos vítimas dun empobrecemento continúo, organizado dende occidente, e executado a miúdo por medio dos nosos propios dirixentes ao servizo das multinacionais. Son estas guerras das que eu fuxo e da miseria que han enxendrado no meu país. Quero sobrevivir e axudar a vivir á miña familia que quedou en África. Non quero morrer coma unha rata atrapada nun incendio. Por iso, como supervivente, veño a denunciar ante vostedes esta situación inhumana e a pedirlles que nos axuden a construír un mundo xusto e humano. O que deberiamos comer, o que debería axudarnos a desenrolar os nosos países, vai occidente, ben para pagar as débedas que non contraemos nunca, ben para comprar armas que nos matan e nos amputan os membros, facéndonos así incapaces de contribuír á nosa propia subsistencia.
Por iso, atopámonos nunha situación tal que non podemos nin cultivar os nosos campos, nin durmir tranquilamente, nin pensar no futuro dos nosos fillos e dos nosos irmáns. Todo o que producen os nosos países, serve ós intereses das multinacionais apoiadas polos gobernos europeos e americanos e polos nosos propios gobernos, mentres que nós nos morremos de fame. Nos nosos países, a morte converteuse nun feito banal, vese morrer de fame aos nenos día tras día, pequenas enfermidades que poderían curarse facilmente cun pouco de diñeiro, son causa de numerosas mortes… ¡Ese é o noso día a día! Como poden imaxinarse, é moi doloroso ver morrer de fame a un neno entre os teus brazos, como me acontece a veces, ou ver morrer ao meu pai dunha malaria sen importancia que se curaría con poucos medios en calquera centro de saúde.
Verdadeiramente, vostedes ven feitos semellantes na televisión, nós, por desgracia, codeámonos con estes horrores todos os días, e incluso entre estas vítimas atópanse os nosos propios familiares. ¿Cren que se pode soportar unha vida así?
Pola noite, mentres agardamos o momento oportuno para poder franquear este muro de separación, dixémonos adeus os uns ós outros, por que, no fondo, ningún de nós sabe que tipo de cartucho utilizarán os militares que vixían a aramada ou se un de nós recibirá un tiro ou en que parte do corpo. Tampouco sabemos como caeremos dende o alto dunha aramada de seis metros… E eu pregúntome, ¿será hoxe o meu último día? E durante este tempo, penso nos compañeiros que xa morreron neste tento e ¡sinto desfalecer o meu corazón! Penso na miña familia, nos meus amigos que seguen en África, ¡no meu futuro! ¿Que futuro? Non teño ningún... síntome perdido, síntome inútil, inexistente, coma se non tivésemos ningún valor aos ollos deste mundo, como se non fósemos máis que bestas, só bos para o holocausto e o sacrificio. Pero ¡iso é inxusto! ¡Teño que saltar a aramada! ¡Decátome de que non teño elección! Mentres tanto, penso no meu país, penso en todas as riquezas naturais que temos. ¿Que riquezas, me pregunto? ¡Todo o que hai nos nosos países non nos pertence!
Todos os días asistimos impotentes ao noso espolio, quen ousa abrir a boca recibe un tiro na caluga. Polo contrario, occidente regálanos armas e as matanzas continúan na nosa terra. ¿Por qué en lugar de axudarnos a saír do burato no que nos atopamos, afúndesenos cada vez máis? De feito, a miseria en lugar de diminuír nos nosos países, aumenta día tras día... Os nosos fillos atópanse así condenados a vivir cos traumas da miseria e baixo a ameaza incesante das guerras. Aqueles que conseguen escapar da guerra, ¡morren de fame! ¡Estamos condenados á miseria en países nos que o ouro, os diamantes, o coltán, o cobre e incluso o petróleo flúen a raudales! E ¡sempre para o benestar doutros! O mundo é malvado ¿verdade? Non se sorprendan se choro mentres falo, é horrible o que estamos vivindo. Por iso, con amargura tentarei escalar o muro cando o momento sexa favorable. Vivir ou morrer, xa me dá igual. Ninguén se preocupará da miña sorte... Díganme, donas e cabaleiros da sociedade española, ¿que mal fixemos para merecer esta sorte?
E mentres pasa o tempo, sinto xurdir en min outro sentimento. Non estamos malditos. ¡Este mundo pode cambiar, dígome! Nós tamén somos fillas e fillos de Deus, a pesar da miseria e das guerras. Por iso decidín tentar á sorte e vir aquí ao seu país, para ver se podo encontrar un traballo ¡co fin de sobrevivir e axudar a vivir aos orfos que o meu pai me deixou! Non, non crean que foi fácil deixar ás nosas familias, sen saber a onde imos, se chegaremos ou se poderemos regresar. Non crean que foi fácil para min deixar á miña nai enferma, sen saber se a volverei a ver con vida e sen saber que ocorrerá aos meus irmáns e irmás. Pero, ¿que podo facer? Non teño elección. Necesito imperativamente gañar o necesario para comprar medicinas para a miña nai enferma, por medo a vela morrer coma ao meu pai, necesito gañar diñeiro para poder escolarizar aos meus irmáns pequenos para ver se mañá quizais poden saír do grupo dos sacrificados. Quero traballar para poder comprar medicamentos para o meu irmán que padece o sida. Só pedimos iso. Saben vostedes, ¡é penoso ver morrer á túa familia ante os teus ollos sen poder facer nada! ¿Cren que é fácil vivir coma eu?
É por isto polo que corrín o risco de desafiar todo tipo de dificultade dunha longa e penosa viaxe e que, por sorte, puiden sobrevivir e agora atópome diante deste muro de separación, que me impide dicirlles cara a cara a miña dor. Pero quédame a posibilidade de que ao ollarme lean vostedes a través dos meus ollos todo o que sufro. Rógolles non pensen que é normal que vivamos así. Porque é sinxelamente o resultado dunha inxustiza establecida e sostida por sistemas inhumanos que matan e empobrecen. Por iso, veño a pedirlles que non apoien este sistema co seu silencio, ao contrario, que o sufrimento que transpira o meu pel fágalles comprender que é imposible ser un ser humano e calar fronte a estas atrocidades inhumanas.
Deus sabe que non son nin un ladrón nin un bandido, son simplemente o berro dunha vítima, que como todo o mundo, quere vivir co sudor da súa fronte. Estou seguro de que se coñecesen a miña historia e a dos meus compañeiros, non me obrigarían a volver de onde veño nin me abandonarían nun deserto sen ningunha posibilidade de supervivencia. Repito, quero vivir e axudar a vivir ós meus irmáns, ¡só pido iso!
¡Tras os muros de separación de Melilla, Bashige Michel, inmigrante!
Carta de un inmigrante africano a la sociedad española (castellano)
Sandra — 06-01-2006 19:43:15