Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Talleres de Teatro na Coruña da Compañía San y San 2006

Archivado en Participa na Coruña • Fecha: 12-10-2005 20:22

O 17 de outubro comezan os cursos da compañía de teatro máis dinámica da galaxia. A escola de teatro San & San (Carlos Sante e Pablo Sanchez) divide os cursos en tres módulos diferenciados (Luns - Clown, Mércores - Teatro Físico e Comedia do Arte e Venres - Acrobacia e preparación física), con actividades e cursos complementarios ao longo do ano. Bo ambiente, formación de calidade e aumento das propias capacidades persoais é algo do moito que vos atoparedes nestos cursos.

Xa estades correndo todos a apuntaros. A "Sala do Trinke" atópase na Rúa San Rosendo 10 baixo (zona estación RENFE).

Aquí tedes máis detallado os datos dos cursos:

  • Módulo 1. Luns 20:30-22:30. Xogo Físico Dramático - Presencia Escénica - Improvisación - Clown - Creación de Personaxes
  • Módulo 2. Mércores 20:30-22:30. Principios Fundamentais do Teatro Físico - Actuación Física e Movemento - Máscara Neutra - Loita Escénica - Commedia dell'Arte
  • Módulo 3. Venres 20:30-22:30. Preparación Física do Actor - Movemento Acrobático - Improvisación de Contacto - Stretching

Durante o curso se impartirán clases especiais de: Interpretación ante a Cámara (xaneiro) - Canto para Actores - Tai-Chi - Claqué - Voz

Tardes abertas: presentacións públicas de traballos

Clube de Vídeo: proxección periódica de videos temáticos

P.I.T. : punto de información teatral

Mostra de Fin de Curso: a principios de xuño

SALA DO TRINKE: Rúa San Rosendo, 10 - baixo (zona RENFE), A Coruña

Inscripcións e contacto: 657 010 674 - 630 693 148

Publicado por Birnarem
374 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos