O Defensor do Pobo entende que se lesionan os dereitos dos castelanfalantes en Galiza
Archivado en
Novas Quentiñas •
Fecha: 06-10-2005 13:00
O Defensor do Pobo español, Enrique Múgica, envioulle unha carta á ministra de Educación, María Jesús San Segundo, para amosarlle o seu malestar e "crecente preocupación" ante a "lesión de dereitos" que sofren os que queren usar o castelán "como lingua vehicular" e residen en comunidades autónomas con lingua cooficial, "especialmente en Cataluña, Baleares ou Galiza". Segundo o Defensor, son cada vez máis frecuentes as queixas en que "se pon de manifesto a nula efectividade da opción lingüística dos que desexan recibir ensinanzas oficiais" en castelán. Múgica, na súa documentada carta, sinala que en Galiza está implantado no ensino un "modelo de inmersión lingüística".
Absolutamente alucinante a carta do incalificable Enrique Múgica dentro das súas funcións coma "Defensor del Pueblo" do estado español. É incrible coma persoas coma esta aproveitan o seu cargo para publicitar ou impor as ideas das súas retrógadas e intolerantes mentes.
Sobra dicir que a esta personaxe os dereitos dos que queren usar o galego coma lingua vehicular impórtanlle catro pepinos, e calqueira persoa sabe que a evidencia é que dende máis de douscentos anos os que queremos usar o galego coma lingua vehicular (coma el dí) temos lesionados os nosos dereitos, a todavía hoxe día a situación é moi favorable cara o castelán.
Xa van moitos anos de aturar a Múgica nun cargo que precisa unha persoa de mentalidade máis aberta e tolerante. Podería escribir moito e nada bó desta persoa, pero o resumiría nunha frase: Non queremos a Enrique Múgica en ningún cargo público.
Enrique Múgica sostén que na práctica os alumnos con lingua familiar castelán ou os que chegan ás comunidades procedentes doutras se ven na obriga a estudar noutro idioma, "polo que queda sen efectividade ningunha no ámbito do ensino a súa liberdade de opción lingüística".
A carta céntrase no caso de dous rapaces xordomudos de familia castelanfalante en Cataluña, que deben aprender en catalán, se ben non se precisa cal é o tempo que levan en Cataluña. Lembremos que hai uns días o goberno de Zapatero recoñeceu a existencia oficial da lingua castelá de signos e da lingua catalá de signos, que é o vehículo habitual da comunidade de xordos de Cataluña.
Múgica, que sinala que este é un problema especialmente grave nas autonomías que "como Catauña, Baleares ou Galiza optaron polo modelo denominado de inmersión lingüística". O Defensor tamén sinala que en Cataluña os impresos oficiais non informan os pais e alumnos dos "limitados dereitos lingüísticos" que lles corresponden. Múgica envía esa carta na "oportunidade" de que se vai reformar parlamentariamente o sistema educativo, e pídelle que se incorporen á nova Lei elementos "que garantan, dende a óptica e competencia do lexislador estatal, a plena efectividade dos dereitos lingüísticos que lles corresponden aos destinatarios do dereito á educación".
Por último, o Defensor recomenda que se "contemple o dereito dos alumnos a que, en determinadas circunstancias persoais ou sociais, se dispense a aprendizaxe da lingua cooficial e a que, en todo caso, se apoie os nenos na súa aprendizaxe cando alumnos se incorporen serodiamente ao sistema educativo dunha Comunidade Autónoma con lingua cooficial de seu".
Críticas da Mesa
En resposta a estas declaracións de Enrique Múgica,
A Mesa envioulle unha copia do informe do Consello de Europa sobre a situación lingüística e convidouno a coñecer o noso país e a visitar colexios, institutos e universidades. Carlos Callón, o seu presidente, acusouno de "camuflarse en queixas cidadás illadas para actuar politicamente ao seu antollo" e de silenciar as queixas enviadas ao longo do ano pasado. Así Callón sinala que no
informe do Defensor correspondente a 2004 non aparecen ningún dos escritos da Mesa e si a queixa dunha empresa que lle esixía ao Concello de Vigo que se comunicase con ela en español e a dun cidadán que lle pedía o mesmo ao concello de Cervo.
Vieiros
A Mesa convida o Defensor do Pobo a visitar Galiza e denuncia a súa 'ignorancia supina' sobre a situación do galego no ensino
A Institución do Valedor do Pobo necesita un novo impulso
Múgica protexe o castelán noas escolas galegas
El Defensor pide que se proteja el derecho a estudiar en castellano (El País)
El Defensor pide que se proteja el derecho a estudiar en castellano (Periodista Digital)
Enlaces de interese relacionados:
A mesa pola normalización lingüística
Federacìón de Asociación de Persoas Xordas de Galicia
Federació de persones sordes de Catalunya
Confederación Estatal de Personas Sordas
Publicado por
Birnarem
327 lecturas •
2
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
-
A min nunca me dixeron nada falando espanhol en Galicia.
Falando galego dixeronme algunhas pero nada grave.
Unha vez dixome un: A ti te gusta el gallego. Eu resposteille: Prefiro a galega. Rimos e acabou o conto. acedre — 07-10-2005 04:26:37
-
Sí, está claro que tan só poden falar de discriminación a favor do galego quen non estivo nunca en Galiza. Tamén creo que a millor forma de solucionar as cousas non son o enfrontamento, por iso gustoume a solución de Acedre ao extraño comentario desa persoa. En calqueira caso sí que é necesario esixir os nosos dereitos, e non sempre se pode facer de forma amistosa, as veces é necesaria a denuncia.
Birnarem — 10-10-2005 13:31:36
Comentar