Dende logo o que esta a pasar estes últimos días con motivo da decisión do parlamento catalán, cunha aplastante maioría, do seu propio estatuto de autonomía, é completamente abraiante (ainda que non inesperado).
Os cataláns deciden autodenominarse nazón que se constitúe libremente coma autonomía dentro do estado español, frase que non ten nada de intolerante nin de intransixente, semella ata razoable. Pero isto non é así para aqueles que fan da imposición a súa razón de ser, queren impor aos catalanes como se denomina o seu pobo, din que non pode denominarse nazón, que a única nazón é España, isto xa soa máis a imposición, a intolerancia, a rencor, a dominio.
Os motivos económicos non son máis que unha excusa dos que queren impor a súa idea de España, pero é algo que só existe nas súas mentes. Esa españa eterna e indivisible tan só será así co paso dos anos coa imposición pola forza, coma pola forza e con absoluta intransixencia impuso Paco Vazquez aos coruñeses a xigantesca bandeira española, coma forma de darnos nos fuciños á maioría da xente que non entendemos de bandeiras, senón de cultura, de xente, de tradición. Para que recordemos quen manda, quen ten detrás aos antidisturbios (amenazando e golpeando inxustificadamente a toda persoa que se atreva a disentir das ideas dos máis poderosos), quen autodenomínase coma democracia, a democracia é él.
Os medios de comunicación fan de escaparate para toda esta xente que só ten veleno nas súas bocas, e ese veleno pasa de persoa en persoa, é un veleno contaxioso. Falemos do estatuto cunha persoa calqueira, e en calqueira argumento vemos ise veleno que ten na mente, só falar de cataluña e catalanes a reacción é de nerviosismo, cabreo, ... non se necesitan argumentos, tan só se necesita dicir: "e que os catalanes... son uns egoístas, caenme fatal, non queren ser españois, ...". ¿E así como construimos a convivencia entre pobos? ¿É un país imposto e cheo de odio no que queremos vivir?
Preocúpanse moitísimo do que se deu aos catalanes ao longo dos anos dende que pertencen ao estado español, pero ¿preocúpanse igualmente do que se quitou aos galegos durante todo ese tempo?, seguramente non. Tamén din que se invertiron moitos cartos en Euskadi pero, ¿Alguén falou de devolverlles os seus ríos e a contaminación que se produciu por acumular en Euskadi o que se producía para gran parte de España?, tampouco. En calqueira caso en algún momento temos que empezar de novo de cero, non podemos arrastrar unha situación de difícil cuantificación eternamente.
E logo todo o rollo da constitución, os libros sagrados do estado español, parece que son os mandamentos que de incumplilos se incurriría en "pecado". A democracia é algo vivo, e a base da democracia tamén debería selo, debe cambiar segundo cambia a sociedade, ademáis todo o mundo debería saber que a constitución aprobouse nunhas condicións de inestabilidade que limitaba moito a liberdade, e que ademáis era iso ou nada, e despois da terrible dictadura vivida a xente quería agarrarse a calqueira cousa que os librase dese pesadelo. Por outro lado na constitución tamén dí que todos temos dereito a un traballo, ou a unha vivienda digna, pero iso debe ser pouco importante, porque a ninguén lle importa que se incumpra, só importa se se incumpre o dichoso artículo dous.
Respecto a sir paco, millor sería que se fose dunha vez do país que non quere e colla unha residencia no país das maravillas onde sí exista esa España Eterna e a historia é coma él a queira inventar. Está destrozando a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa idiosincrasia, a ademáis non contento con iso está dando unha imaxe da cidade da que temos vergoña a maioría de nós.
Serenidade, tolerancia, respeto, convivencia e democracia (non partidocracia).
dscouso — 14-10-2005 10:10:49
Pinfloiz — 14-10-2005 11:05:28