Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Unha web para os Centros Socioculturais de Santiago

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 05-10-2005 09:51

Os Centros Socioculturais de Vite, A Trisca, Conxo, Fontiñas ou o Castiñeiriño xa teñen o seu espazo na rede a través da web Santiago Sociocultural. A través desta páxina os cidadáns de Compostela poden informarse sobre as distintas actividades que se desenvolven nos centros do concello, o número de prazas, horario e prezo das mesmas e tamén acceder a información sobre as instalacións e os servizos de cada un dos centros. Ademais neste espazo da rede teñen cabida as diversas asociacións e clubes situados no territorio compostelán. A páxina presentouna esta mañá no pazo de Raxoi a concelleira delegada de Rehabilitación do Casco Histórico e Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, que aproveitou tamén para darlle a coñecer aos medios o programa trimestral dos centros.

Vieiros

Publicado por Birnarem
246 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos