Esta Acción Directa Nonviolenta realízase en solidariedade coas persoas emigrantes reprimidas en Marrocos e na vala de Ceuta e Melilla.
Ás 20'30 horas do luns 10 de outubro un grupo de antimilitaristas madrileños/as realizou unha Acción Directa Nonviolenta en apoio e solidariedade ás persoas cuios dereitos e cuias mesmas vidas están sendo pisoteadas e aniquiladas polas policías e exércitos do Estado Español e de Marrocos.
Nesta acción, organizada polo Espazo Horizontal contra as Guerras, catro antimilitaristas saltaron o valado do monumento ao soldado descoñecido de Madrid, nun claro xesto de dar lexitimidade ao salto que as persoas emigrantes tentan dar o valado na fronteira coa esperanza de fuxir da miseria e a guerra.
Unha vez dentro do recinto do monumento mentres dúas persoas despregaban unha pancarta co lema da acción "Saltamos o Valado", as outras dous, provistas de extintores procederon a apagar a chama que homenaxea ao soldado descoñecido. Con este xesto preténdese apagar a chama dos exércitos e as guerras que tan terribles consecuencias provocan na vida das persoas dos países pobres.
O soldado descoñecido simboliza o militarismo, o poder da forza, de quen teñen o diñeiro e as armas máis poderosas. O soldado descoñecido é o guerreiro sen rostro, é a inxustiza e a opresión para os/as febles. Apagar a súa chama é apostar por outra sociedade.
A continuación reproducimos o Manifesto da Acción:
Saltamos o Valado
O fenómeno migratorio é unha cuestión social e política e como tal debe ser tratado. Non hai valados nin exércitos que poidan parar a quen foxen de guerras, hambrunas constantes, gobernos corruptos e SIDA pandémico. En nome da globalización, Occidente plantexou a África que as fronteiras non debían constituír un obstáculo para a libre circulación de mercancías e capitais, clave dun hipotético progreso que xamais asomou polo continente negro.
Agora sabemos que todo era un conto e aparece ante os nosos ollos un terrible pesadelo: expolio dos seus recursos, enfermidades e miserias para a maioría dos seus habitantes. Europa rouba a comida que podería paliar as hambrunas que padecen 2 millóns de persoas, mentres en África cocíñanse as sobras, aquilo que os europeos tiramos ao cubo do lixo, como reflexa o documental "O Pesadelo de Darwin". Os xigantescos avións de carga con destino África recollen o pescado do lago Vitoria ou os diamantes de Debswana, pero a viaxe de ida non o fan de baleiro. Levan armas. Armas que axudan a perpetuar todo tipo de guerras, tan lucrativas para a industria armamentística.
Unha mínima parte da poboación africana é a que toca ás nosas portas, detrás das cales existe un relativo benestar construído a costa súa. Se hai libre circulación para as mercancías e os capitais, ¿como é posible que os seres humanos non dispoñan desa mesma posibilidade, a de desprazarse cara alí onde poidan encontrar traballo? ¿Por que non se permite a libre circulación das persoas? Na fronteira os inmigrantes son acosados por cans amaestrados, golpeados e tiroteados, sen que a ninguén asemelle importarlle demasiado. Non son mortes, son asasinatos. Marrocos ademais condena aos inmigrantes a unha morte anunciada ao colocalos no deserto arxelino sen ningún ollamento, independentemente da súa procedencia. Ninguén debe estrañarse porque un inmigrante declare que prefire arriscarse a morrer en augas do Estreito a caer en mans da policía marroquí.
Continúa a desobediencia en Ceuta e Melilla, ás portas da Europa fortaleza. Nós, antimilitaristas e desobedientes, tamén saltamos a vala, para berrar unha vez máis que ningún ser humano é ilegal. Non hai monumentos ao inmigrante descoñecido, pero si aos soldados que din protexer a Europa fortaleza e a "unidade de España". Esta acción é un paso máis no noso traballo de denuncia sobre as consecuencias do militarismo e as guerras.
Non ao expolio de África. Non ao comercio de armas. Non ás guerras.
Desobedece as guerras, apaga o militarismo.
ESPAZO HORIZONTAL CONTRA A GUERRA
Cuatro antimilitaristas madrileños saltan la valla del monumento al soldado desconocido y apagan la llama (castellano)
Grupo Antimilitarista Tortuga
Pifloiz — 11-10-2005 13:58:15
Birnarem — 11-10-2005 19:30:52
Pinfloiz — 14-10-2005 11:27:00
Birnarem — 17-10-2005 10:53:39