Neste artigo Pascual Serrano compara o sistema de censura establecido nos países do leste durante a época da guerra fría e o sistema de medios de comunicación actuais. No primeiro caso todo o mundo fala claramente de censura á liberdade de expresión, pero a forma de levala a cabo parécese demasiado ao funcionamiento do sistema de información dos nosos modernos países "democráticos".
O veterano e brillante periodista Ryszard Kapuscinski explica nun manual de periodismo editado en México, como se convivía coa censura nos países do leste durante a época do socialismo real, no seu caso en Polonia. Di que o dilema que tiñan entón os periodistas era entre "permitir que corten a nosa historia e que así, censurada, apareza nun periódico de gran tirada ou publicar a historia completa nunha revista para cincocentos lectores". Afirma que o sistema da censura permitía publicar todo, coa única condición de que se fixese nunha revista de escasa tirada. Deste modo, o sistema pretendía dicirlle ao mundo occidental que existía liberdade de expresión porque se podían publicar traballos críticos. Pero mentres máis grande era o periódico, o canal de televisión e a estación de radio, maior era a censura, afirma. Léndoo, chego á conclusión de que non hai tanta diferenza coa situación actual nos nosos países. Todo se pode escribir ou emitir, pero outra cousa é acceder a un gran medio de difusión.
Estes días fíxose público, por suposto pouco ou nada difundido, un exhaustivo estudo do colectivo de comunicación Aideka, no que analizan os informativos de TVE, Tele 5 e Antena 3 no período comprendido entre o 25 novembro e o 15 de decembro pasados. Unha das conclusións é que os temas sociais que máis afectan ós cidadáns segundo as sondaxes do CIS son practicamente ignorados polas televisións españolas. Trátase de temas tan importantes como o Paro, a Vivenda ou a Inmigración.
Sen embargo, as televisións si dedicaron un porcentaxe moi significativo do seu tempo a noticias relacionadas co 11-M, Terrorismo/Seguridade e Delictos comúns. O que o informe considera "noticias que teñen connotacións violentas e que tenden a ser xeradoras dun certo grao de alarma social". Tamén, afirman, ocupan unha gran cantidade de espazo os temas de lecer e entretemento, especialmente os deportes.
O documento, de 55 páxinas, destaca que "as declaracións dos cidadáns sobre estes temas son practicamente inexistentes nos tres informativos analizados. Disto dedúcese que non só os informativos ofrecen escasa información achega dos temas que máis preocupan aos cidadáns, senón que os seus testemuños non se utilizan nas noticias coma unha forma de participación social, senón coma un medio para ilustrar cuestións diversas".
Aideka, integrada por profesionais da información, investigadores universitarios e expertos en educación audiovisual e novas tecnoloxías, xa elaborou anteriormente importantes informes de comunicación sobre a folga do 20 de xuño de 2002, a guerra de Iraq en 2003 e as eleccións europeas de 2004. O primeiro deles serviu de base para que o sindicato Comisións Obreiras gañase un preito a Televisión Española que obrigoulle a difundir nos seus informativos a sentenza xudicial que establecía que os seus informativos non cumprira coa pluralidade esixida pola lei ao silenciar as posicións sindicais durante a folga xeral do 20-X.
O máis grave de todo isto é que o noso sistema non dispón de mecanismos que permiten afrontar o problema de que uns medios, públicos e privados, néganse a informar dos temas que conlevan conflito social para orientar os seus contidos a asuntos que interesan ao poder ou que tentan desviar a atención dos cidadáns dos seus problemas diarios. Ou dito doutra maneira, o que lle acontecía a Kapuscinski baixo a censura.
Pascual Serrano
Censura (Castellano)